Curso 2025-2026

COMEZANDO COS INSTRUMENTOS EN 1º

O alumnado de primeiro curso está experimentando cos instrumentos de aula para aprender o seu correcto manexo e realizando os primeiros acompañamentos sinxelos con eles.









Badinerie-Bach

La bataille-Mozart


AS SECCIÓNS MUSICAIS EN 6º


Practicando coas diferentes partes e seccións musicais para aprender a identificalas e a diferencialas en diferentes composicións.

A execución de secuencias, a coordinación conxunta e a creatividade para a improvisación conflúen nestas actividades nas que o alumnado de sexto desenvolve as súas habilidades ao tempo que interioriza os contidos tratados e coñece obras de diferentes estilos e compositores.




Rematan sabendo transcribir aquelo que vivenciaron e que recoñecen auditivamente.

 

 

 

Moi ben por este voluntario!.

Por certo, pupitre perfectamente ordenado 😉👌


CANCIÓN DA AMIZADE EN 3º

Que gozada ver como desfrutan con cada canción que aprenden as nenas e nenos de 3º!. Esta canción fomenta a amizade e o compañeirismo. 




A CLAVE DE SOL EN 1º

Practicando a clave de sol movéndonos, cantando, facendo a súa forma e escribíndoa nas clases de 1º.

Este signo musical indica como se chaman as notas e hai que colocalo sempre ao comezo do pentagrama cando queiramos crear unha melodía.


Estalles gustando moito aprendela porque, como eles din, "é a que manda na música".







 










RAPEAMOS POLO MAGOSTO


Castaña, castaña

 do chan se apaña,

metida no ourizo

non é unha patraña!.

Magosto, magosto,

non vaias co posto,

leva castañas

alegra ese corpo.

Coidado cos dedos

pódeste picar,

o castiñeiro protexe

o seu froito vital.

Apañando con tino,

metendo nun cesto,

deixando secar

a castaña ao soleiro.

Despois de ben secas

metemos o dente, 

poñémolas ao lume

para que estean ben quentes.

Tan só nun tempiño

están preparadas,

comemos castañas

castañas asadas!.

Tamén é costume

furar a tixola, 

para asar as castañas

a tixola mola!.


Recitado da letra: 

1ª estrofa: 1º EP

2ª estrofa: 4º, 5º e 6º EI

3ª estrofa: 2º EP

4ª estrofa: 3º EP

5ª estrofa: 4º EP

6ª estrofa: 5º EP

7ª estrofa: 6º EP