TOCANDO E CANTANDO EN 3º
Por: Música Vitamínica o 23.1.24 / comentarios: 3 3º, canción, cerebro musical, instrumentos de láminas, interpretación
Aquí temos as rapazas e os rapaces de terceiro interpretando esta canción popular francesa. Dáselles moi ben tocar instrumentos de láminas e poñen moito interese na aprendizaxe do canto.
Escóitaos!.
TOCANDO LÁMINAS EN 4º
Por: Música Vitamínica o 22.1.24 / comentarios: 2 4º, cerebro musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, interpretación, tocar
Con melodía e acompañamento tocaron as rapazas e os rapaces de cuarto Un mercado persa de Albert William Ketèlbey.
Cunha práctica eficaz conseguen coordinarse e ser quen de tocar en conxunto ao tempo de non perderse coa parte do grupo compañeiro.
Tamén traballan a execución a partires da lectura e a memoria de pequenos fragmentos desenvolvendo a conciencia musical.
Hoxe xa houbo máis voluntarias e voluntarios. Notouse o repaso semanal. Xenial!.