UNIDADE 4 6º
Por: Música Vitamínica o 3.11.24 / comentarios: 25 A textura, Avaliación, interese e valoración en producións musicais. Normas de comportamento. O silencio, Práctica instrumental vocal e corporal, Respiración consciente
O SANCRISTÁN DE COÍMBRA-canción popular galega
O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras (bis)
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras (bis)
E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis)
O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten mulleres (bis)
Está casado coa area,
dálle bicos cantos quere (bis)
-Retrouso-
Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado (bis)
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado (bis)
-Retrouso-
A miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coímbra (bis)
porque dicen os rapaces:
que leiteiriña máis linda! (bis)
-Retrouso-
UNIDADE 4 5º
Por: Música Vitamínica o 2.11.24 / comentarios: 23 Avaliación, interese e valoración en producións musicais, Normas de comportamento, O silencio durante a creación e a práctica musical, Práctica instrumental, Respiración consciente, vocal e corporal
UNIDADE 4 4º
Por: Música Vitamínica o 1.11.24 / comentarios: 81 Normas de comportamento, O silencio durante a creación e a práctica musical, Práctica instrumental, Respiración consciente, vocal e corporal
UNIDADE 4 3º
Por: Música Vitamínica o 1.11.24 / comentarios: 0 O silencio durante a creación e a práctica musical, Práctica instrumental, Respiración consciente e hixiene e corrección postural. Normas de comportamento, vocal e corporal
UNIDADE 4 2º
Por: Música Vitamínica o 1.11.24 / comentarios: 0 Normas elementais de comportamento e actitude positiva. O silencio durante a creación e a práctica musical, Práctica instrumental, vocal e corporal
UNIDADE 4 1º
Por: Música Vitamínica o 1.11.24 / comentarios: 0 Normas elementais de comportamento. O silencio durante a creación e a práctica musical, Práctica instrumental vocal e corporal
A CLAVE DE SOL
UNIDADE 3 6º
Por: Música Vitamínica o 31.10.24 / comentarios: 26 A harmonía, Estratexias de análise, o carácter e a dinámica, O pulso o acento e o compás, O tempo, Principais xéneros musicais, Profesións da creación e interpretación musical, propostas musicais
Un acorde, na súa forma máis básica, é un conxunto de notas ordenadas por terceiras que sonan ao memo tempo.
Se o acorde está formado por tres notas chámase tríada.
A nota máis importante do acorde é a primeira e chámase nota fundamental. Esta fundamental dá o nome ao acorde: un acorde de Re maior constrúese a partir da nota Re como fundamental.
Logo, ao superpoñer unha terceira sobre esta fundamental, obtemos a terceira do acorde. E ao superpoñer unha terceira sobre a terceira, obtemos a quinta. Así, un acorde básico ten fundamental, terceira e quinta.
No caso do acorde de Do temos: Do como fundamental, Mi como terceira (conto do – re – mi) e Sol como quinta (conto do – re – mi – fa – sol).
Acordes maiores e acordes menores
Ambos teñen unha quinta xusta. A diferencia é que o acorde maior contén unha terceira maior, mentres que o acorde menor contén unha terceira menor a partir da fundamental.
Acorde maior: fundamental+terceira maior+ quinta xusta (1 – 3 – 5).
Acorde menor: fundamental, terceira menor e quinta xusta (1 – ♭3 – 5).
O nome que recibe cada nota do acorde e as súas funcións son:
LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS
Compás binario, ternario e cuaternario
UNIDADE 3 5º
Por: Música Vitamínica o 30.10.24 / comentarios: 60 Aproximación aos principais xéneros musicais, Estratexias de análise, o carácter e a dinámica, O tempo, Profesións vinculadas á creación e interpretación musical, propostas musicais
PROFESIÓNS RELACIONADAS COA MÚSICA
É esencial ter habilidades musicais para traballar como profesional da música.
Algunhas das profesións relacionadas co mundo da música son:
Compositor ou compositora
O compositor ou compositora crea música orixinal, xa sexa para cancións, películas, anuncios ou videoxogos. Pode compoñer a música ou a música e a letra se se trata dunha canción.
Moitos compositores e compositoras traballan en colaboración con outros artistas, o que lles permite expandir as súas oportunidades laborais.
Produtor ou produtora musical
Os productores musicais supervisan a gravación e producción de música. O seu traballo inclúe seleccionar cancións, traballar con artistas no estudo e mesturar sons. Co aumento da produción musical independente, a demanda de produtores e produtoras medrou.
Intérprete
O músico intérprete pode ser cantante, instrumentista e interpretar só ou en agrupacións. Pode facelo en vivo, gravar nun estudo, e ata participar en bandas sonoras de películas. Moitos músicos intérpretes traballan de maneira independente.
Docente de Música
Os docentes de Música son esenciais para a formación das novas xeracións de músicos. Son profesionais que forman a alumnas e alumnos na teoría e na práctica musical.
Os docentes de Música poden traballar en escolas, academias de Música ou conservatorios. A educación musical é cada vez máis importante, polo que moitos músicos se adican tamén ao ensino. Os docentes de música transmiten coñecementos musicais e educan para o desenvolvemento da musicalidade nas persoas.
Musicoterapeuta
Profesional que traballa con música para mellorar o benestar emocional, físico, cognitivo ou social en pacientes de todas as idades con problemas variados como lesións cerebrais, saúde mental ou discapacidades físicas.
UNIDADE 3 4º
Por: Música Vitamínica o 30.10.24 / comentarios: 66 Estratexias de análise, O pulso o acento e o compás, O tempo o carácter e a dinámica, Principais profesións da creación e interpretación musical, propostas musicais
TOCAMOS:
O TEMPO
O CARÁCTER
A DINÁMICA
UNIDADE 3 3º
Por: Música Vitamínica o 30.10.24 / comentarios: 2 Estratexias básicas de análises, o acento e o compás, o carácter e a dinámica, O pulso, O tempo, Principais profesións, propostas musicais
FRERE JACQUES - canción popular francesa
CANTAMOS: TOCAMOS:
UNIDADE 3 2º
Por: Música Vitamínica o 30.10.24 / comentarios: 0 O pulso e o acento. O compás binario, O tempo e o carácter, Principais profesións vinculadas á creación e interpretación musical., propostas musicais
UNIDADE 3 1º
Por: Música Vitamínica o 30.10.24 / comentarios: 1 Acento, carácter, compás binario, propostas musicais, pulso, tempo
ALLA TURCA-Mozart
CANCIÓN La casita de las notas











.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)

