Curso 2025-2026

TOCANDO E CANTANDO EN 3º


Aquí temos as rapazas e os rapaces de terceiro interpretando esta canción popular francesa. Dáselles moi ben tocar instrumentos de láminas e poñen moito interese na aprendizaxe do canto.

Escóitaos!.






TOCANDO LÁMINAS EN 4º


Con melodía e acompañamento tocaron as rapazas e os rapaces de cuarto Un mercado persa de Albert William Ketèlbey.

Cunha práctica eficaz conseguen coordinarse e ser quen de tocar en conxunto ao tempo de non perderse coa parte do grupo compañeiro.

Tamén traballan a execución a partires da lectura e a memoria de pequenos fragmentos desenvolvendo a conciencia musical. 

Hoxe xa houbo máis voluntarias e voluntarios. Notouse o repaso semanal. Xenial!.


 

 

 


 


 


 


 


 


 





OBRAS E COMPOSITORES EN 1º


Estes días o alumnado de 1º está coñecendo diferentes obras clásicas e os seus compositores.

Diferenciando elementos característicos de cada unha, poden identificalas unha vez as recoñecen tras a súa escoita.

Comezamos con Leroy Anderson e Tchaikosvsky.










 

 

Continuamos con Camille Saint Saëns e a súa Marcha del león da obra El carnaval de los animales.

Así de ben o fixeron:









TOCANDO CON NOVOS INSTRUMENTOS EN 2º

O alumnado de segundo xa coñece os nomes dos instrumentos de láminas e pouco a pouco vai ir experimentando a súa sonoridade e posibilidades.

Esta semana iniciáronse na aprendizaxe do uso das baquetas para poder pasar a tocar estes instrumentos de percusión.


Iniciación á tecnica das baquetas