1. A maioría do vocabulario que se emprega na música vén do italiano. Para referirnos á velocidade á que cantamos, tocamos ou bailamos existen as seguintes palabras:
Cando a música sona adagio faino de maneira lenta.
Cando a música sona andante faino normal, nin lento nin axiña.
Cando a música sona allegro ten unha velocidade rápida.
Escoita:
2. Agora vai á páxina 15 do caderno e fai o exercicio 1.
3. Escoita e observa "Na cova do rei da montaña" do compositor Peer Gynt (pon a pantalla en grande para velo mellor).
4. Fai da páxina 15 o exercicio 2.
5. Escoita de novo "Na cova do rei da montaña" imaxinando o que está ocorrendo. Que imaxinas? Debúxao no exercicio 3 da páxina 15.
6. Segue practicando a partitura SOL-LA-SI coa frauta. Non fai falta que sone, toca con ela debaixo da boca como practicamos na clase. Por se non a tes, déixocha aquí e tamén as posicións da frauta (se fas clic enriba dela ponse en pantalla grande).
Envío da tarefa 2: Se tes dúbidas pódesme escribir por correo electrónico. E para que vexa o ben que o estás facendo pódesme enviar as fotos das páxinas do caderno e un vídeo tocando a nova partitura. É recomendable facelo desde un ángulo fixo que colla as mans (desde un lateral) e a partitura pola que está lendo (un pouco desde atrás). Envía o a musicavitaminica@gmail.com. Os alumnos-as que non teñen caderno, ou ben poden imprimir as páxinas se as obteñen por outros compañeiros-as, ou ben poden repasar a través das actividades no ordenador sen facer o caderno.
Tarefa "Queda na casa 3"
7. Lembras que a maioría das palabras que empregamos en música son italianas? Pois hoxe aprendemos catro máis. Aprende:
Cando tocamos ou cantamos con moita intensidade facémolo forte e cando o facemos con pouca intensidade facémolo piano. A música que sona moi forte faino fortissimo e a música que sona moi suave faino pianissimo. Escoita:
8. Vai á páxina 16 do caderno e fai os exercicios 1 e 2 (para o 2 repasa primeiro as palabras italianas da tarefa anterior).
9. A voz dunha muller é unha voz feminina e a voz dun home é unha voz masculina. Sonan diferente, normalmente a feminina aguda (^) e a masculina grave (v). Pero a voz dun neno e dunha nena é semellante ata que non son máis maiores. Así que tanto a voz dunha nena como a voz dun neno é unha voz infantil. Que tipo de voz son as seguintes voces faladas?. Di "feminina", "masculina" ou "infantil" segundo a voz que escoites.
10. Sabías que podemos falar porque as nosas cordas vocais vibran?. Este movemento que fan as cordas vocais chamáse vibración e permítenos falar e cantar!. Escoita e aprende a seguinte canción: "Vibran con él, vibran con él, la la la la la...".
11. Fai os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 17 do caderno.
12. Practica unha nova partitura coas notas si, la, sol. Xa ves que cada nota está da cor coa que a traballamos na clase para que te axude, así non tes que imprimir a partitura e rodear as notas á man se non tes impresora ou prefires estudala no ordenador ou na tableta (lembra estudala coa frauta no mentón ata que saia antes de pasar a soplar). Non soples o primeiro día e cando soples lembra pensar na sílaba "tu".
13. Se es de 2ºA responde a este cuestionario.
Se es de 2ºB responde a este cuestionario.
Envío da tarefa 3: Envíanse as fotos das páxinas do caderno e o vídeo tocando "Campaíñas sonarán" a musicavitaminica@gmail.com. É recomendable facelo desde un ángulo fixo que colla as mans (desde un lateral) e a partitura pola que está lendo (un pouco desde atrás). Os alumnos-as que non teñen caderno, ou ben poden imprimir as páxinas se as obteñen por outros compañeiros-as, ou ben poden repasar a través das actividades no ordenador sen facer o caderno.
Practica frauta 5 minutos ao día.
