Curso 2025-2026

MÁIS IOGA EN 2º


Rematamos as clases de ioga con seis posturas máis practicadas, e xa van dezaoito en total.

Xa sabedes que podedes seguir practicándoas, xunto coa técnica de respiración traballada na aula, na pestana Segundo dentro do terceiro trimestre.

Agora, as fotografías de hoxe.

Ben feito!.




























 

MÚSICA GALEGA EN 4º


Continuamos traballando cancións populares galegas ás que engadimos o acompañamento con instrumentos de aula.

Hoxe tocou desenvolver habilidade co pandeiro, tanto redondo como cadrado.

Facilitamos o ritmo, interiorízano e aplícano. 

Sinten e desenvolven ese espírito galego de festa que tanto caracteriza a moitos destes temas populares.






GRADUACIÓN EN 6º


Os grupos de sexto están a traballar un dos temas máis exitosos do alcumado "rei do pop".

Tras a aprendizaxe da técnica de cada un dos pasos e das diferentes secuencias destes, agrúpanse segundo a súa función no baile para executalo o máis correcta e coordinadamente posible.

A coreografía será o resultado deste traballo de unión colectiva, sentimento de pertenza a un grupo e desfrute e logro da consecución dun obxectivo común. Ademais, son conscientes do significado e motivo deste tema, poñendo de relevancia a formación en valores que continuamente tratamos nesta área.

Ademais da actuación de baile en gran grupo, haberá unha actuación dunha pequena agrupación.

Velaquí un dos ensaios do dúo de piano e violín cuxas intérpretes son dúas alumnas ao piano e un alumno ao violín dos grupos A e B respectivamente, que nos deleitarán cun dos célebres temas de Ludwig van Beethoven.

Seguimos, que case o temos!.





CANCIÓNS GALEGAS I EN 5º


Continuamos co acompañamento instrumental de cancións galegas, que tanto gustan ao alumnado pola sinxeleza nas melodías e o ritmo apegadizo que as caracteriza.

Hoxe, tras a practica en sesións anteriores da técnica das cunchas e da pandeireta, dividíronse por grupos de instrumentos para tocar cadansúa parte e remataron tocando todos xuntos.

Aínda que a peza ten carácter lixeiro, saíu bastante ben.

Seguimos!.



 

 

 

 


 

 



PRAZO DE PREINSCRICIÓNS NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Para aprender máis sobre Música       Para aprender a tocar instrumentos

                                         A partir de 4 anos        A partir de 8 anos


Música clásica                    Música moderna


                                                   Música jazz                      Música tradicional



Preme na imaxe para informarte: