Curso 2025-2026

MÚ 3 5º

Tocamos: 

CAN CAN


Carillón:

DO DO RE FA MI RE SOL SOL 

SOL LA MI FA RE RE

RE FA MI RE DO

DO´SI LA SOL FA MI RE 


DO DO RE FA MI RE SOL SOL 

SOL LA MI FA RE RE

RE FA MI RE DO

SOL RE MI DO


LECTURAS DE NOTAS

Lectura con corchea e silencio de corchea

1

2


OS INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA E DE VENTO-METAL

frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira. Antiguamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal. Os son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar unha cana de madeira.

trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metal. Están feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.




ActividadeInstrumentos de vento-metal (escribe a primeira letra con maiúscula).

A LIGADURA DE UNIÓN

A ligadura de unión é un signo musical de prolongación que, ao situarse en notas co mesmo son, prolonga a duración desas notas sumando os seus valores. Lemos a primeira nota e alongámola todo o tempo que dura a ligadura de unión.

Lectura 1


Lectura 2


Lectura 3


Lectura con corchea e silencio de corchea


AS ALTERACIÓNS

Cando facemos unha escala, esta pode estar formada por tons e semitóns (medios tons). Por exemplo, a escala de Do maior, consta dunha combinación de cinco tons e dous semitóns. Os semitóns atópanse entre o MI e o FA e entre o SI e o DO.


Comproba a diferenza de entonación entre un ton e un semitón con sostenido:


As palabra "alterar" significa cambiar as características, a esencia ou a forma das cousas. En Música, as alteracións son signos musicais que alteran a afinación dunha nota e, polo tanto, modifican o seu son natural. As principais alteracións son:


As alteracións sempre se colocan á esquerda da figura ou da nota que se quere alterar.


                                             
Cada alteración ten unha función. A díese ou sostenido altera o son un semitón  ascendente. O bemol altera o son un semitón descendente. O bemol anula o efecto do sostenido e do bemol.


As alteracións afectan a todas as notas do mesmo nome dentro do mesmo compás. Así, cando apareza unha alteración nunha nota, se hai outra do mesmo nome despois, non é necesario colocar a alteración dúas veces.


No piano as teclas brancas son notas naturais e as negras alteradas.


Un bemol fai o oposto ao sostenido. Se co sostenido alteramos o son un semitón ascendente facendo a nota máis aguda, co bemol alteramos o son un semitón descendente e a nota se fai máis grave.


En resumo:



O APARELLO AUDITIVO

O son transmítese en forma de ondas. Estas son captadas polas orellas e percorren o conduto auditivo ata acadar unha membrana chamada tímpano, o cal fan vibrar. 
As vibracións transmítense a través do nervio auditivo e chegan deica o cerebro que é onde se produce realmente a audición.

A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

O exceso de son e o ruído son coñecidos como contaminación acústica. Provoca alteracións no noso corpo e pode chegar a  afectar seriamente á saúde.
Os niveis de son e de ruído mídense en decibelios (dB) mediante un aparello denominado sonómetro.
O oído humano pode soportar só certa intensidade de son. Se se sobrepasan os niveis de intensidade aceptables polo oído poden causar danos irreversibes no noso aparello auditivo e xerar outros problemas de saúde. Ademais, é fundamental respectar o dereito dos demais a gozar do silencio. Así que, antes de reproducir ou de interpretar música pensa nos que te arrodea e busca un momento e un lugar cos que non perturbes o seu descanso e así favorecer para todos e todas o benestar.

A CREACIÓN MUSICAL
Detrás das cancións que escoitamos están a creatividade e o traballo de moitos profesionais. As etapas do proceso de creacións das cancións son:

Composición
Elaboración de arranxos
Gravación de instrumentos
Gravación de voces
Mestura e masterización

A persoa que se encarga de realizar o arranxo musical a partir da peza orixinal chámase arranxador ou arranxadora. Para iso, elixe os instrumentos que soarán na versión definitiva e prepara as partituras que interpretará cadaquén. Pola súa parte, o técnico ou técnica de son é quen se encarga das gravacións no estudio de gravación. Despois, cun equipo especializado, edita o material gravado e axusta os distintos elementos ata conseguir unha mestura final equilibrada.

O CALDEIRÓN
caldeirón é un signo musical de prolongación que, ao situarse sobre unha figura ou silenio, suspende temporalmente o pulso da música e prolonga a duración desa figura ou silencio tanto como se desexe. 


