UNIDADE 8 5º

A ARTE DA DANZA
Sabías que...?
A danza ten a súa orixe na Prehistoria? Pois si. O ser humano tivo desde sempre a necesidade de expresar os seus sentimentos non só a través da comunicación verbal; ou sexa, a través das palabras, senón tamén a través da comunicación corporal, a través dos movementos do corpo, e empregábanna moitas veces para facer rituais (costumes ou cerimonias).
A danza é a arte de realizar movementos coordinados no espazo e no tempo. Realízanse cunha parte do corpo ou con todo o corpo, con certo ritmo e serve como expresión de sentimientos individuais, ou de símbolos da cultura y da sociedade. Neste sentido, a danza tamén é unha forma de comunicación, xa que se emprega a linguaxe non verbal entre os seres humanos, coa que o bailarín ou bailarina expresa sentimentos e emocións a través dos seus movementos e xestos, xa sexa unha canciónpeza musical ou son.
Semella que a danza foi unha das primeiras manifestacións artísticas da historia da humanidade.
Moitos son os tipos de danza que existen. En xeral, podemos dividilos en tres grandes grupos:
TIPOS DE DANZAS
Danzas tradicionais e folclóricas: Son as danzas creadas por un pobo, propias dun lugar ou territorio concreto. Por exemplo, o flamenco (danza tradicional de Andalucía), o tango (danza tradicional da Arxentina), a danza árabe (danza tradicional de Arabia) ou os chamados bailes de salón.
Danzas clásicas: Son danzas que se realizan con movementos lixeiros, harmoniosos e perfectamente coordinados. Dentro desta categoría inclúese a danza medieval e o ballet, entre outras.
Danzas contemporáneas: Coa base técnica do ballet e a experimentación con novos movementos.
Danzas modernas: A xente nova é a que as practica e desenvolve este tipo de danzas que, en moitos casos, levan asociadas unha maneira de entender a vida e incluso de vestir. Entre estas danzas modernas atópase o breakdance, o popping, o funky, o jumpstyle, o moonwalk ou, incluso, o rock and roll.
Os movementos dunha danza empréganse para crear unha coreografía, e a partir de eles pódense crear novos movementos para crear novas coreografías. As persoas que crean a coreografía son coreógrafas ou coreógrafos.
Seguro que algúns ou algunhas das cantantes tamén bailan no escenario, va que si?. Pois é que a coreografía tamén se emprega en situacións especiais, como na cinematografía, no teatro, nos musicaisconcertosperformances, eventos e presentacións artísticas.
Vexamos, a continuación, exemplos de coreografías dalgunas danzas tradicionais e folclóricas:

DANZAS TRADICIONAIS

DANZA DE ARCOS   DANZA DE CINTAS   DANZA DE PAUS
  


O TAMBOR - danza tradicional de Venezuela

O tambor é unha danza chea de enerxía que forma parte esencial da cultura venezolana.

É tocada por tambores venezolanos como instrumentos principais pero tamén por chácaras para celebrar festividades e cerimonias expresando a identidade en comunidade do pobo venezolano.

Sen embargo, ao seren movementos rápidos, a moitas persoas lles é dificíl aprender a bailalos.

O primeiro que hai que facer é familiarizarse co ritmo ata chegar a notar como os tambores dialogan entre si para poder bailalo con filas de parellas unhas fronte ás outras.

Unha vez que coñecemos o ritmo, o movemento das cadeiras é indispensable. Con movementos fluidos e ao ritmo da tambora.

Despois, non só se baila cos pés, senón con todo o corpo, involucrando a cadeira, os pés e os brazos, que é a última parte que engadimos ao bailar o tambor.

Traballar a coordinación é importante para poder mover en conxunto as diferentes partes do corpo.

Cando domines os pasos básicos, céntrate en sentir comodidade ao bailar.

PRINCIPAIS DANZAS FOLCLÓRICAS DE ESPAÑA

Muiñeira (Galicia)    Aurresku (País Vasco)      Xota aragonesa (de Aragón)

  

Sardana (Cataluña)   Flamenco (de Andalucía) 

 

 A MUIÑEIRA - folclórica de Galicia

A muiñeira é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. Comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que agardar algún tempo a que o millo estivera a punto e para pasar o tempo, bailaban.

Como baile tradicional interpretábase en festas e romarías. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira e vestidos co traxe tradicional.

A muiñeira distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, interperetada por instrumentos tradicionais como a gaita, o pandeiro e a pandeireta.