Tarefa "Queda na casa 4"
14. Antes de nada fai o exercicio 2 da páxina 12 se non o tes feito.
15. Ata agora estivemos traballando co compás de 2 tempos, verdade?. Un compás no que caben figuras musicais que suman 2 tempos (como fixeches no exercicio 1 da páxina 9).
Hoxe imos traballar co compás de tres tempos que é igual que o de dous tempos pero cun tempo máis. Así de fácil:
Dependendo de se un compás é de dous tempos ou de tres tempos, a continuación da clave de sol poñeremos un 2 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo ou un 3 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo. Ves?.
16. Vai á paxina 18 do caderno e fai os exercicio 1 e 2. O primeiro que hai que poñer é o compás (xa está posto no primeiro esquema rítmico). Coloca o compás nos esquemas rítmicos de abaixo. Logo marca os pulsos de cada compás con ralliñas verticais.
E logo só tes que contar 3 pulsos e pos liña divisoria, outros tres pulsos e outra liña divisoria...e rematas con dobre barra final:
No exercicio 2 creas os teus esquemas rítmicos en compás de 3 tempos seguindo os mesmos pasos que acabas de facer no exercicio 1 (como o que fixeches no exercicio 2 da páxina 9 pero agora en 3 tempos).
16. Escoita o Danubio azul. É un vals. Un tipo de baile moi elegante para bailar en festas. O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss.
17. Fai o exercicio 3 da páxina 18. Nel todas as nenas e nenos están en movemento pero só algúns están bailando o vals El Danubio azul porque están facendo movementos axeitados a esa música.
18. Por último fai o exercicio 1 e o 2 da páxina 19. No 1 combina as figuras musicais como che apeteza. Utilízaas todas. Podes ir riscando a que vaias escollendo. Non deixes que o ladrón marche con ningunha. Lembra colocar os pulsos e as liñas divisorias. No exercicio 2, na cova, cada nota está coa súa clave de sol pero no pentagrama de abaixo só é necesaria a clave de sol do comezo.
19. Segue practicando pouco a pouco a partitura Campaíñas sonarán.
Moitas grazas ás familias por tanta colaboración, participación e interese como estades amosando!. É un exemplo de cara á motivación dos pequenos-as e para que sigan notando a conexión co cole e dando sentido ao que fan. Parabéns polo traballo que estades a realizar!.
Podedes seguir enviando os vídeos segundo avance cada un-ha. Non vos preocupedes se unha semana non podedes. O importante é que eu poda comprobar esa evolución. Se un neno-a precisa de dúas semanas para poder enviar un novo vídeo, pode facelo cada quince días. E se preferides envialo semanalmente coas páxinas do caderno, fenomenal tamén.
Envío da tarefa 4: Envíanse as fotos das páxinas do caderno e, de maneira opcional, o vídeo dos exercicios rítmicos a musicavitaminica@gmail.com. Os alumnos-as que non teñen caderno, ou ben poden imprimir as páxinas se as obteñen por outros compañeiros-as, ou ben poden repasar a través das actividades no ordenador sen facer o caderno.
Tarefa "Queda na casa 5"
20. Escoita os instrumentos de vento.
21. Fai as páxinas 20 e 21 do caderno. Na páxina 21 no exercicio 1 fíxate que hai dous trens con vagóns de 3 tempos e dous trens con vagóns de dous tempos. Nos trens de tres tempos debes escribir figuras que sumen tres tempos en cada vagón, por exemplo, tres negras. E nos trens de dous tempos debes escribir figuras que sumen dous tempos, como por exemplo, dous silencios. Combínaas como prefiras. No exercicio 2 completa coas notas SI, LA e SOL. Onde pon MI cámbiaa pola nota SI. Lembras onde se colocan?. Son as que sabes coa frauta. SI na terceira liña, LA no segundo espazo e SOL na segunda liña. Adiante!.
