Curso 2025-2026

UNIDADE 4 6º

 O SANCRISTÁN DE COÍMBRA-canción popular galega


O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras (bis)
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras (bis)

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis) 

O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten mulleres (bis)
Está casado coa area,
dálle bicos cantos quere (bis)

-Retrouso-

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado (bis)
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado (bis)

-Retrouso-

A miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coímbra (bis)
porque dicen os rapaces:
que leiteiriña máis linda! (bis)

-Retrouso-

UNIDADE 4 5º

 A PRODUCIÓN DA VOZ

  

Como se produce a voz?. 
O aire, desde os pulmóns, pasa pola larinxe saíndo pola boca.
Cando ao longo do seu percorrido e antes de saír pola boca, se atopa coas cordas vocais, estas vibran e prodúcese o son
Logo, o aire segue o seu camiño e o son resona na boca e amplifícase (amplíase, agrándase) na cavidade nasal, na cabeza e na caixa torácica.

UNIDADE 4 4º

UNIDADE 4 3º

LECTURAS RÍTMICAS

UNIDADE 4 2º

AUDICIÓNS

Glop, glop, glop

UNIDADE 4 1º

A CLAVE DE SOL

 

UNIDADE 3 6º

LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

Compás binario, ternario e cuaternario

UNIDADE 3 5º

O TEMPO

UNIDADE 3 4º

O TEMPO


O CARÁCTER


A DINÁMICA




REPASO LECTURA DE NOTAS
Tempo, carácter e dinámica.

UNIDADE 3 3º

A TESITURA

tesitura é o conxunto de notas que unha persoa pode cantar ou que un instrumento pode tocar. Dependendo das cordas vocais que cada persoa ten e do tamaño de cada instrumento, poderá ter unha tesitura máis grande ou máis pequena. Por exemplo, o xilófono ten unha tesitura pequena, o clarinete ten unha tesitura media e o piano ten unha tesitura grande.
Escoita a tesitura do xilófono, a tesitura do clarinete e a tesitura do piano:

 

A que outro instrumento pensas que pertence esta tesitura?.


Escoita a voz coa tesitura máis grave que se coñece.

    


 FRERE JACQUES - canción popular francesa


CANTAMOS:                  TOCAMOS:

  

UNIDADE 3 2º

TOCAMOS INSTRUMENTOS DE LÁMINAS

UNIDADE 3 1º

ALLA TURCA-Mozart

Escoita "Alla turca" e axuda a Mozart coa súa música dando unha palmada para recoller cada negra.

         

  CANCIÓN La casita de las notas     

   

UNIDADE 2 6º

AS FUNCIÓNS DA MÚSICA

A MÚSICA INFLÚE NO NOSO ESTADO DE ÁNIMO E NAS NOSAS EMOCIÓNS. PODE AXUDAR A RELAXARNOS E A CONCENTRARNOS, PERO TAMÉN PODE INFUNDIRNOS VALOR E ENERXÍA.

ADEMAIS, A MÚSICA REFORZA O SENTIMENTO DE PERTENZA A UN GRUPO. A MÚSICA ÚNENOS!.

A música inflúe no noso estado de ánimo e pode cumprir diversas funcións:

• Relaxar: como os arrolos ou a música de meditación, que adoitan ter un tempo lento, unha intensidade suave e unha melodía repetitiva.


Cançao do mar-Dulce Pontes

• Estimular: como a música de baile ou para festexar acontecementos, que normalmente teñen melodías animadas que transmiten optimismo.

• Fomentar a pertenza a un grupo: como os himnos nacionais, universitarios ou deportivos, que adoitan ter un tempo medio e un carácter emotivo, con letras que reforzan a unión e o sentimento de compartir un obxectivo común.

  
  

• Comunicar e persuadir: como os jingles, que nos intentan convencer das virtudes dun produto, teñen ritmos e melodías apegadizos, e letras rimadas fáciles de lembrar.

  





SECCIÓNS DUNHA OBRA MUSICAL


Ademais das partes principais que dan forma a unha obra musical (A, B, C…), hai seccións que completan o conxunto, son as seccións menores:

• A introdución soa ao principio e serve para captar a atención do oínte e presentar o estilo, o carácter e a velocidade da peza.