O JAZZ



A NOTA RE AGUDA (re´)
A nota re´ atópase na cuarta liña do pentagrama. Obsérvaa e practícaa nas seguintes lecturas:


Lectura con re, punto e caldeirón
 
O TEATRO MUSICAL
O teatro musical é un espectáculo que combina arte dramática, danza e canto. Na súa creación participan compositores-as, letristas, arranxadoras-es, coreógrafos-as, guionistas e escenógrafas-os
A avenida de Broadway en Nova York é un dos lugares máis famosos onde se representan estes espectáculos. Tamén hai películas musicais como Grease ou O rei león que posteriormente, foron levadas ao teatro como teatro musical.

Musical O rei león                    Musical Grease 
    


A MÚSICA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A música desempeña un papel esencial nos medios de comunicación, como a radio ou a televisión. Ademais, existen algúns tipos de composicións creados especificamente para estes medios. Por exemplo:
. Unha sintonía é unha música que nos indica o inicio ou o final deun programa de radio ou de televisión, e que nos permite identificalo rapidamente. Adoita compoñerse por encargo, aínda que tamén se usan fragmentos de obras célebres.
. Un jingle é unha peza musical creada especialmente para anunciar algo. Adoita ser breve e apegadiza, e incluir na súa letra o nome do produto a anunciar.

Sintonías de televisión-Programas-Pasapalabra


Sintonías de radio-Sorteo-ONCE


Sintonías de televisión-Debuxos animados-Bob Esponxa


 
A PROFESIÓN DE LUTHIER
A persoa que constrúe e repara instrumentos musicais chámase luthier
laúde é un instrumento de corda pulsada  de orixe árabe moi estendido na península ibérica. En Francia, chamábaselles luthieres aos fabricantes deste instrumento. Eran artesáns e artesás de moita sona. Esa palabra estendeuse ao resto de linguas de Europa.
Trátase dunha profesión moi antiga que aínda perdura nos nosos tempos. Podemos atopar luthiers de gaitas, de guitarras, violíns, laúdes. Tradicionalmente a este oficio adicábanse homes pero na actualidade tamén as mulleres son luthieres.

    


Instrumentos de corda fretada
  

 


Instrumentos de vento-madeira
 

  


Instrumentos de vento-metal
  

  

  


A MÚSICA E O CINE

música cinematográfica é aquela, polo xeral orquestrada e instrumental, composta especificamente para acompañar as escenas dunha película e apoiar a narración cinematográfica. 
As funcións da música no cine son:
1- Ambientar: Dependendo do xénero, así será a súa música: comedia, drama, aventuras, misterio, terror, etc. Desde o inicio da película ata o fin o compositor-a marca o carácter da música que se vai desenvolver.
2- Definir os personaxes: A través do leimotiv o compositor-a asigna unha motivo musical, normalmente unha melodía a un personaxe, paisaxe ou ambiente, para axudar a definilo (mundo interior, modo de sentir...) cada vez que apareza en escena e pode ser modificado de acordo ás circunstancias.
3- Destacar situacións: A música envolve cada acción transmitindo e intensificando as sensacións e emocións (un susto, un reencontro, unha persecución...).
4- Modificar o ritmo dunha acción dunha escena: dependendo do tempo e da intensidade conséguese máis realismo nas escenas.
5- "Adiantar" situacións: A través da técnica denominada "fora de campo" a música pode facer que o espectador-a presinta algo que ocorrerá máis adiante, ou facer presente algo que non se ve en pantalla. Emprégase moito no cine de intriga e de terror...
6- Ornamentar unha escena: Mellorala, darlle máis beleza con melodías ou cancións.
7- Estruturar a película encadeando escenas e secuencias.

Hai dous tipos de música que se empregan no cine:
   .  Música integrada: a que aparece na imaxe (unha orquestra, un coro, cantante, radio...).
  . Música incidental: a que non aparece na imaxe, senón que incide na ficción como un recurso narrativo e emocional. Aplícase no cine por imitación da ópera e o teatro musical do século XIX.

          Exemplo de Música integrada            Exemplo de música incidental

Os tipos de son que se empregan no cine son: 
   . Voz ou son en in: son que fai referencia a alguén ou a algo que estamos vendo na pantalla. Por exemplo, a voz dun personaxe que está saíndo en escena.
    . Voz ou son en off: son que fai referencia a alguén ou a algo que non estamos vendo na pantalla. Por exemplo, a voz dunha narradora.
    . Voz ou son fora de campo: non se ve a súa procedencia pero podemos deducila e moitas veces aparece en imaxe pouco despois que o son.
Escoita Bandas sonoras de películas.


