Esta semana traballando con esta canción de Xurxo Fernandes, o alumnado de 3º expresou os seus sentimentos e emocións, deixou voar a súa imaxinación e desenvolveu a súa creatividade a través da historia deste tema que tanto éxito ten cos nenos e nenas.
REGUEIFAMOS - 3º, 4º
Por: Música Vitamínica o 20.3.25 / comentarios: 1 3º, 4º, LETRAS GALEGAS, música tradicional, regueifa
Hoxe levouse a cabo a segunda parte da actividade complementaria sobre a música tradicional galega.
Un concerto didáctico no que escoitamos temas con diferentes instrumentos solistas e con diferentes acompañamentos.
UNIDADE 8 6º
Por: Música Vitamínica o 1.3.25 / comentarios: 39 Profesións, Valoración da importancia da interpretación, Vocabulario específico das artes escénicas e performativas, Xéneros escénicos
Danzamos:
TAMBOR - tradicional de Venezuela
O tambor é unha danza chea de enerxía que forma parte esencial da cultura venezolana.
É tocada por tambores venezolanos como instrumentos principais pero tamén por chácaras para celebrar festividades e cerimonias expresando a identidade en comunidade do pobo venezolano.
Sen embargo, ao seren movementos rápidos, a moitas persoas lles é dificíl aprender a bailalos.
O primeiro que hai que facer é familiarizarse co ritmo ata chegar a notar como os tambores dialogan entre si para poder bailalo con filas de parellas unhas fronte ás outras.
Unha vez que coñecemos o ritmo, o movemento das cadeiras é indispensable. Con movementos fluidos e ao ritmo da tambora.
Despois, non só se baila cos pés, senón con todo o corpo, involucrando a cadeira, os pés e os brazos, que é a última parte que engadimos ao bailar o tambor.
Traballar a coordinación é importante para poder mover en conxunto as diferentes partes do corpo.
Cando domines os pasos básicos, céntrate en sentir comodidade ao bailar.
MUIÑEIRA - folclórica de Galicia
A muiñeira é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. Comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo, onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que agardar algún tempo a que o millo estivera a punto e para pasar o tempo, bailaban.
Como baile tradicional interpretábase en festas e romarías. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira e vestidos co traxe tradicional.
A estrutura musical, composta de copla (tema A) e volta (tema B), interpretado na danza en xeito de punto e paseo.
Na muiñeira vella o home realiza puntos complexos e a muller fai paseos con forma de oito.
Na muiñeira nova un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.
Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.
Ópera – Forma de teatro que combina música, canto e danza.
Musical – Obra de teatro que inclúe cancións e danzas como parte da narrativa da historia.
Comedia – Obra de teatro deseñada para facer rir aos espectadores.
Traxedia – Obra de teatro que presenta eventos tristes ou serios, a miúdo cun final desafortunado.
UNIDADE 8 5º
Por: Música Vitamínica o 1.3.25 / comentarios: 23 Elementos da representación escénica, Profesións vinculadas ás artes escénicas e performativas, Teatralidade, Vocabulario específico das artes escénicas e performativas
DANZAMOS:
UNIDADE 8 4º
Por: Música Vitamínica o 1.3.25 / comentarios: 63 Elementos básicos da representación escénica, Principais profesións vinculadas ás artes escénicas, Vocabulario específico
UNIDADE 8 3º
Por: Música Vitamínica o 1.3.25 / comentarios: 2 Aproximación aos elementos básicos da representación escénica, Principais profesións vinculadas ás artes escénicas e performativas, Vocabulario específico das artes escénicas e performativas
As artes escénicas son un conxunto de disciplinas artísticas que teñen como obxectivo principal a representación en vivo dunha obra fronte ao público nun escenario.
As artes escénicas son a danza, a ópera, o teatro, os musicais e o circo.
A combinación de diferentes elementos como a música, o movemento, a interpretación e o deseño escénico crea unha experiencia sensorial única para os espectadores.
Danza
A danza emprega o corpo en movemento en conxugación coa música para expresar emocións e narrar historias.
Existen diferentes tipos de danzas, como a danza clásica ou a danza moderna, cada unha coa súa técnica de movementos.
A danza empregouse ao longo da historia como unha forma de celebración, de expresión cultural e de comunicación non verbal entre as comunidades.
Ópera
A ópera combina a música, a interpretación e a escenografía para contar unha historia.
Os cantantes empregan as súas voces para dar vida aos personaxes, mentras que a música da orquestra crea o ambiente sonoro axeitado. A ópera é considerada como unha das formas máis complexas de arte escénica, xa que require dun alto nivel de habilidade vocal e interpretativa por parte dos artistas.
