UNIDADE 9 6º

OS XÉNEROS ESCÉNICOS (6ºA)

Ópera – Forma de teatro que combina música, canto e danza.
Musical – Obra de teatro que inclúe cancións e danzas como parte da narrativa da historia.
Comedia –  Obra de teatro deseñada para facer rir aos espectadores.
Traxedia – Obra de teatro que presenta eventos tristes ou serios, a miúdo cun final desafortunado.

OS MÉTODOS INTERPRETATIVOS

MÉTODO STANISLAVSKY

Enfócase na busca da verdade emocional na actuación. Os actores sumérxense profundamente no mundo interior dos seus personaxes, buscando conectar de maneira auténtica coas súas emocións.

Trátase de recrear ante o espectador unha verdade totalmente realista e crible facendo que o actor busque as sensacións do personaxe na súa pel, facéndose sempre a pregunta: "Se eu estivera no lugar do personaxe ¿que faría el? ¿que sentiría? " etc.


MÉTODO GROTOWSKY

Baséase nos estímulos, impulsos e reaccións dos actores, creando artistas totalmente sensibles a calquera cousa que pase sobre o escenario, con fascinación e estimulación psíquica.


MÉTODO CHEJOV

Enfócase nas "imaxes" atendendo a distintos puntos como: a concentración, a imaxinación, a calidades das accións, a atmosfera, o obxectivo e a improvisación; todo elo marcado polas sensación de facilidade, de forma, de beleza, de totalidade, que dotan ao actor da liberación de tensións perxudiciais. Relaciona un xesto cun estado psicolóxico.


MÉTODO ADLER

Trata a imaxinación como ferramenta central do traballo.
O actor debe crer no seu personaxe e deixar que a súa imaxinación constrúa imaxes, sensacións e toda unha historia persoal arredor del.

MÉTODO STRASBERG
Trátase de potenciar todo o traballo de memoria emocional eliminando das circunstancias dadas todos os datos que non teñen un efecto directo sobre o corpo emocional do actor.

MÉTODO MEISNER
Céntrase na escoita e a resposta entre os actores. A través de exercicios de improvisación e repetición, aprenden a reaccionar de maneira xenuina no momento presente.
 

 

 DRAMATIZAMOS

Actividades:

Para que serve? (imaxinación)

Emociónate (expresión)

A nosa historia (expresión e creatividade)


LA VIDA ES BELLA (6ºB e 6ºC)

Ficha técnica e artística 

Título orixinal: La vita é bella 

Dirección: Roberto Benigni.

Guión: Vincenzo Cerami e Roberto Benigni.

Interpretación: Roberto Benigni (Guido), Nicoletta Braschi (Dora), Giorgio Cantarini (Giosué), Giustino Durano (tío Eliseo), Giuliana Lojodice (directora), Sergio Bini Bustric (Ferruccio), Marisa Paredes (nai de Dora), Horst Buchholz (Dr. Lessing), Amerigo Fontani, Pietro De Silva, Francesco Guzzo, Raffaella Lebboroni, Claudio Alfonsi, Gil Baroni, Massimo Bianco. 

Producción: Gianluigi Braschi e Elda Ferri.

Fotografía: Tonino Delli Colli.

Música: Nicola Piovani.

País: Italia.

Ano: 1997.

Duración: 120 minutos.

Cualificación: Para todos os públicos.


La vida es bella é unha obra do cine italiano, dirixida e protagonizada por Roberto Benigni, que se estrenou no 1997 e conquistou o corazón de millóns de espectadores en todo o mundo. 

Cunha mestura de humor e de drama, esta película amosa a capacidade de resistir e de soñar do ser humano ante as circunstancias máis adversas e dolorosas. Neste caso, a situación dunha familia que loita por sobrevivir.


La vida es bella foi recoñecida con sete nominacións aos premios Óscar, das cales gañou tres: unha ao mellor actor (o protagonista), outra á mellor película de fala non inglesa, e outra á mellor banda sonora


Trama:


Guido Orefice é un home optimista e divertido que chega á cidade de Arezzo co soño de abrir una libraría. Alí coñece por casualidade a Dora, unha mestra que está comprometida cun fascista chamado Rodolfo. 

Guido namórase perdidamente dela e conquístaa co seu inxenio e encanto, facendo que Dora abandone o seu prometido e case con el.  

Teñen un fillo, Giosue, que herda a alegría e a curiosidade do seu pai.


Sen embargo, a felicidade da familia vese truncada cando estala a guerra e os tres son deportados a un campo de concentración por ser xudíos. Alí, Guido fará todo por protexer o seu fillo da crueldade e do horror que lles rodea, facéndolle crer que todo é parte dun xogo.


