A palabra rondó vén do francés rondeau, ronda ou danza en roda. 
Ten movemento rápido e un tema musical que se repite facendo a función de retrouso.
O tema principal é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.
rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite, intercalado entre outros temas diferentes.
A súa estrutura é:  
                                    A    Tema principal.
                                    B    Tema diferente. 
                                    A    Repetición do tema principal. 
                                    C    Segundo tema diferente. 
                                    A    Repetición do tema principal.
  
     


GREENSLEEVES - popular inglesa


Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI. 
Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa. 
A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,
Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.

 


MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS ARTIFICIAIS-Häendel

George Frideric Händel compuxo Música para os reais fogos de artificio en 1749, por encargo do rei, para acompañar un espectáculo de fogos artificiais sobre o río Támesis, en Londres.

É unha composición maxestuosa, triunfante e festiva.


 


TOCAMOS:



LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)



1


2

3


Practica negra con punto e corchea:



 OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTO E CALDEIRÓN


A LIGADURA DE UNIÓN

ligadura de unión é un signo de prolongación do son que se representa cunha liña curva enriba ou debaixo da cabeza de figuras ou de notas e que serve para unir o son de figuras da mesma ou de diferente duración e de notas do mesmo nome.


Lectura con ligaduras de unión

O PUNTO (OU PUNTILLO)

punto ou puntillo é un signo de prolongación do son que se representa cun punto pequeno á dereita da cabeza dunha figura ou dun silencio e aumenta a metade do valor da figura ou silencio que o leva.



Canto duran?. Calcula:



Lectura con punto


O CALDEIRÓN

caldeirón é un signo de prolongación do son que se representa cun semicírculo cun punto no seu interior que, colocado enriba ou debaixo dunha figura ou dun silencio, permite alongar o son tanto como o ou a intérprete desexe.


Lectura con punto e caldeirón 



7 Reviews:

  1. Teño moitas ganas de que chegue xa o concerto de música.

    ResponderEliminar
  2. Estou nerviosa pola actuacion

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito cantar a REGUEIFA.

    ResponderEliminar
  4. Que divertido é o Rondo da suite nº2. Tamén me gustou moito a Regueifa.

    ResponderEliminar
  5. Teño ganas de que empece unha nova unidade

    ResponderEliminar
  6. Gustoume o baile de Greensleeves

    ResponderEliminar