Curso 2025-2026

TALENTO MUSICAL


Cada vez máis alumnado desfruta coa aprendizaxe desta disciplina tan importante para o cerebro humano e decide tomar clases a maiores das ordinarias para potenciar e desenvolver as súas habilidades musicais.

Encántanos ir comprobando a súa evolución e ver o entusiasmo que poñen con cada avance. 

Os demais compañeiros e compañeiras desfrutan moito con estes momentos tan especiais que, ademais, producen un efecto moi positivo nos pequenos intérpretes.

Un aplauso para todos eles!.















TOCANDO A BATERÍA EN 6º

Iniciando na práctica da batería grupal e individualmente. Hoxe algúns fixestes de guía e para o vindeiro día farédelo os que quedades.

Lembrade que os exercicios básicos de iniciación atópanse para poder practicar na pestana SEXTO, no SEGUNDO TRIMESTRE, no apartado PRÁCTICA DA BATERÍA.

Ánimo co estudo!. 

Comentade que tal vos vai.