A banda sonora (premendo nos títulos das cancións, podes escoitalas)

As bandas sonoras son fundamentais no cine, porque inciden nos aspectos emotivos que plantexan as escenas: o amor, o suspense, etc. Serven para crear momentos culmes, para determinar atmosferas e para preparar o espectador. 

Nesta película a música é moi importante e foi elixida e creada con moito coidado. 

. La Vita è Bella:

Esta banda sonora equilibra a comedia e a traxedia. De feito gañou o premio Óscar á Mellor Banda Sonora Orixinal en 1999.

O tema principal, "La Vita è Bella", é a peza máis icónica da banda sonora. A súa melodía é sinxela e alegre, interpretada principalmente con piano e máis instrumentos de corda, transmite sensación de optimismo e de esperanza. 

O tema principal preséntase en diferentes momentos ao longo da película. Nos momentos de alegría e de romance entre Guido e Dora a melodía é festiva. E nos momentos máis difíciles, como a deportación ao campo de concentración, o tempo da melodía vólvese lento, reflexando o horror da situación.

A canción chámase «Beautiful That Way» e é interpretada pola cantante Noa con música de Nicola Piovani.

Pódese escoitar tamén en Spotify e en Apple Music.

Buongiorno Principessa: La Serenata del Amor

"Buongiorno Principessa" (Buenos días, princesa) é outra peza destacada, asociada coa ilusión de Guido por Dora. A música agora é romántica.

Grand Hotel Fox

 "Grand Hotel Fox": Baile en el compromiso de Dora.

Barcarolle de Jacques Offenbach: (Barcarola)

«Barcarola» (Belle nuit, ô nuit d’amour) é a peza de ópera que se escoita na escena do gramófono. O seu compositor é Jacques Offenbach. Compúxoa para dúas voces femininas para a súa ópera Los cuentos de Hoffmann. La Barcarola non pertenence á partitura orixinal de Nicola Piovani.

Na película emprégase esta música como un símbolo da perda e da nostalxia no campo de concentración.

Que é un leimotiv?

Un leitmotiv é un tema musical recorrente asociado a un personaxe, a un lugar ou a unha idea concreta. Por exemplo, o tema principal, "La Vita è Bella", está ligado ao personaxe de Guido e á súa visión optimista da vida. Sona en escenas nas que está Guido.

O tema "Buongiorno Principessa" está asociado co amor entre Guido e Dora. Cada vez que Guido expresa o seu afecto por Dora, sona este tema.

O silencio emprégase nalgúns momentos clave da película. É dicir, a música detense por completo, deixando ao espectador nun silencio inquietante, sentindo o peso da situación, como nas escenas do campo de concentración. 

Resumo da película en imaxes co tema principal da banda sonora:




UNIDADE 9 5º

A TEATRALIDADE


teatralidade é a calidade do teatro que fai referencia ao conxunto de signos e de sensacións construidas dentro dunha escena a partir dun argumento que xa foi escrito.

CARACTERÍSTICAS DA TEATRALIDADE

1. Fai que o espectador vibre ao mesmo tempo que o fan os actores.
2. Permite ao espectador vivir unha escena con drama, reflexión, crítica, divirtíndose e emocionándose.
3. Pretende conmover as emocións dos espectadores.

ESTRUTURA DUNHA OBRA DE TEATRO
A maioría das obras de teatro divídense en tres actos, cada un coa súa propia función e propósito.
O primero acto emprégase para presentar os personaxes, establécese o escenario da situación inicial e introdúcese o conflito que impulsará a trama. 
O segundo acto desenvolve o conflito e aumenta a tensión dramática, levando os personaxes a enfrontar desafíos e complicacións.
Finalmente, no terceiro acto resólvese o conflito e conclúe a historia.
VOCABULARIO
acto: É a división principal dunha obra de teatro, semellante aos capítulos nunha novela. Unha obra de teatro pode ter un ou varios actos.
escena: Cada acto componse de escenas con situacións que se desenvolven nun mesmo lugar e tempo.
O diálogo: É a conversa entre os personaxes da obra e é a forma na que se desenvolve a trama.
monólogo: É o discurso que un personaxe pronuncia en solitario, sen interactuar con outros personaxes.
O aparte: É unha frase que un personaxe di en voz baixa, que non escoitan os demais personaxes, e que serve para revelar os seus pensamentos ou sentimentos ao público.
As acotacións: Son as indicacións que o autor ou autora dá sobre a posta en escena, como a descrición dos personaxes, o vestiario ou a iluminación.
exposición: É a información que se dá ao público ao comezo da obra para situalo na trama e presentar os personaxes.
:  É o transcurso da obra no que se desenvolve a trama principal e se chega ao punto de máxima tensión.
clímax: É o punto de máxima tensión da trama da obra.
desenlace: É a resolución da trama e o final da obra.