22. Segue practicando coa frauta "Campaíñas sonarán".
Envío da tarefa 5: Envíanse unicamente as fotos das páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 6"
23. Escoita o conto "La naturaleza suena":
24. Fai a páxina 22 do caderno.
25."El diálogo musical" é unha pequena peza musical na que os instrumentos que sonan fan preguntas e respostas. Escoitas unhas partes forte e outras piano? Cando sonan forte están preguntando e cando sonan piano están respondendo. Adiviñas algún dos instrumentos que sonan?. Escoita con atención:
26. Fai a páxina 23 do caderno. No exercicio 1 debes debuxar en cada cadro un instrumento que escoitaches no "Diálogo musical" (sen atender á cor do recadro nin a se é pregunta ou resposta). Utiliza tantos cadros como instrumentos escoites. No exercicio 2 escribe as respostas con esas notas no orde que queiras e rematadas cunha negra.
Envío da tarefa 6: Envíanse unicamente as fotos das páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 7"

27. Fíxate nas notas e fai o exercicio 1 da páxina 24 do caderno.
28. Escoita e logo fai o exercicio 2:
29. Observa o musicograma e logo intenta facelo ti co dedo na pantalla ou no caderno como che indico. Fíxate que os puntos representan sons de notas curtas e as liñas sons de notas longas. Antento-a, que vai rápido:
30. Agora fai os exercicios 2 e 3.
31. Se es de 2ºA responde estas preguntas.
Se es de 2ºB responde estas preguntas.
Envío da tarefa 7: Envíanse as fotos das páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 8"



32. Os instrumentos musicais clasifícanse segundo a maneira en que producen o son. Se un instrumento musical precisa de cordas para producir o seu son, ese instrumento é de corda. Se para facer son cun instrumento precisamos soplar nel, ese instrumento é de vento. E se para producir son golpeamos ou axitamos un instrumento, é un instrumento de percusión. Con esta información fai a páxina 26 do caderno.
33. Escoita a Danza de los mirlitones:
Escóitaa de novo e atende ao instrumento principal que a interpreta. Vai á páxina 27 e no primeiro recadro do exercicio 1 debuxa ese instrumento e escribe o seu nome ao lado. Fai tamén o exercicio 2.
34. Se che sae "Campaíñas sonarán" intenta tocala ao tempo que no seguinte vídeo:
Envío da tarefa 8: Envíanse unicamente as páxinas do caderno. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden tomar unha fotografía da práctica da escritura da clave de sol e das notas SI, LA, SOL no pentagrama e enviala a musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 9"

35. Fai o exercicio 1 da páxina 28 do caderno.
36. Escoita a canción "Un pollito me picó" atendendo ás voces que cantan.
36. Escoita a canción "Un pollito me picó" atendendo ás voces que cantan.
Agora fai o exercio 2 da páxina 28.
37. Repasamos:
Antonio Vivaldi naceu na cidade de Venecia, en Italia. Foi violinista profesional e tamén director musical. Escribiu máis de 800 obras, entre elas "Las cuatro estaciones" cunha música á primavera, outra ao verán, outra ao outono e outra ao inverno.
Amadeus Mozart, como vimos no conto na clase, pasaba moitas tardes escoitando como a súa irmá Nannerl tocaba o piano e quixo aprender a tocalo el tamén. Amadeus aprendeu a tocar o piano aos tres anos, e aos cinco anos xa daba concertos. Amadeus non foi á escola. O seu pai Leopold era músico e profesor e ensináballe Música, Matemáticas e idiomas. Leopold decidiu que os seus fillos, Nannerl e Amadeus debían dar concertos polo mundo. Amadeus compuxo música para tocar e música para cantar. Unha obra moi coñecida para cantar é "La flauta mágica" e unha obra moi coñecida para tocar é "Marcha turca".
Ludwig Van Beethoven tamén aprendeu piano co seu pai, que era músico, e máis tarde con outros mestres de Música. Traballou como pianista. Aos 26 anos comezou a quedarse bastante xordo e pouco a pouco quedou sen poder oír nada. Aínda así seguía facendo música. Como a facía sen oír?. Pois a partir das vibracións do son, ese tipo de temblores que podemos notar a través do tacto cando a música está sonando. Unha das obras máis coñecidas de Beethoven é "Para Elisa", adicada a unha muller que se chamaba así.