• ponte, tamén chamada interludio, enlaza dúas partes e adoita ser breve e instrumental.

• A coda (que en italiano significa «cola») é a sección final dunha obra e nas partituras indícase co signo Ø.

PLINK, PLANK, PLUNK- Leroy Anderson    


                              DÉJAME- Los secretos        


                                              KOKOLEOKO          


                                                 GUILLERMO TELL                   
                                            




A MÚSICA POP

A música pop ou popular (pop music) xurdiu nos Estados Unidos de América e en Inglaterra a finais da década de 1950. É un tipo de música especialmente dirixida á mocidade e conta cunha gran presenza nos medios de comunicación, que participan activamente para difundila.

As cancións pop adoitan ser de curta ou media duración, con melodías sinxelas e apegadizas, e cunha estrutura que combina estrofas e retrouso. O mesmo ca no rock, na música pop están moi presentes os instrumentos electrófonos e a batería, aínda que a súa presenza é máis suave. Ademais, aprovéitanse todos os recursos tecnolóxicos que ofrece o estudio de gravación.

Bing Crosby foi o primeiro cantante apodado "o rei da música popular", pola popularidade que acadou en todo o mundo durante as décadas 1940, 1950 e 1960.

Frank Sinatra tamén contribuiu á popularización da música pop.

Madonna está considerada a artista pop con máis venda de discos.

Michael Jackson é coñecido como "o rei do pop" desde a década de 1980 ata a actualidade e o seu álbume Triller posúe o récord do máis vendido de todos os tempos.

Cher abriu o camiño a moitos artistas do xénero pop.

The Beatles tamén abarcaron o xénero pop e foi o grupo con maiores vendas.

Música de aula:

                               Título: Fábrica de luz                                Título: O tren

                               Grupo: A banda da loba                            Intérprete: Andrés do Barro

    

                             

                              Título: Déjame                                      Título: Rolling in the deep

                              Grupo: Los secretos                                               Intérprete: Adele

 

                               Título: Thriller                                                Título: Radio Ga ga
                               Intérprete: Michael Jackson                                        Grupo: Queen

 

Coñece datos sobre a canción Fábrica de luz aquí.
Coñece datos sobre a canción O tren aquí.
Coñece datos sobre a canción Déjame aquí.
Coñece datos sobre a canción Rolling in the deep aquí.
Coñece datos sobre a canción Thriller aquí.
Coñece datos dobre a canción Radio Ga Ga aquí.

IMPORTANTE: Cando comentes faino incluíndo algún dato lido na entrada.


 A BATERÍA


batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista. 

É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.


A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.


A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son: 

Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe).


Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete.

Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico.

Pratos: dous discos metálicos que se golpean con baquetas e vasoiriñas (imaxe).


Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal.


Batería acústica



Escoita como sona cada un dos elementos: 


Baterista solista


Batería electrónica



ACTIVIDADEPractica completando os elementos da batería.



 

Instrumentos galegos


Instrumentos virtuais


 INSTRUMENTOS EXÓTICOS

A pipainstrumento cordófono pulsado que funciona como solista e tamén como acompañante, ten 4 cordas y certa semellanza co laúde. A súa forma é de pera, é de orixe chinesa e data do século II a.C. Ademais, ten un mastro curvo e curto con 38 trastes. A pipa tócase coas unllas.

A kora instrumento cordófono de orixe africana, cuxo son lembra un arpa. A súa caixa de resonancia constrúese coa metade dunha cabaza grande forrada con coiro. Ten unha ponte con fendeduras colgando desde o mastro, no que se asentan 20 ou 21 cordas.

A balalaikainstrumento cordófono de orixe rusa, con caixa de resonancia triangular, chá e cunha pequena abertura. Ten 3 cordas metálicas e un mastro longo.

A bandurra ucranianainstrumento cordófono pulsado, orixinario de Ucrania. 

Está formada por unha caixa de resonancia de madeira. As cordas van nun mastro curto sen trastes.


Idea con instrumento de pequena percusión caseiro