UNIDADE 8 3º


ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN NA DANZA


1. Corpo



O corpo é o elemento indispensable da danza. Ao bailar, os movementos pódense enfocar en determinadas partes do corpo como na cabeza, no torso, nas pernas, nos pés ou nos brazos. Pero tamén se poden enfocar os movementos no conxunto do corpo; por exemplo, estirado, encollido, dobrado... para expresar un significado concreto.

2. Acción

A danza céntrase na acción de bailar; é dicir, de mover o corpo ao ritmo da música seguindo unha técnica.

Poden facerse movementos nun punto específico do espazo; por exemplo, movemento de caída, de alongamento dunha parte do corpo, xiros sobre un mesmo.

Tamén poden facerse movementos dun punto a outro do espazo; é dicir, que permiten ao bailarín desprazarse na danza; por exemplo, movementos camiñando ou saltando en sitios diferentes.

3. Espazo

Os bailaríns ocupan un espazo cos sus movementos e xestos.

Poden danzar nun punto fixo ou desprazarse por diferentes zonas do escenario.

4. Tempo

O tempo no que se deben facer os pasos dunha danza márcao o ritmo da música, xa que o ritmo é o elemento que indica a duración, a rapidez e, polo tanto, o momento da execución dos pasos nun baile. 

5. Enerxía

A enerxía refírese ao uso da forza, empregando tanto calidades físicas, como o peso do corpo, como emocionais, que caracterizan os movementos na danza. 


A RESPIRACIÓN NA DANZA

Aprender a respirar é importante. Dominar técnicas de respiración permite manter a enerxía durante toda a coreografía, evitar o esgotamento prematuro e mellorar a concentración. 

A respiración durante a danza debe ser lenta e profunda e a través do nariz, nunca pola boca.

Nunha respiración axeitada, o peito e os ombros non deben levantarse.

Antes de danzar, faremos:

  • Quentamento: con exercicios de respiración para preparar o corpo e a mente.
  • Ensaio: sincronizando a respiración coa coreografía, identificando os momentos clave para inhalar e exhalar.
  • Enfriamento: con respiracións profundas para relaxar os músculos e reducir a frecuencia cardíaca.

A HIXIENE POSTURAL NA DANZA

A danza implica un traballo moi completo de todo o corpo: forza, axilidade, control do movemento e do equilibrio, e lixeireza. Polo tanto, é unha boa ferramenta para mellorar a nosa postura.

O principal obxectivo da hixiene postural é previr sobrecargas musculares e lesións, ademais de permitir unha óptima respiración

Unha correcta hixiene postural promove o mantemento da postura correcta do corpo durante a realización das actividades da vida diaria. Grazas a unha postura axeitada, combinada cunha respiración correcta, poderás conseguir realizar as actividades con menor esforzo.  

Ao danzar, debemos partir dunha boa postural corporal para poder facer os diferentes movementos eficazmente.



UNIDADE 8 2º

PRINCIPAIS PROFESIÓNS RELACIONADAS COA DANZA

1. Bailarín e bailarina profesional

As persoas con talento e paixón pola danza poden adicarse a bailar e formar parte de compañías de danza ou espectáculos teatrais con bailaríns.

2. Coreógrafo e coreógrafa.

As persoas que teñen habilidades para crear e deseñar coreografías, poden traballar en compañías de danza, teatros, compañías de ópera ou incluso en produccións cinematográficas.

3. Profesor e profesora de danza

As persoas que prefiren ensinar e compartir o que saben sobre danza, poden adicarse a ser profesor ou profesora de danza. Ensinan a nenas e nenos, mozas, mozos ou adultos en escolas de danza, centros culturais ou en academias de música e danza.

4. Director e directora de compañía

As persoas que teñen capacidade para organizar traballo con artistas poden ser directores ou directoras dunha compañía de danza ou de teatro.


5. Deseñador e deseñadora de vestiario

Hai persoas creativas ás que lle gusta o deseño e que teñen habilidades para a confección e a costura. Poden adicarse a crear o vestiario para espectáculos de danza ou obras de teatro.

 

 


COMO FACEMOS PARA DANZAR?

Antes de comezar é necesario planificar a danza que imos traballar. Facemos o seguinte:

1º Activación: Atendemos para conectar coa música.

2º Execución: Iniciamos a práctica con relaxación muscular e incluimos a técnica en cada paso.

3º Expresión: Desenvolvemos a secuencia de pasos, exploramos e improvisamos.

4º Avaliación: Comentamos o resultado e valoramos o traballo realizado.



 DANZAMOS:

JAZZ LEGATO - Leroy Anderson

A música jazz é un estilo musical que se orixinou nos Estados Unidos.




UNIDADE 8 1º

MOI IMPORTANTE: REPASO NA SEMANA SANTA DAS SEGUINTES LECTURAS REALIZADAS NA AULA (LEMBRAR AS DURACIÓNS DAS FIGURAS VENDO ANTES CADA VÍDEO).

AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTO 6º


Se cantas o día do concerto, ensaia sobre estes audios a túa canción.

Se sabes a letra, practica con algo que faga de micrófono e céntrate en afinar e en interpretar o significado desa letra.

Se sodes un grupo, fixádevos en coordinar as voces como se fosen unha soa.

AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 4º



Para que podades ensaiar, déixovos os audios das pezas que ides tocar e das canción que ides cantar.

AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 5º

Aquí tedes os audios instrumentais das actuacións para os que cantades ou tocades.

Se vos sabedes a letra, practicade con algo que faga de micrófono e centrádevos en afinar e en interpretar o significado da letra.

A GAITA NA MÚSICA TRADICIONAL - 6º

O xoves 20 de febreiro o alumnado de sexto curso participou nun obradoiro impartido por Xoán Carlos Rilo, mestre gaiteiro do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

NUN MERCADO PERSA - 4º




A historia de Nun mercado persa desenvólvese no Imperio Persa. 
Os mercaderes atravesan o deserto para chegar ao mercado da cidade.

UNIDADE 7 6º

UNIDADE 7 5º

UNIDADE 7 4º

MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS ARTIFICIAIS-Häendel

George Frideric Händel compuxo Música para os reais fogos de artificio en 1749, por encargo do rei, para acompañar un espectáculo de fogos artificiais sobre o río Támesis, en Londres.

É unha composición maxestuosa, triunfante e festiva.


 


TOCAMOS:



LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)


UNIDADE 7 3º

O PIRIMPIMPÍN-popular galega 

UNIDADE 7 2º

AUDICIÓNS


A DANZA DOS MIRLITÓNS-Tchaikovsky

Que son os mirlitóns?

O mirlitón é un instrumento de membrana resonante ou pitos de chapa. É coñecido tamén como kazoo ou turuta.

Trátase dun chifre (silbato) formado por unha caña oca e pechada por un dos dous extremos cunha membrana de papel fino que ao soplarse por unha abertura que ten no centro, vibra producindo son.





Danubio azul é un valse (vals)un tipo de baile moi elegante para bailar en festas. 
Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss. 
Esta peza musical é considerada unha das máis populares da música clásica. O significado que ten para os vieneses e vienesa convertérono no segundo himno nacional de Austria e tamén nunha peza de obrigada interpretación no Concerto de Aninovo de Viena.
Báilase en tres tempos musicais. Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...



JAZZ LEGATO Leroy Anderson

A música jazz é un estilo musical que se orixinou nos Estados Unidos.