AS FUNCIÓNS DA MÚSICA
A MÚSICA INFLÚE NO NOSO ESTADO DE ÁNIMO E NAS NOSAS EMOCIÓNS. PODE AXUDAR A RELAXARNOS E A CONCENTRARNOS, PERO TAMÉN PODE INFUNDIRNOS VALOR E ENERXÍA.
ADEMAIS, A MÚSICA REFORZA O SENTIMENTO DE PERTENZA A UN GRUPO. A MÚSICA ÚNENOS!.
A música inflúe no noso estado de ánimo e pode cumprir diversas funcións:
• Relaxar: como os arrolos ou a música de meditación, que adoitan ter un tempo lento, unha intensidade suave e unha melodía repetitiva.
• Estimular: como a música de baile ou para festexar acontecementos, que normalmente teñen melodías animadas que transmiten optimismo.
• Fomentar a pertenza a un grupo: como os himnos nacionais, universitarios ou deportivos, que adoitan ter un tempo medio e un carácter emotivo, con letras que reforzan a unión e o sentimento de compartir un obxectivo común.
• Comunicar e persuadir: como os jingles, que nos intentan convencer das virtudes dun produto, teñen ritmos e melodías apegadizos, e letras rimadas fáciles de lembrar.
SECCIÓNS DUNHA OBRA MUSICAL
Ademais das partes principais que dan forma a unha obra musical (A, B, C…), hai seccións que completan o conxunto, son as seccións menores:
• A introdución soa ao principio e serve para captar a atención do oínte e presentar o estilo, o carácter e a velocidade da peza.
• A ponte, tamén chamada interludio, enlaza dúas partes e adoita ser breve e instrumental.
• A coda (que en italiano significa «cola») é a sección final dunha obra e nas partituras indícase co signo Ø.
A MÚSICA POP
A música pop ou popular (pop music) xurdiu nos Estados Unidos de América e en Inglaterra a finais da década de 1950. É un tipo de música especialmente dirixida á mocidade e conta cunha gran presenza nos medios de comunicación, que participan activamente para difundila.
As cancións pop adoitan ser de curta ou media duración, con melodías sinxelas e apegadizas, e cunha estrutura que combina estrofas e retrouso. O mesmo ca no rock, na música pop están moi presentes os instrumentos electrófonos e a batería, aínda que a súa presenza é máis suave. Ademais, aprovéitanse todos os recursos tecnolóxicos que ofrece o estudio de gravación.
Bing Crosby foi o primeiro cantante apodado "o rei da música popular", pola popularidade que acadou en todo o mundo durante as décadas 1940, 1950 e 1960.
Frank Sinatra tamén contribuiu á popularización da música pop.
Madonna está considerada a artista pop con máis venda de discos.
Michael Jackson é coñecido como "o rei do pop" desde a década de 1980 ata a actualidade e o seu álbume Triller posúe o récord do máis vendido de todos os tempos.
Cher abriu o camiño a moitos artistas do xénero pop.
The Beatles tamén abarcaron o xénero pop e foi o grupo con maiores vendas.
Música de aula:
Título: Fábrica de luz Título: O tren
Grupo: A banda da loba Intérprete: Andrés do Barro
Título: Thriller Título: Radio Ga ga
Coñece datos sobre a canción Fábrica de luz aquí. Coñece datos sobre a canción O tren aquí. Coñece datos sobre a canción Déjame aquí. Coñece datos sobre a canción Rolling in the deep aquí. Coñece datos sobre a canción Thriller aquí. Coñece datos dobre a canción Radio Ga Ga aquí.
IMPORTANTE: Cando comentes faino incluíndo algún dato lido na entrada.
A BATERÍA

A batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista.
É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.
A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.
A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son:
. Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe).
. Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete.
. Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico.
. Pratos: dous discos metálicos que se golpean con baquetas e vasoiriñas (imaxe).
. Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal.
Batería acústica
Escoita como sona cada un dos elementos:
Baterista solista
Batería electrónica
ACTIVIDADE: Practica completando os elementos da batería.
Instrumentos galegos
Instrumentos virtuais
INSTRUMENTOS EXÓTICOS
A pipa: instrumento cordófono pulsado que funciona como solista e tamén como acompañante, ten 4 cordas y certa semellanza co laúde. A súa forma é de pera, é de orixe chinesa e data do século II a.C. Ademais, ten un mastro curvo e curto con 38 trastes. A pipa tócase coas unllas.
A kora: instrumento cordófono de orixe africana, cuxo son lembra un arpa. A súa caixa de resonancia constrúese coa metade dunha cabaza grande forrada con coiro. Ten unha ponte con fendeduras colgando desde o mastro, no que se asentan 20 ou 21 cordas.
A balalaika: instrumento cordófono de orixe rusa, con caixa de resonancia triangular, chá e cunha pequena abertura. Ten 3 cordas metálicas e un mastro longo.
A bandurra ucraniana: instrumento cordófono pulsado, orixinario de Ucrania.
Está formada por unha caixa de resonancia de madeira. As cordas van nun mastro curto sen trastes.
Idea con instrumento de pequena percusión caseiro