A estrutura musical, composta de copla (tema A) e volta (tema B), interpretado na danza en xeito de punto e paseo.

Na muiñeira vella o home realiza puntos complexos e a muller fai paseos con forma de oito.

Na muiñeira nova un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.

Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.

A DANZA CLÁSICA

  

danza clásica é unha das expresións artísticas máis antigas e exquisitas do mundo, que cautivou á xente grazas á súa singular maneira de transmitir emocións e contar historias complexas sen palabras, coidando moito os detalles e cada movemento.
Á danza clásica tamén se lle coñece como ballet. O ballet clásico e as súas orixes remítense ao Renacemento, cando a danza era parte fundamental das celebracións máis importantes con expresións artísticas que amosaban as destrezas dos bailaríns e bailarinas.
Co paso dos ano, as técnicas de baile fóronse perfeccionando incluíndo novos elementos e estilos ata que a danza clásica se fixo unha profesión (contratábanse espectáculos de bailaríns e bailarinas para celebracións e festas), convertíndose nunha parte fundamental da vida da xente de poder, xunto co teatro e a ópera.
Desde entón as danzas clásicas foron parte fundamental da posta en escena de importantes pezas de ópera e, posteriormente, tamén do teatro.
A danza clásica comeza a perfeccionar técnicas de saltos como as técnicas de elevación, saltos flotantes, técnica de puntas xunto con posturas máis balanceadas.
Ser bailarín ou bailarina require un nivel altísimo de concentración, coordinación, coidado dos detalles e perfección para poder executar as pezas de maneira idónea e conservar a boa estética do ballet, ademais de ter unha capacidade de expresión corporal que permita contar historias co corpo.
Para elo, tamén é importante o vestiario empregado; é dicir, prendas adheridas ao corpo que permiten apreciar na súa totalidade cada movemento.
As zapatillas son unha peza de gran importancia na realización do paso en punta do ballet clásico, porque axudan a soster o peso e facilitan aos bailaríns e bailarinas manter a postura erguida de seu corpo.
Hai moitas obras clásicas de ballet, entre as máis coñecidas están:
(Podes coñecelas premendo sobre os títulosO truco está en adentrarse na historia de cada danza como si dun conto se tratase. 
Como son dez, podes repartilas en varios días; así hoxe poderías ver tres, mañana outras tres e pasado mañá as últimas. E non esquezas deixar un comentario sobre o que aprendiches).
A DANZA CONTEMPORÁNEA

A danza contemporánea xurdiu a finais do século XIX como reacción á rixidez de movementos do ballet clásico. 

Nela, os intérpretes executan diferentes tipos de movementos con todo o corpo, incluido o rostro, e é frecuente que bailen descalzos. A posta en escena adoita ser sobria.

A danza contemporánea explora novos movementos e formas de expresión.

Trata de expresar unha idea, sentimento, emoción cunha mestura de movementos corporais modernos e con bastante técnica. Este tipo de danza nace a finais do século XIX con bailaríns e bailarinas descalzos realizando saltos menos ríxidos que os del baile clásico ou ballet. 

Danza Contemporánea

Baile Jazz
Ten un gran contido clásico, pero unha parte da técnica clásica se substitúese por algo de acrobacia para a que se precisa moita flexibilidade. Tamén traballa os saltos e a prolongación dos movementos e a liña do corpo
O baile jazz nace en Estados Unidos a comezos do século XX como baile popular e continúa en espectáculos de teatros, televisións e cine. 

   

Martha Graham naceu en Pittsburgh (Estados Unidos) en 1894. Foi bailarina, coreógrafa e profesora de danza. A súa visión do baile revolucionou esta arte e as súas innovacións estableceron as bases da danza moderna. 

Fundou a súa propia compañía en 1926. Entre as súas numerosas coreografías, destaca a que preparou en 1984, cando xa tenía 90 anos, para La consagración de la primavera de Igor Stravinsky.


A DANZA MODERNA

 

As danzas modernas naceron a comezos do século XX en Estados Unidos principalmente, aínda que tamén en Europa, para que houbera outros tipos de baile ademais do ballet.

As coreografías de danzas modernas teñen unha clara base técnica da danza clásica ou ballet combinada cunha técnica propia de cada estilo de danza moderna.
O bailarín ou bailarina recrea os movementos empregando as súas emocións, estados de ánimo e as súas ideas. Balancea o seu corpo con caídas ao chan e saltos. Realiza movementos libres e naturais do corpo, amplios e con flexibilidade. Isto coordínao cunha boa técnica de respiración.
Na danza moderna báilase case sempre descalzo ou cun calzado que se pegue ben aos pés como se non se levase nada posto neles.
Outros bailes modernos son os bailes urbanos, que xorden na rúa e a maioría se desenvolven con movementos improvisados; é dicir, creados no mesmo momento de bailar.
A continuación vemos coreografías de danzas modernas (jazz e contemporánea) e de bailes modernos (hip hop, funky, break dance...).