AS BANDAS DE MÚSICA

Antigamente, as bandas de música asumían a tarefa de impartir ensinanzas musicais entre a población a través das súas escuelas de música, encamiñadas a formar os seus futuros compoñentes, chegando a ser a maior canteira de instrumentistas de vento e percusión que se deu nas escolas e conservatorios no noso país.


A comezos do século XIX, as bandas estaban compostas dunha sección de instrumentos de vento (óboes, frautas, clarinetes, trompetas, cornetas, trombóns e serpentóns); e outra de percusión (caixas, tambores, bombos e pratos).

Co paso do tempo desapareceron algúns, perfecionaronáronse outros e incorporáronse novos. A mediados do século XIX, engadíronse a aquelas as familias dos saxofóns e saxhorns; fliscorno, bombardino e baixo, debidas ao construtor belga Adolfo Sax. Os instrumentos de corda fretada, violonchelo e contrabaixo, foron adoptados cara mediados do século XX co fin de dar fluidez ás sonoridades do rexistro grave da banda. Os de percusión, tanto determinada como indeterminada, de orixe oriental e afrocaribeño, fóronse incorporando, recentemente de maneira significativa, co fin de satisfacer a demanda das composicións musicais contemporáneas.

Existían bandas militares co fin de amenizar os momentos festivos e lúdicos da tropa e, co tempo, tamén para os momentos festivos dos habitantes da súa localidade.

Pero non todas as poboacións contaban cun reximento que tivera banda de música da que se puidera dispoñer para amenizar as súas festas e momentos de ocio. Esta circunstancia animou a algúns veciños aficionados á música de certos lugares, a constituirense en agrupacións musicais semellantes ás bandas de música militar en canto á estructura instrumental e incluso adoptando un tipo de vestimenta inspirada nos uniformes militares. Unha vez constituidas son apoiadas polos concellos. Así é como viron a luz a maior parte das bandas municipais.

As primeiras bandas de música dadas de alta no rexistro civil datan da última década do século XIX e primeiras décadas do século XX.


Sarasponda (canción)

Sarasponda, sarasponda, sarasponda ret set set
Sarasponda, sarasponda, sarasponda ret set set
Ah door ray-oh, ah door ray boom day-oh
Ah door ray boom day ret set set
Ah say pa say oh

Practica como fixemos na clase. Aquí tes un exemplo:


LM 2 20-21 4º

Os instrumentos de corda e de percusión. Clasificación.

Os instrumentos musicais clasifícanse tradicionalmente segundo a maneira de producir o son. Os instrumentos de corda poden ser de corda fretada (frétanse as cordas cun arco), de corda pulsada (púlsanse as cordas cun dedo ou cunha púa), ou de corda percutida (percútense as cordas golpeando cos dedos).
Os instrumentos de vento poden ser de vento-madeira (o son prodúcese pola vibración do aire no propio instrumento) ou de vento-metal (a vibración dos beizos na boquilla do instrumento produce o son).
Os instrumentos de percusión poden ser: de altura determinada (poden facer melodía) ou de altura indeterminada (non poden facer melodía, fan ritmo).
Hoxe vemos os instrumentos de corda e os instrumentos de vento:

Escóitaos e obsérvaos:
Corda fretada

Corda pulsada

Corda percutida

Recoñeces o instrumento polo seu son? Inténtao.

Actividades para practicar:
Clasifica los instrumentos (para acceder hai que permitir Adobe Flash. Marca la respuesta y dale a la flecha para la siguiente pregunta).
Relaciona los instrumentos (escucha primero el sonido, haz clic en la casilla fuera del sonido y en la casilla del nombre del instrumento).
Memoriza viento (marca nombre e instrumento o instrumento y nombre).
De uno en uno (Escribe el instrumento que suena. Coloca el acento en las palabras que lo lleven).
Escribe su nombre (marca la casilla del número y escribe el nombre del instrumento).
Memoriza percusión (marca de dos en dos casillas hasta dar con dos instrumentos iguales).

