TOCANDO LÁMINAS EN 4º
Por: Música Vitamínica o 22.1.24 / comentarios: 2 4º, cerebro musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, interpretación, tocar
Con melodía e acompañamento tocaron as rapazas e os rapaces de cuarto Un mercado persa de Albert William Ketèlbey.
Cunha práctica eficaz conseguen coordinarse e ser quen de tocar en conxunto ao tempo de non perderse coa parte do grupo compañeiro.
Tamén traballan a execución a partires da lectura e a memoria de pequenos fragmentos desenvolvendo a conciencia musical.
Hoxe xa houbo máis voluntarias e voluntarios. Notouse o repaso semanal. Xenial!.
OBRAS E COMPOSITORES EN 1º
Por: Música Vitamínica o 16.1.24 / comentarios: 1 1º, audición activa, compositores, cultura musical, obras célebres
Estes días o alumnado de 1º está coñecendo diferentes obras clásicas e os seus compositores.
Diferenciando elementos característicos de cada unha, poden identificalas unha vez as recoñecen tras a súa escoita.
Comezamos con Leroy Anderson e Tchaikosvsky.
Continuamos con Camille Saint Saëns e a súa Marcha del león da obra El carnaval de los animales.
Así de ben o fixeron:
TOCANDO CON NOVOS INSTRUMENTOS EN 2º
Por: Música Vitamínica o 14.1.24 / comentarios: 0 2º, aprendizaxe, baquetas, cerebro musical, láminas, percusión
O alumnado de segundo xa coñece os nomes dos instrumentos de láminas e pouco a pouco vai ir experimentando a súa sonoridade e posibilidades.
Esta semana iniciáronse na aprendizaxe do uso das baquetas para poder pasar a tocar estes instrumentos de percusión.
Iniciación á tecnica das baquetas