Curso 2025-2026

UNIDADE 5 4º

LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)


UNIDADE 5 3º

A NOTA DO AGUDA (DO´)


A nota do´atópase no terceiro espazo do pentagrama. Fíxate e memorízaa!.

UNIDADE 5 2º

O COMPÁS DE 3 TEMPOS

compás de tres tempos consta de 3 tempos musicais. Calculámolo igual que o compás de dous tempos pero cun tempo máis. Así de fácil: 

UNIDADE 5 1º

EXERCICIO RÍTMICO 1 


Cando vemos un paxaro damos unha palmada. Cantos paxaros hai? Catro? Pois catro palmadas. Miramos o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miramos o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezamos. 1, 2 e 3:

TRABALLOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Música TIC, interpretación, execución rítmica, cultura musical, adestramento auditivo, expresión e creatividade, linguaxe musical e moito máis.

Velaquí unha pequena mostra dalgúns traballos de alumnos e alumnas aos que lles inspira a música, que a gozan e transmiten ideas e emocións a través dela.

NOVOS DEBUXOS MUSICAIS


Robin, Merli, Pegui e Carpin son uns paxaros que cantan, tocan e escriben cancións. Os catro forman a Banda do Bosque e son os protagonistas de Bibopalula.

PRÓXIMOS EVENTOS MUSICAIS EN A CORUÑA




Máis información                             Máis información

UNIDADE 4 6º

 O SANCRISTÁN DE COÍMBRA-canción popular galega


O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras (bis)
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras (bis)

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis) 

O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten mulleres (bis)
Está casado coa area,
dálle bicos cantos quere (bis)

-Retrouso-

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado (bis)
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado (bis)

-Retrouso-

A miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coímbra (bis)
porque dicen os rapaces:
que leiteiriña máis linda! (bis)

-Retrouso-

UNIDADE 4 5º

 A PRODUCIÓN DA VOZ

  

Como se produce a voz?. 
O aire, desde os pulmóns, pasa pola larinxe saíndo pola boca.
Cando ao longo do seu percorrido e antes de saír pola boca, se atopa coas cordas vocais, estas vibran e prodúcese o son
Logo, o aire segue o seu camiño e o son resona na boca e amplifícase (amplíase, agrándase) na cavidade nasal, na cabeza e na caixa torácica.

UNIDADE 4 4º

UNIDADE 4 3º

LECTURAS RÍTMICAS

UNIDADE 4 2º

AUDICIÓNS

Glop, glop, glop

UNIDADE 4 1º

A CLAVE DE SOL