O blues é un estilo musical que naceu nos Estados Unidos de América durante o século XIX, coas cancións que a xente escrava procedente do oeste de África interpretaba para facer máis amenas as duras xornadas de traballo no campo.
A radio é un medio de comunicación que naceu a finais do século XIX, pero que empezou a funcionar de maneira regular na década de 1920.
Coa chegada de internet, algunhas emisoras pasaron a emitir pola rede e moitas ofrecen servizos de radio "á carta" que permiten seleccionar os contidos e descargalos en arquivos chamados podcasts.
Nos programas de radio empréganse diferentes recursos sonoros:
. Sintonía: é a música que identifica un programa e que soa ao comezo e ao final deste.
. Cortina: é música de curta duración que separa as diferentes seccións dentro dun mesmo programa.
. Indicativo ou golpe de efecto: son efectos sonoros que chaman a atención do oínte e reforzan ou intensifican o momento de falar.
A nota mi agudo (mi´) colócase no cuarto espazo do pentagrama.
COMPÁS 6/8
O compás de 6/8 consta de6 corcheasrepartidas en dous temposmusicais.Polo tanto, cada tempo ten tres corcheas. Así, o 6/8 é uncompás binario(porque ten dous tempos) e desubdvisión ternaria(porque cada tempo se subdivide en tres partes).
A figura de tempo é a negra con punto e a figura de compás a branca con punto.
O primeiro tempo do compás é forte e o segundo débil. Márcase o primeiro abaixo e o segundo arriba.
Ritmo en 6/8
Escritura 6/8
Frase melódica en 6/8
Como ves, o primeiro tempo do primeiro compás ocúpano as tres corcheas mi fa sol e o segundo tempo outras tres, fa mi re. No segundo compás emprégase, en cambio, unha negra con punto (que equivale a tres corcheas) para rechear o segundo tempo.
Escoita como sona unha melodía en compás de 6/8:
LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS
(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)
1
2
3
4
5
6
7
8
LOS PICAPIEDRA
Primeira parte
SOL DO DO´ LA SOL DO
SOL FA MI MI FA SOL DO RE MI
SOL DO DO´LA SOL DO
SOL FA MI MI FA SOL DO RE DO
Segunda parte
SI MI DO´SI SI LA LA SI LA
LA RE SI LA LA SOL SOL LA SOL
Parte final
SOL DO DO´LA SOL DO
SOL FA MI MI FA SOL DO RE
MI FA SOL DO RE
MI FA SOLDO´RE´DO
CREACIÓN DE RITMOS
A MÚSICA ELECTRÓNICA
A música electrónica xurdiu a finais do século XIX en Europa. Durante o século XX estendeuse á música popular, e deu lugar a estilos como o house, o dance, o tecno ou o trance.
é un tipo de música creada por medio do uso de diferentes instrumentos electrónicos que inclúen os sintetizadores, empregadores ou ordenadores. Unha música relacionada coainnovación tecnolóxica.
Caracterízase principalmente por:
Producir sons utilizando aparellos electrónicos como o sintetizador, o samplerou ordenadores.
Utilizar instrumentos musicais electrónicos e tecnoloxía.
Permitir incluir modificacións de voz e ritmos de fondo.
Os instrumentos electrófonos utilizan a electricidade para emitir ou modificar o son. Poden ser de dous tipos:
- Os que producen o son de maneira convencional pero que o amplifican grazas á enerxía eléctrica, como a guitarra eléctrica ou o baixo eléctrico.
- Os que xeran o son grazas á electricidade, como o sintetizador, un instrumento capaz de crear novos timbres, modificar o timbre dos instrumentos coñecidos e incluso mesturalos.
Dentro dos instrumentos electrónicos podemos mencionar os seguintes:
O teclado (tamén chamado órgano eléctrico)
Guitarra eléctrica
Baixo eléctrico
Batería eléctrica
E máquinas como:
Tornamesa (utilizada por los DJ’s)
Caixa de ritmos
Ordenador
Outros instrumentos adaptáronse para funcionar como un instrumento eléctrico, como o saxofón eléctrico e a trompeta eléctrica.
COMENTARIO DE PARTITURA
Para comentar unha partitura imos redactando cada paso dos que se indican a continuación, describindo coas nosas palabras o que sabemos dos diferentes elementos que aparecen.
1º Tipo de compás: Esta partitura/este fragmento musical, esta melodía... está nun compás de 2/4, 3/4, 4/4, 6/8...
2º Número de compases (contando as repeticións): Ten tantos compases.
3º Figuras: a figura de menor duración é... e a de maior duración é...
4º Notas: a nota máis grave é .... e a máis aguda é....
6º Intensidade: a música comeza piano e no cuarto compás cambia a forte. Finalmente, volve a sonar piano ata o final.
Podes practicar comentando os seguintes fragmentos musicais:
1
2
A ORQUESTRA. PERCUSIÓN
A sección de percusión na orquestra é variable e depende de cada obra.
Algúns dos instrumentos máis frecuentes son: CAIXA, TIMBAIS, TRIÁNGULO, MARIMBA, PRATO, BOMBO, CAMPÁS TUBULARES, GONG.
SIGNOS DE REPETICIÓN
Ademais dos signos que xa coñeces, existen outras formas de indicar repeticións da música nas partituras:
• Da Capo («desde a cabeza» en italiano) indica que a música se repite desde o principio.
• Da Capo al Fine(«desde a cabeza ata a fin» en italiano) utilízase para repetir a música desde o principio ata onde se encontra a palabra Fine.
AS ALTERACIÓNS
As alteracións son signos que modifican a altura da nota que as leva (fana soar máis aguda ou máis grave) ou déixana como estaba. Aumentan ou diminúen 1 semitón.
-Díese/Sostenido (#). Altera un semitón ascendente a altura da nota que a leva.
- Bemol (♭). Altera un semitón descendente a altura da nota que o leva.
- Becadro (♮). Anula o efecto da díese e do bemol. É dicir, se unha nota tendíese ou bemol, e despois aparece con becadro, a nota é natural; ou sexa, como se non levase nada. Unha nota con becadro é igual a unha nota non alterada.
No piano as teclas brancas pertencen a notas naturais e entre elas hay un ton. As teclas negras pertenen a notas alteradas; dunha negra a unha branca hai un semitón.Entre o conxunto de notas das teclas brancas e as das teclas negras obtemos moita máis variedade de sons.
As alteracións poden ser:
- Propias: Cando están na armadura da partitura (entre a clave e o indicador do compás).IMPORTANTE: Estas alteracións afectan ás notas que as levan ao longo de toda a peza. - Accidentais:Cando están colocadas nas notas de maneira individual. Afectan a esa nota ao longo de todo o compás. - De precaución:Van entre parénteses para lembrar que a nova situación da nota.
Como podes ver, no 3º compás hai un fa# e no 4º a alteración de precaución lémbranos que o fa xa non está alterado.
Aquí vemos que na armadura hai un si bemol e no 3º compás un bemol quenos indica que ese si segue sendo bemol.
A díese e o bemol tamén se poden indicar ao comezo do pentagrama; nese caso afecta a todas as notas do mesmo nome que haxa na partitura.