Curso 2025-2026

CONCERTO "MÚSICA E MATEMÁTICAS?" NO MUNCYT

 

        
Concierto “Música o matemáticas?”
Festival Espazos Sonoros
Concierto especialmente concebido para el Museo Nacional de Ciencia y Tecnología. Colaboración entre el Grupo Instrumental Siglo XX y la clavecinista Erea Blanco en la que se combina la música con la ciencia y las matemáticas.

Domingo 24 de septiembre, a las 12.30 h. Muncyt Coruña - Sala Iberia. 
Público general (edad recomendada a partir de 6 años)
Acceso libre al concierto desde las 12.00 h, hasta completar aforo.
(Agotadas las plazas para la visita previa de las 11.00 h)
 


SON E SILENCIO EN 1º


Os peques de 1º curso están aprendendo a importancia do silencio para unha atenta escoita dos sons.

Hoxe xogaron identificando diferentes sons e discriminando sons ben distintos.

Tiveron moi bo oído!.




RITMO E MOVEMENTO


Esta é unhas das actividades de 3º curso de hoxe.

O alumnado está traballando a identificación das frases musicais, vivenciando e experimentando coas melodías, os ritmos e as diferentes partes de pequenos fragmentos de obras célebres.

Ao comezo semelláballes difícil pero coa práctica na mesma sesión xa se notou a melloría.

Pasáronno xenial!.




VASOS RÍTMICOS EN 6º


Un dos momentos clave na aprendizaxe musical é a posta en funcionamento ao máximo dos nosos sentidos para poder desenvolver a nosa musicalidade e saber darlle significado ao que estamos a aprender.

Así o fixestes ao practicar coas diferentes partes dun tema da música pop en sexto curso.










REPASO BÁSICO DE 5º CURSO

CADRO RESUMO DAS CALIDADES DO SON


 
  MARCACIÓN DOS COMPASES



A ANACRUSA

anacrusa é unha nota ou grupo de notas que preceden ao primeiro tempo forte dunha obra ou fragmento musical. Polo tanto e, tal e como aparece no exemplo, sería un compás incompleto ao comezo da composición. 



O TEMPO

tempo é o grao de velocidade con que se interpreta unha obra musical. Indícase ao comezo do pentagrama mediante equivalencia ou mediante termos italianos. 



A FORMA MUSICAL

forma musical é a organización das diferentes partes dunha obra musical. Esta organización represéntase cunha estrutura baseada en letras que identifican cada parte. 
     . Forma binaria: consta de dúas partes. Unha idea principal e outra diferente que contrasta coa anterior. Estrutura:
   AB
   Forma ternaria: consta de tres partes. Unha idea principal que se vai alternado con outras constrastantes volvendo á idea principal ou seguindo con partes diferentes. Estrutura:
ABA
ABC
  Forma rondó: Consta dunha idea principal intercalada con outras contrastantes e rematando coa idea principal. Estrutura: 
ABACADA

                                                         A LIGADURA DE UNIÓN

ligadura de unión é un signo musical de prolongación que, ao situarse en notas co mesmo son, prolonga a duración desas notas sumando os seus valores. Lemos a primeira nota e alongámola todo o tempo que dura a ligadura de unión.

O CALDEIRÓN
caldeirón é un signo musical de prolongación que, ao situarse sobre unha figura ou silenio, suspende temporalmente o pulso da música e prolonga a duración desa figura ou silencio tanto como se desexe. 


1º TRIMESTRE 4º

 

                      
      REPASO BÁSICO DE 3º CURSO    AUDICIÓNS           LINGUAXE MUSICAL              INSTRUMENTOS