GRADUACIÓN EN 6º


Os grupos de sexto están a traballar un dos temas máis exitosos do alcumado "rei do pop".

Tras a aprendizaxe da técnica de cada un dos pasos e das diferentes secuencias destes, agrúpanse segundo a súa función no baile para executalo o máis correcta e coordinadamente posible.

A coreografía será o resultado deste traballo de unión colectiva, sentimento de pertenza a un grupo e desfrute e logro da consecución dun obxectivo común. Ademais, son conscientes do significado e motivo deste tema, poñendo de relevancia a formación en valores que continuamente tratamos nesta área.

Ademais da actuación de baile en gran grupo, haberá unha actuación dunha pequena agrupación.

Velaquí un dos ensaios do dúo de piano e violín cuxas intérpretes son dúas alumnas ao piano e un alumno ao violín dos grupos A e B respectivamente, que nos deleitarán cun dos célebres temas de Ludwig van Beethoven.

Seguimos, que case o temos!.





Comentarios

  1. Está siendo unha experiencia espectacular preparar esta graduación, estamos a empregar todo o q aprendemos este año de música e iso esta moi ben.💗🎼👩🏼‍🎓

    ResponderEliminar
  2. Me está encantando todo o que estamos facendo para a graduación este curso.E súper divertido!❤️

    ResponderEliminar
  3. A verdade e que tengo ganas de aprender mais e este baile para a graduación paréceme increíble 🤩

    ResponderEliminar
  4. Teño ganas de saber cal e a canción e bailar xa👍😎

    ResponderEliminar
  5. Encántame o baile, pena que agora que teño o esguince non podo practicalo.

    ResponderEliminar
  6. Eu na graduación vou levar a camiseta do depor se queredes levala moito mellor para min porque quero que a leve moita xente.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola querido Pablo, so queria decirte que ese comentario non aporta nada. ( EU VOU IR ELEGANTIN) 👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓👨🏻‍🎓

      Eliminar
    2. Estaria ben poder escoitar a cancion REI DO POP.
      Pero unha dubida, se os que tocaan instrumentos non van bailar??

      Eliminar
  7. que canción van tocar ? estou desexando sabelo

    ResponderEliminar
  8. Espero que o pasemos ben na graduación e que o baile sexa un exito.

    ResponderEliminar
  9. Estou súper emocionada pola graduación! Tamén teño moita curiosidade sobre a canción que van tocar nese día!🫶🏽👩🏽‍🎓

    ResponderEliminar
  10. Xa queda menos para a graduación!Estou nerviosa e moi emocionada

    ResponderEliminar
  11. Eu non son de sexto, son de quinto ,pero Loly xa ensinounos a canción que van bailar os de 6to e un día os vin ensaiar, e a verdade é que o fan xenial. Estou desexando ver a graduación xa!!!!
    MOITA SORTE PARA OS DE 6TO E QUE SAIVADES QUE OS DEMÁIS OS VAMOS BOTAR MOITO DE MENOS O CURSO QUE VÉN!!!🎓🧑‍🎓👩‍🎓🩷🩷🩷🩷

    ResponderEliminar

Publicar un comentario