Camille Saent-Saëns aprendeu música coa súa nai e coa súa tía, e tamén aprendeu a tocar moi cedo o piano. Compuxo moitas obras, unha delas é "El carnaval de los animales", con varias pezas musicais que representan os movementos e sons de varios animais. En clase traballamos "La marcha del león". Lembras?.
38. Coa información anterior fai a páxina 29. Emprega unha cor diferente para cada compositor. Une a imaxe dun compositor da primeira columna coa súa información na segunda columna, a información da segunda columna coa súa obra musical na terceira columna, e a súa obra musical co nome do compositor na cuarta columna.
Envío da tarefa 9: Envíanse as páxinas do caderno e o vídeo da frauta os que aínda non o enviaron. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden tomar unha fotografía da práctica da escritura da clave de sol e das notas SI, LA, SOL no pentagrama empregando as figuras de negra, corchea e silencio, e tamén o vídeo da frauta e enviala a musicavitaminica@gmail.com.
38. Coa información anterior fai a páxina 29. Emprega unha cor diferente para cada compositor. Une a imaxe dun compositor da primeira columna coa súa información na segunda columna, a información da segunda columna coa súa obra musical na terceira columna, e a súa obra musical co nome do compositor na cuarta columna.
Envío da tarefa 9: Envíanse as páxinas do caderno e o vídeo da frauta os que aínda non o enviaron. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden tomar unha fotografía da práctica da escritura da clave de sol e das notas SI, LA, SOL no pentagrama empregando as figuras de negra, corchea e silencio, e tamén o vídeo da frauta e enviala a musicavitaminica@gmail.com.
Ata a semana que vén.
Tarefa "Queda na casa 10"
39. Ditados.
Vai á páxina 31 do caderno e numera os pentagramas e todos os ritmogramas así:
Primeiro pentagrama: Colle a pintura morada para a nota SI (3ª liña), a azul escura para LA (2º espazo) e a azul clara para SOL (2ª liña). Escribe no espazo ou na liña correspondente as seguintes notas: SOL-LA-SI-LA-SI-LA-SOL-SOL.Escoita como sona o que acabas de escribir:
Segundo pentagrama: Escribe SI, LA ou SOL segundo o son que escoites:
Terceiro pentagrama: Crea o teu propio ditado de notas con SI, LA e SOL na orde que prefiras.
Cuarto pentagrama: Escribe de novo as notas que escribiches no terceiro pentagrama con figuras de negra (lembra: cabeza rechea+plica).
Quinto pentagrama: Escribe de novo as notas que escribiches no cuarto pentagrama con figuras de branca (cabeza sen rechear+plica).
Imos agora cos ritmogramas. Nos ritmogramas 1º e 2º coloca a fórmula do compás de 2 tempos (lembra: ao comezo un 2 e unha negra coa plica cara abaixo e á esquerda).
Nos ritmogramas 3º e 4º coloca a fórmula do compás de 3 tempos (un 3 e unha negra).
Primeiro ritmograma: Escribe NEGRA, NEGRA- PARELLA DE CORCHEAS, SILENCIO- SILENCIO, NEGRA-NEGRA-PARELLA DE CORCHEAS. Así: (coloca os pulsos, as liñas divisorias e a dobre barra final).
Segundo ritmograma: Escribe o ritmo que escoites a continuación:
Terceiro ritmograma: Crea o teu propio ditado rítmico en compás de 3 tempos (se queres empregar a figura de branca lembra que dura 2 tempos).
Cuarto ritmograma: Escribe o ritmo que escoites a continuación. Escóitao tantas veces como necesites (coloca os pulsos, as liñas divisorias e a dobre barra final):
40. Por último fai a páxina 30 do caderno.
Envío da tarefa 10: Envíanse as páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com. Esta é a última tarefa do curso. Non haberá máis tarefas de Música nin de Plástica. Pódese enviar esta e as anteriores que estean pendentes de envío ata o venres 5 de xuño.