Bailes modernos urbanos
Funky
Nace nas rúas de Nova York nos anos 60. Os seus ritmos son moi marcados e acentuados, con moita enerxía, equilibrio, expresividade e movementos moi acompasados nun ritmo rápido e partindo do corpo ríxido.
Hip hop
Baile da rúa que permite realizar todos os movementos que se nos ocorran co corpo o máis solto posible. A música é menos rápida que no funky e máis rapeada.


Break dance
Trabállanse movementos do tronco e de toda a parte superior do corpo, dos pés, movementos fortes e movementos conxelados nos que se para o corpo nunha postura determinada.


Que danza ou baile moderno che gusta máis e por que?. Deixa o teu comentario ao final da entrada.
Se queres practicar os esquemas de cada danza, aquí os tes coas súas plantillas.

DANZAMOS:

Danza de paus




UNIDADE 8 4º


A POSTURA NA DANZA

Aliñación corporal 

A aliñación corporal é a colocación das partes do corpo, principalmente o esquelete, durante a execución dun movemento. É dicir, a posición do corpo en cada momento dun baile. 

A aliñación corporal na danza require que todas as partes do corpo estean en balance; ou sexa, co peso do corpo ben distribuido entre elas. Unha aliñación corporal axeitada permite facer os movementos dunha danza co mínimo esforzo muscular e con maior fluidez. Tamén permite bailar con máis liberdade e facilidade sen facer esforzo innecesario.


Unha boa postura na danza depende de moitos elementos que funcionan xuntos:
  • A columna vertebral móvese seguindo a liña das súas curvaturas naturais.
  • En cada paso o corpo mantén unha aliñación equilibrada entre as diferentes partes.
  • O corpo emprega a súa forza muscular de maneira eficiente.

Os beneficios que aporta unha boa postura na danza son:

• Axuda a obter un balance correcto para executar os pasos.

• Evita lesións.

• Diminúe a tendencia a padecer dores musculares.

• A calidade da respiración mellora.

• Axuda a manter unha boa flexibilidade

• Prevén a fatiga causada polo uso ineficiente do sistema muscular. 




DANZAMOS:


Unha suite é unha forma musical formada por diferentes danzas.

O rondó sona como unha das danzas dentro da suite nº 2 de Bach.

A palabra rondó vén do francés rondeau e significa ronda ou danza en roda. 

Un rondó está composto por un tema musical que se repite facendo a función de

retrouso. O tema principal do rondó é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón

facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.

O rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite,

intercalado entre outros temas diferentes. A súa estrutura é: ABACADA.    

     


GREENSLEEVES - popular inglesa

Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI. 
Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa. 
A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,
Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.

 



UNIDADE 8 3º


ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN NA DANZA


1. Corpo



O corpo é o elemento indispensable da danza. Ao bailar, os movementos pódense enfocar en determinadas partes do corpo como na cabeza, no torso, nas pernas, nos pés ou nos brazos. Pero tamén se poden enfocar os movementos no conxunto do corpo; por exemplo, estirado, encollido, dobrado... para expresar un significado concreto.

2. Acción

A danza céntrase na acción de bailar; é dicir, de mover o corpo ao ritmo da música seguindo unha técnica.

Poden facerse movementos nun punto específico do espazo; por exemplo, movemento de caída, de alongamento dunha parte do corpo, xiros sobre un mesmo.

Tamén poden facerse movementos dun punto a outro do espazo; é dicir, que permiten ao bailarín desprazarse na danza; por exemplo, movementos camiñando ou saltando en sitios diferentes.

3. Espazo

Os bailaríns ocupan un espazo cos sus movementos e xestos.

Poden danzar nun punto fixo ou desprazarse por diferentes zonas do escenario.

4. Tempo

O tempo no que se deben facer os pasos dunha danza márcao o ritmo da música, xa que o ritmo é o elemento que indica a duración, a rapidez e, polo tanto, o momento da execución dos pasos nun baile. 

5. Enerxía

A enerxía refírese ao uso da forza, empregando tanto calidades físicas, como o peso do corpo, como emocionais, que caracterizan os movementos na danza. 