Lectura sol, la si, do´

Indicadores de velocidade



 
A redonda e o seu silencio



O acento no compás

Febreiro

Os signos de prolongación


Danzas do mundo

Danzas tradicionais de Mozambique

A música de Mozambique é unha das máis ricas e variadas en todo África. Hai catro xéneros musicais que teñen diferenzas entre eles e tamén mesturas doutros países como Portugal.

1. Marrabenta: É un xénero musical urbano que xurdiu na década de 1930 e comezou a ter popularidade en 1960. Baséase nunha mestura de sons folclóricos portugueses e ritmos tradicionais de Mozambique do Sur.

2. Timbila: A palabra timbila no idioma chopi provén de xilófono, o instrumento con que principalmente se interpreta esta danza. Esta música, xeralmente, exprésase sobre temas sociais ou relata eventos importantes na vida da comunidade. Timbila está formada por un conxunto de ata dúas ducias de músicos-as e bailaríns-as baixo a dirección dun director.-a Realízanse actuacións de timbila en vodas e festivais.

3. Mapiko: É unha danza tradicional mozambiqueña acompañada por tambores chamados mapikos. O baile foi creado pola xente de Maconde, no norte de Mozambique e chegou a outras partes do país. A palabra mapiko fai referencia á transformación dun feiticeiro nunha besta máxica. Un bailarín cúbrese cun pano grande e un casco de madeira. Báilase en cerimonias importantes.
4. Nyau: A palabra nyau significa máscara. O mundo espiritual é a temática principal da danza nyau que, xeralmente, se baila en funerais e outras conmemoracións. Cada bailarín-a representa un personaxe único en función da máscara e traxe zoomórfico que usa. O zilombo, por exemplo, son construccións que cubren todo o corpo e representan animais, mentres que as máscaras representan espíritos ancestrais. No momento da actuación enténdese que os bailaríns da danza nyau son espíritos dos mortos.


Danzas tradicionais de Estados Unidos

Nos Estados Unidos atopamos diferentes danzas típicas. Algunhas delas proveñen dos escravos existentes no país no século XIX, mentres que outras derivan dos bailes tradicionais dos colonos europeos.

1. Country

É unha combinación de música folclórica das illas Británicas con música afroamericana como o blues e o gospel.

As súas orixes sitúanse no século XVIII, nas rexións rurais do sur dos Estados Unidos. Xa no século XIX comezaron a construirse salas de baile nas grandes granxas. Nas casas máis pequenas, bailábase na cociña.


Nos anos 20 nace o country comercializado tal e como o coñecemos hoxe en día. O country tradicional é interpretado por instrumentos de corda (banxo, guitarra, violín e contrabaixo), mentres que no moderno se introducen outros instrumentos como a guitarra eléctrica.

country é unha danza informal e de ambiente festivo. Para bailala adóitanse levar botas de vaqueiro. O estilo cowboy realízase deslizando as botas no chan se levantar os pés.


2. Hip Hop

hip hop non é só unha danza, senón toda unha cultura que engloba diferentes estilos de música (rap, funk, DJing…), pintura (graffiti, aerosol, murais…) e baile (break dance, locking, krump…).

Xurdiu nos anos 70 dentro das comunidades afroamericanas e latinoamericanas de tres barrios de New York (Bronx, Queens e Brooklyn). Rapidamente se popularizou entre os mozos e mozas estadounidenses.

Dentro do baile, atopamos diferentes correntes. A máis coñecida é a break dance, con movementos acrobáticos.

Adoita bailarse en grupo, chamados dance crews. É común que entre eles realicen exhibicións nas rúas, con improvisación (freestyle).

Na actualidade, a cultura hip hop extendeuse fora de Estados Unidos, chegando a continentes como Europa y Asia.

3. Charlestón

charlestón comenzou a desenvolverse en 1903 por parte da comunidade negra de Carolina do Sur. A súa orixe está nunha danza africana denominada «Juba». É considerada unha variedad do foxtrox, unha danza en parella.

charlestón forma parte da cultura dos anos vinte, unha época de prosperidade caracterizada polos cambios sociais.

A vestimenta das bailarinas incluía finos flecos e turbantes na cabeza. Bailáse de maneira individual ou en grupos, ou unha parella bailando no centro con xente ao seu arredor.

charlestón ten un compás de catro tempos. Altérnanse movementos dos brazos e pernas cos dos pés. Distínguese pola súa improvisación e espontaneidade.

charlestón gozou de gran popularidade durante varios anos, chegando a expandirse por Europa. Mais, no ano 1927, comezou a súa decadencia cando comezaron a xurdir outros estilos.

