CONSELLOS PARA MELLORAR BAILANDO
1. Ter paciencia.
Para acadar os resultados que desexamos debemos comezar pouco a pouco sen pretender apurar os primeiros días.
2. Bailar diferentes estilos.
É un erro querer bailar só un estilo por moito que nos guste. Cada estilo musical aporta diferentes aprendizaxes e podemos atopar intereses sobre algo que descoñecíamos.
3. Improvisar.
Dediquemos unha parte do tempo de baile a bailar libremente dentro do estilo seleccionado para ir pouco a pouco atopando o noso propio estilo ao bailar.
4. Traballar desde a técnica.
Executar cada movemento con conciencia do movemento ben feito e con sentido dentro do estilo que se baila.
5. Estirar.
Realizar estiramentos coas partes implicadas no baile.
COMO QUENTAR ANTES DE BAILAR
1. Vive o quentamento como se fose unha coreografía.
2. Segue o tempo da música.
3. Fai os movementos abarcando moito espazo.
4. Fai os movementos con técnica.
5. Fai os movementos relaxados, sen tensión.
PASOS HIP-HOP
1. TWO STEP

Cando che saia, mételle BOUNCE.
Cando che saia con BOUNCE, engádelle FLOW.
2. IN OUT
Cando che saia, mételle BOUNCE.
Cando che saia con BOUNCE, engádelle FLOW.
3. UVE
Cando che saia, mételle BOUNCE.
Cando che saia con BOUNCE, engádelle FLOW.
4. CAJA
Cando che saia, mételle BOUNCE
Cando che saia con BOUNCE, engádelle FLOW.
5. CROSS STEP
Cando che saia, mételle BOUNCE.
Cando che saia con BOUNCE, engádelle FLOW.