A RESPIRACIÓN NA DANZA

Aprender a respirar é importante. Dominar técnicas de respiración permite manter a enerxía durante toda a coreografía, evitar o esgotamento prematuro e mellorar a concentración. 

A respiración durante a danza debe ser lenta e profunda e a través do nariz, nunca pola boca.

Nunha respiración axeitada, o peito e os ombros non deben levantarse.

Antes de danzar, faremos:

  • Quentamento: con exercicios de respiración para preparar o corpo e a mente.
  • Ensaio: sincronizando a respiración coa coreografía, identificando os momentos clave para inhalar e exhalar.
  • Enfriamento: con respiracións profundas para relaxar os músculos e reducir a frecuencia cardíaca.

A HIXIENE POSTURAL NA DANZA

A danza implica un traballo moi completo de todo o corpo: forza, axilidade, control do movemento e do equilibrio, e lixeireza. Polo tanto, é unha boa ferramenta para mellorar a nosa postura.

O principal obxectivo da hixiene postural é previr sobrecargas musculares e lesións, ademais de permitir unha óptima respiración

Unha correcta hixiene postural promove o mantemento da postura correcta do corpo durante a realización das actividades da vida diaria. Grazas a unha postura axeitada, combinada cunha respiración correcta, poderás conseguir realizar as actividades con menor esforzo.  

Ao danzar, debemos partir dunha boa postural corporal para poder facer os diferentes movementos eficazmente.



UNIDADE 8 2º

PRINCIPAIS PROFESIÓNS RELACIONADAS COA DANZA

1. Bailarín e bailarina profesional

As persoas con talento e paixón pola danza poden adicarse a bailar e formar parte de compañías de danza ou espectáculos teatrais con bailaríns.

2. Coreógrafo e coreógrafa.

As persoas que teñen habilidades para crear e deseñar coreografías, poden traballar en compañías de danza, teatros, compañías de ópera ou incluso en produccións cinematográficas.

3. Profesor e profesora de danza

As persoas que prefiren ensinar e compartir o que saben sobre danza, poden adicarse a ser profesor ou profesora de danza. Ensinan a nenas e nenos, mozas, mozos ou adultos en escolas de danza, centros culturais ou en academias de música e danza.

4. Director e directora de compañía

As persoas que teñen capacidade para organizar traballo con artistas poden ser directores ou directoras dunha compañía de danza ou de teatro.


5. Deseñador e deseñadora de vestiario

Hai persoas creativas ás que lle gusta o deseño e que teñen habilidades para a confección e a costura. Poden adicarse a crear o vestiario para espectáculos de danza ou obras de teatro.

 

 


COMO FACEMOS PARA DANZAR?

Antes de comezar é necesario planificar a danza que imos traballar. Facemos o seguinte:

1º Activación: Atendemos para conectar coa música.

2º Execución: Iniciamos a práctica con relaxación muscular e incluimos a técnica en cada paso.

3º Expresión: Desenvolvemos a secuencia de pasos, exploramos e improvisamos.

4º Avaliación: Comentamos o resultado e valoramos o traballo realizado.



 DANZAMOS:

JAZZ LEGATO - Leroy Anderson

A música jazz é un estilo musical que se orixinou nos Estados Unidos.




UNIDADE 8 1º

MOI IMPORTANTE: REPASO NA SEMANA SANTA DAS SEGUINTES LECTURAS REALIZADAS NA AULA (LEMBRAR AS DURACIÓNS DAS FIGURAS VENDO ANTES CADA VÍDEO).

AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTO 6º


Se cantas o día do concerto, ensaia sobre estes audios a túa canción.

Se sabes a letra, practica con algo que faga de micrófono e céntrate en afinar e en interpretar o significado desa letra.

Se sodes un grupo, fixádevos en coordinar as voces como se fosen unha soa.

AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 4º



Para que podades ensaiar, déixovos os audios das pezas que ides tocar e das canción que ides cantar.

AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 5º

Aquí tedes os audios instrumentais das actuacións para os que cantades ou tocades.

Se vos sabedes a letra, practicade con algo que faga de micrófono e centrádevos en afinar e en interpretar o significado da letra.

A GAITA NA MÚSICA TRADICIONAL - 6º

O xoves 20 de febreiro o alumnado de sexto curso participou nun obradoiro impartido por Xoán Carlos Rilo, mestre gaiteiro do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

NUN MERCADO PERSA - 4º




A historia de Nun mercado persa desenvólvese no Imperio Persa. 
Os mercaderes atravesan o deserto para chegar ao mercado da cidade.