4. Tap dance

En España coñécese como claqué. Comenzou en 1830 en New York e popularizouse a partir de 1900 en norteamérica incluíndose en espectáculos de musicais.

O seu nome orixinal, ‘tap’, provén do son dos zapatos ao golpear o chan. A idea de facer música cos pés xurdiu a raíz de que aos escravos e escravas se lles prohibira empregar instrumentos de percusión.

5. Rock and roll

Comenzou na primeira metade do século XX e difundiuse a partir dos anos cincuenta. Causou furor nos adolescentes da época.

O termo rock and roll era empregado no pasado polos mariñeiros para designar os movementos que realizaba o barco.

rock and roll caracterízase polo seu ritmo rápido. É unha danza de seis tempos que se pode bailar de forma individual ou en parella.

É un baile complicado de executar debido á rapidez dos seus movementos de brazos e de pernas, as cales deben estar flexionadas para movelas cara adiante e cara atrás.

6. Square dance

square dance é o baile oficial de 22 estados dos EEUU.

Son catro parellas de veciños-as que bailan para socializar. Fanno en forma de cadrado, cada parella nun extremo do mesmo.

Os bailaríns-as coñecen os pasos de memoria e unha persona vai ditando o ritmo (caller).

Dependendo da rexión, os traxes son distintos.  O square dance popularizouse sobre todo nas zonas rurais e hai dous tipos: o square dance tradicional e o square dance  moderno.


7. Swing

swing é un estilo de jazz con influencias da música europea que comenzou a desenvolverse nos Estados Unidos a finais dos anos vinte e acadou a súa popularidade na década dos anos trinta, na chamada “era do swing”.

swing xurdiu principalmente nas comunidades afroamericanas de New Orleans, Chicago e New York.

Os principais xéneros derivados do swing son o Lindy hop, Balboa, Collegiate Shag y Lindy Charleston. Os estilos procedentes do swing son rápidos e acrobáticos. 

Danzas tradicionais de Austria

1. O vals.

vals é un elegante baile de ritmo lento, do século XII e da zona oeste de Austria (Tirol). Na súa época o vals era un baile practicado unicamente pola nobreza. A palabra vals vén da palabra “walzen” que significa xirar en alemán.
vals vienés é o máis coñecido. As parellas bailan entrelazadas ao son unha orquestra.
 

Dentro dos compositores destacados austriacos está Johann Strauss pai e Johann Strauss fillo.


2. Volksmusik

Volksmusic (música do pobo en alemán) frecuéntase na zona Oeste de Austria. Orixínase na zona dos Alpes e reflexa o estado de vida, tradicións e acontecementos dos granxeiros-as da zona. O máis destacado son los instrumentos, únicos desta rexión, como os cornos dos Alpes. Tamén guitarras, cítaras, violas, trompetas e harmónicas. Durante as danzas aplícase o yodeleo (canto típico desta rexión). El característico de estos bailes es el famoso atuendo que emplean. Para estos bailes se utilizan los dientlkleider/hosen (conxunto de camisa de cadros e patalón ou saia).

3. Slager Musik

Nace a partir da volksmusik. Xorde na zona do Tirol, nas cantinas dos Alpes e é unha mestura da típica Volksmusik e música electrónica moderna. É característica hoxe en día de grandes festas como a Oktoberfest de Alemaña e os Alpes. 

Na actualidade é a música típica máis escoitada en Austria e nos países de fala alemá. 


Danzas tradicionais da India



As oito danzas tradicionais da India son:

1. Bharatanatyam 

Danza sagrada que se facía nos templos e na cal o importante é a expresión de cada unha das partes do corpo dando especial importancia ás expresións da cara e das mans, as cales fan xestos para contar unha historia ou adorar aos deuses.

É unha danza asociada ao lume e que se baila en solitario.

2. Katha.

Katha  significa historia e a súa principal característica é a de contar historias a través do movemento.


3. Odissi

Caracterízase pola división do cuerpo en tres partes que se disocian: cabeza, peito e pelve, e que é a característica das imágenes máis representativas da India. Tamén se fan bhangas ou posturas que consisten en pisar fortemente e facer posturas que se ven nas esculturas indias.

4. Mohiniyattam

É a danza das feiticeiras, con suaves movementos de balanceos de cadeiras e postura erguida. Moitos dos movementos recordan o  vaivén das follas de palma e os ríos que flúen.

