O METRÓNOMO - 5º

O METRÓNOMO


Para que serve o metrónomo?

O metrónomo serve para axudar aos músicos a tocar manteniendo un tempo moi constante.
Os Metrónomos tradicionais son mecánicos, baseados na oscilación dun péndulo cun pequeno peso deslizante. Este péndulo oscila dun lado a outro producindo un sonido ao final de cada unha das oscilacións.

Podemos variar o tempo movendo unha peza que vai colocada sobre o péndulo e que corresponde coas seguintes indicacións metronómicas:

- Largo: 40-49 n/min.
- Adagio: 50-59 n/min.
- Andante: 60-79 n/min.
- Moderato: 80-99 n/min.
- Allegretto: 100-109 n/min.
- Allegro: 120-159 n/min.
- Presto: 160-179 n/min.
- Prestissimo: 180-200 n/min.


Lembras que significa n/min.? Poderías explicalo?. Se cres que o podes explicar, coméntao.



MÚSICA, MENTE E CURIOSIDADES - 24

Sabías que...?


En Grecia se instalaron nos exteriores estruturas artísticas coñecidas como arpas de vento que transforman a brisa en son e enerxía eléctrica?.

Esta iniciativa combina arte, sostibilidade e educación ambiental.

Como funcionan?

As vibracións xeradas polo vento convírtense en pequenas cantidades de electricidade que se empregan para o alumbrado decorativo das rúas.

Mira que chulada!






FELIZ ANINOVO

 FELIZ ANINOVO!


Comenta que significa a imaxe e explica o porqué.



BIBOPALULA, O MUSICAL


Se es peque ou tes un irmán ou irmá en educación infantil, pódese iniciar no mundo dos musicais da man de Bibopalula.

En A Coruña o próximo 28 de decembro.

Anímate!.


Infórmate aquí.

CONCERTO DE ANINOVO EN VIENA 2026


Desde hai moito tempo, é tradición en Viena que a Orquestra Filarmónica ofreza polo Aninovo un concerto cun programa composto por música de carácter alegre e ao tempo nostálxico do repertorio, principalmente, de Johann Strauss.

O Concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Viena é un evento musical excepcional que se celebra cada 1 de xaneiro na maxestuosa Sala Dourada do Musikverein. O Musikverein é un templo da música clásica situado no corazón de Viena, en Austria.


    Musikverein

   Sala Dourada




   Orquestra Filarmónica de Viena


  Onde está Austria?


    E Viena?


Cada ano, este concerto é dirixido por un director diferente.

O concerto de Aninovo 2026 de Viena incluirá cinco pezas a estrenar e tamén obras de dúas compositoras 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏


Como poder desfrutar del?

Este concerto retransmítese actualmente en máis de 90 países de todo o mundo, chegando así a millóns de fogares, pois é visto por máis de 50.000.000 de persoas 👌👌

Para velo e escoitalo en España, na 1 de TVE ou en rede a través de RTVE Play ás 11:15 horas.

O concerto tamén se transmitirá na RNE e na Radio Clásica, para quen prefira só escoitalo.

O remate do concerto adoita ser arredor das 14:00 horas.

Como ves é un concerto de longa duración, polo que te animo a que o vexas ou o escoites nalgún momento ao longo da mañá. Sonará, por exemplo, "El Danubio azul" de Johann Strauss, traballado na aula, ou a "Marcha Radetzky" que podes ver e escoitar a continuación.


Mira aquí o programa

Concerto de Aninovo tamén en A Coruña

Entradas para o Concerto de Aninovo en A Coruña 


MÚSICA MENTE E CURIOSIDADES _ 23



Sabías que o nome das notas musicais tal e como as coñecemos hoxe están sacadas dun himno moi antigo na honra de San Xoán Baustista ?.

Un monxe italiano chamado Guido De Arezzo encargouse de darlle nome ás notas e para elo colleu a primeira sílaba do himno en latín.

Fíxate na primeira sílaba de cada verso. A primeira, como é a única que comeza por vogal, para que comezara por consonante como as demais, cambiouna por DO. A nota SI corresponde ás iniciais de San Xoán (san Iannes).

Ut queant laxis
resonare fibris
mira gestorum
famuli tuorum
solve polluti
labii reatum
sancte Ioannes.

Tradución:
Para que poidan
exaltar a pleno pulmón
as marabillas
estes servos teus
perdoa a falta
dos noso beizos impuros
San Xoán.