Teatro
No teatro, as actrices e actores interpretan personaxes e dialogan entre si para contar unha historia. Empréganse elementos como a escenografía, o vestiario, a iluminación e o son para crear un ambiente que transporte ao público a diferentes lugares e épocas.
Musical
O musical combina música, canto, danza e interpretación no mesmo espectáculo.
Os artistas son pois, cantantes, bailaríns e actores.
Circo
O circo combina acrobacias, malabares, equilibrismo, domadores e paiasos para entreter ao público. Os artistas circenses adoitan realizar as actuacións en carpas móbiles, empregando elementos como trapecios, teas acrobáticas e aros.
ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN NA DANZA
1. Corpo
O corpo é o elemento indispensable da danza. Ao bailar, os movementos pódense enfocar en determinadas partes do corpo como na cabeza, no torso, nas pernas, nos pés ou nos brazos. Pero tamén se poden enfocar os movementos no conxunto do corpo; por exemplo, estirado, encollido, dobrado... para expresar un significado concreto.
2. Acción
A danza céntrase na acción de bailar; é dicir, de mover o corpo ao ritmo da música seguindo unha técnica.
Poden facerse movementos nun punto específico do espazo; por exemplo, movemento de caída, de alongamento dunha parte do corpo, xiros sobre un mesmo.
Tamén poden facerse movementos dun punto a outro do espazo; é dicir, que permiten ao bailarín desprazarse na danza; por exemplo, movementos camiñando ou saltando en sitios diferentes.
3. Espazo
Os bailaríns ocupan un espazo cos sus movementos e xestos.
Poden danzar nun punto fixo ou desprazarse por diferentes zonas do escenario.
4. Tempo
O tempo no que se deben facer os pasos dunha danza márcao o ritmo da música, xa que o ritmo é o elemento que indica a duración, a rapidez e, polo tanto, o momento da execución dos pasos nun baile.
5. Enerxía
A enerxía refírese ao uso da forza, empregando tanto calidades físicas, como o peso do corpo, como emocionais, que caracterizan os movementos na danza.
UNIDADE 8 2º
Por: Música Vitamínica o 1.3.25 / comentarios: 0 Principais profesións vinculadas ás artes escénicas, Vocabulario específico básico das artes escénicas e performativas
PRINCIPAIS PROFESIÓNS RELACIONADAS COA DANZA
1. Bailarín e bailarina profesional
As persoas con talento e paixón pola danza poden adicarse a bailar y formar parte de compañías de danza ou espectáculos teatrais con bailaríns.
2. Coreógrafo e coreógrafa.
As persoas que teñen habilidades para crear e deseñar coreografías, poden traballar en compañías de danza, teatros, compañías de ópera ou incluso en produccións cinematográficas.
3. Profesor e profesora de danza
As persoas que prefiren ensinar e compartir o que saben sobre danza, poden adicarse a ser profesor ou profesora de danza. Ensinan a nenas e nenos, mozas, mozos ou adultos en escolas de danza, centros culturais ou en academias de música e danza.
4. Director e directora de compañía
As persoas que teñen capacidade para organizar traballo con artistas poden ser directores ou directoras dunha compañía de danza ou de teatro.
5. Deseñador e deseñadora de vestiario
Hai persoas creativas ás que lle gusta o deseño e que teñen habilidades para a confección e a costura. Poden adicarse a crear o vestiario para espectáculos de danza ou obras de teatro.
UNIDADE 8 1º
Por: Música Vitamínica o 1.3.25 / comentarios: 0 Vocabulario das artes escénicas
AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTO 6º
Por: Música Vitamínica o 28.2.25 / comentarios: 8 6º, CCEC, concerto
Se cantas o día do concerto, ensaia sobre estes audios a túa canción.
Se sabes a letra, practica con algo que faga de micrófono e céntrate en afinar e en interpretar o significado desa letra.
Se sodes un grupo, fixádevos en coordinar as voces como se fosen unha soa.
AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 4º
Por: Música Vitamínica o 26.2.25 / comentarios: 0 4º, concerto, repaso
AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 5º
Por: Música Vitamínica o 26.2.25 / comentarios: 0 5º, concerto, repaso
Aquí tedes os audios instrumentais das actuacións para os que cantades ou tocades.
Se vos sabedes a letra, practicade con algo que faga de micrófono e centrádevos en afinar e en interpretar o significado da letra.
A GAITA NA MÚSICA TRADICIONAL - 6º
Por: Música Vitamínica o 22.2.25 / comentarios: 3 6º, actividade, cultura musical, gaita, música tradicional
O xoves 20 de febreiro o alumnado de sexto curso participou nun obradoiro impartido por Xoán Carlos Rilo, mestre gaiteiro do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.