5. Kuchipudi

Kuchipudi también se narran historias sagradas, donde se recuerdan sus días felices.

En el Kuchipudi se le da importancia a la expresión y al uso de la palabra como diálogo para narrar las historias, los movimientos tienen una gracia especial y si bien se usan mudras, se le da más importancia a las expresiones de la cara.

6. Manipuri

De contido relixioso (hinduismo) e de adoración (ao deus Vishnu). O ritmo faino o pung instrumento tradicional.

7. Sattriya

O tema principal son las historias mitolóxicas (conxunto de historias de mitos ou lendas).

8. Kathakali

Incorpora o teatro srepresentando o drama. As caras de algúns tipos de personaxes van pintadas e a vestimenta é  bastante pesada e moi elaborada.


Compositores y obras:

El himno de la alegrí(Ludwig van Beethoven) 

Con el nombre de Himno a la alegría se conoce al cuarto movimiento de la Novena sinfonía de Ludwig van Beethoven (1770-1827), en el que musicaliza el poema de Friedrich Schiller (1759-1805) llamado Oda a la alegría (Ode an die Freude).

El Himno a la alegría se ha convertido en una referencia universal de la música y es valorado como un cántico a la fraternidad universal. De hecho, su influencia ha sido tan grande que ha pasado de la música académica a la música pop. Por ejemplo, la versión que hizo el cantante español Miguel Ríos.

El impacto que ha tenido el Himno a la alegría desde su origen se debe, en primer lugar, a ser el primer movimiento coral dentro de una sinfonía, gracias a que Beethoven decidió tomarse la libertad de “hacer hablar” a la que fue su última obra sinfónica. En segundo lugar, se debe también a los valores expresados en el poema

Bolero (Maurice Ravel)

El Bolero de Ravel es una de las composiciones del siglo XX más conocidas en el mundo entero. Se trata de un ballet creado por Maurice Ravel en 1928, dedicado a la bailarina Ida Rubinstein e inspirado en la danza española del mismo nombre que se caracteriza por el ostinato rítmico que marcan las castañuelas. 

Sobre la pieza, el propio Ravel dijo:

"Es una danza en un movimiento muy moderado y constantemente uniforme, tanto por la melodía como por la armonía y el ritmo, este último marcado sin cesar por el tambor. El único elemento de diversidad es aportado por el crescendo orquestal".


Rondó de la suite nº 2 (Johann Sebastian Bach)

La Suite es una composición instrumental en varios movimientos (originariamente aires de danza) de carácter y ritmo distinto, pero escritos en la misma tonalidad y una estructura similar para cada una de las piezas.

La Suite nace en los salones de la aristocracia europea del s. XVI y se desarrolla durante los siglos XVII y XVIII.

La estructura tipo suite se basa en una sucesión de movimientos moderados o lentos y de movimientos rápidos.

La Suite Orquestal nº 2 en si menor, BWV 1067, para flauta y cuerda, esta formada, además de la Obertura (Introducción), de seis movimientos o danzas. Normalmente las suites de Bach se constituyen en grupos de seis danzas:

  • I. Ouverture (Obertura)
  • II. Rondeau (Rondó)
  • III. Sarabande (Sarabanda)
  • IV. Bourrée I- Bourrée II (Bourré)
  • V.  Polonaise- Double (Polonesa)
  • VI. Menuet (Minué)
  • VII. Badinerie (Badinerie)

Todas ellas tienen forma binaria, a excepción del Rondeau y de la pieza de introducción, la Ouverture.


Sinfonía del nuevo mundo (Anton Dvorak)

Sinfonía del Nuevo Mundo es posiblemente la sinfonía más conocida de Antonín Dvořák. Fue compuesta en 1893 durante la estancia del compositor en Estados Unidos.

Hace referencia al camino desde una antigua Europa a una nueva Europa más evolucionada. 

Esta sinfonía fue hecha para una orquesta compuesta por:

. Dos flautas (una tocando además el flautín),

. dos oboes (uno tocando además el corno inglés),

. dos clarinetes en la,

. dos fagots,

. cuatro trompas en mi y do,

. dos trompetas en mi,

. dos trombones tenor, trombón bajo,

tubatimbaltriángulosplatillos y 

. la sección de cuerda de la orquesta.


Marzo
Lectura rítmica

😊