    DRAMATIZAMOS

Actividades:

Afinidades (percepción e expresión)

A través de ti (expresión)

A nosa historia (expresión e creatividade)



UNIDADE 9 4º


 VOCABULARIO

ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN ESCÉNICA

Escenario – Plataforma na que os actores representan a obra.

Escena – Parte da división dunha obra de teatro, na que ocorre una acción concreta.

Guión –  Texto que contén os diálogos e as instrucións da obra.

Ensaio – Práctica que levan a cabo os actores antes da representación final.

ROLES E PROFESIÓNS ESCÉNICAS

Actor, actriz – Profesional que interpreta un papel nunha obra de teatro, película ou outra produción escénica.

Director, directora – Profesional que dirixe a obra de teatro, guiando aos actores e supervisando todos os aspectos dela.

Escenógrafa, escenógrafo – Profesional responsable do deseño e a creación do escenario.

Iluminador, iluminadora – Profesional que se encarga da iluminación do escenario.

Sonidista –  Profesional técnico que manexa o son nunha obra teatral.

Maquillador, maquilladora – Profesional que caracteriza os actores con maquillaxe no rostro como os personaxes que interpretan.

Vestiarista – Profesional que  deseña e prepara os traxes que empregan os actores.

TÉCNICAS NA ARTE DRAMÁTICA

Monólogo – Discurso extendido dun so personaxe nunha obra de teatro.

Diálogo – Conversa  entre dous ou máis personaxes nunha obra de teatro.

Coreografía – Deseño de secuencias de movementos para integralas en danzas.

Improvisación – Creación espontánea dun diálogo ou dunha acción sen seguir un guión preestablecido.

EQUIPAMENTO NA ARTE DRAMÁTICA

Telón – Cortina que se levanta ao comienzo e se baixa ao final dunha obra de teatro.

Micrófono –  Dispositivo de son que se emprega para amplificar a voz dos actores.

Altofalante –  Dispositivo que emite son para que poda ser escoitado polo público.

Proxector – Dispositivo que se emprega para amosar imaxes ou vídeos nunha pantalla grande.

Atrezzo – Conxunto de obxectos empregados nas escenas para apoiar a acción dos actores.

   DRAMATIZAMOS

Actividades:

Escríbeo (imaxinación)

Discordancias (expresión)

O circo (imaxinación e expresión)



UNIDADE 9 3º


AS ARTES ESCÉNICAS


As artes escénicas son un conxunto de disciplinas artísticas que teñen como obxectivo principal a representación en vivo dunha obra fronte ao público nun escenario.

As artes escénicas son a danza, a ópera, o teatro, o musical e o circo.

A combinación de diferentes elementos como a música, o movemento, a interpretación e o deseño escénico crea unha experiencia sensorial única para os espectadores.


Danza

A danza emprega o corpo en movemento en conxugación coa música para expresar emocións e narrar historias.

Existen diferentes tipos de danzas, como a danza clásica ou a danza moderna, cada unha coa súa técnica de movementos.

A danza empregouse ao longo da historia como unha forma de celebración, de expresión cultural e de comunicación non verbal entre as comunidades.


Ópera

A ópera combina a música, a interpretación e a escenografía para contar unha historia. 

Os cantantes empregan as súas voces para dar vida aos personaxes, mentres que a música da orquestra crea o ambiente sonoro axeitado. A ópera é considerada como unha das formas máis complexas de arte escénica, xa que require dun alto nivel de habilidade vocal e interpretativa por parte dos artistas.


Teatro

No teatro, as actrices e actores interpretan personaxes e dialogan entre si para contar unha historia. Empréganse elementos como a escenografía, o vestiario, a iluminación e o son para crear un ambiente que transporte ao público a diferentes lugares e épocas. 


Musical

O musical combina música, canto, danza e interpretación no mesmo espectáculo. 

Os artistas son pois, cantantes, bailaríns e actores.


Circo

O circo combina acrobacias, malabares, equilibrismo, domadores e paiasos para entreter ao público. Os artistas circenses adoitan realizar as actuacións en carpas móbiles, empregando elementos como trapecios, teas acrobáticas e aros. 


 DRAMATIZAMOS


Actividades:

Que dis? (expresión)

Que sona? (percepción e expresión)

O televisor (percepción e acción)

A nosa historia (imaxinación e expresión)