Curso 2025-2026

CANTAMOS POLO MAGOSTO



Un ano máis festexamos o magosto e cantamos por esta festa outonal tan galega.

A canción escollida este ano é Canción do magosto,13 lúas.

Aprendede ben cada curso a estrofa que vos toca para cantala o día da festa todos xuntos.


O reparto das partes da canción por curso é: 

4º, 5º e 6º EI: palmada ao remate de cada frase do retrouso

1º e 2º EP: movemento no retrouso

3º EP: 1ª estrofa cantada

4º EP: 2ª estrofa cantada

5º EP: 3ª estrofa cantada ao unísono😜

6º EP: 4º estrofa cantada


A interpretación será: 


Introdución: movemento profesorado

Estrofa 1: 3º EP

Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI

Estrofa 2: 4º EP

Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI

Estrofa 3: 5º EP

Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI

Estrofa 4: 6º EP

Final: movemento todas e todos


Adiante!


CANCIÓN DO MAGOSTO, 13 LÚAS

Estrofa 1:

SANTO QUE ESTÁS NO CANIZO

BOTA CASTAÑAS ABAIXO,

NON AS BOTES PEQUENIÑAS

NON AS BOTES PEQUENIÑAS

QUE ÁS PEQUENAS NON ME BAIXO.


Retrouso:

AILALALALA,AILALALALA,AILALALALA,LALALALALALALALALA.


***

Estrofa 2:

TIÑA MARÍA NO PETO

CATRO CASTAÑAS ASADAS,

VEU UN GATO AMARELO

VEU UN GATO AMARELO

E LARPOULLE A PAPARADA.


Retrouso:

AILALALALA...


***

Estrofa 3:

PARA COMERES CASTAÑAS

DEREITIÑAS DO CASTIRO,

VAI AO MONTE E NON TE PERDAS

VAI AO MONTE E NON ESQUEZAS

QUE O QUE BUSCAS SON OURIZOS.


Retrouso:

AILALALALA...

***

Estrofa 4:

SOPRA O VENTO NA DEVESA

VÉNTE COMIGO NENIÑA,

SE CASTAÑAS APAÑARES

SE CASTAÑAS APAÑARES

BOA FESTA CANTARÍAS.


Retrouso:

AILALALA...








A CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO_5º

A CLASIFICACIÓN DAS VOCES NO CANTO

As voces no canto clasifícanse polo seu timbre e a súa tesitura.

A clasificación que vas aprender serve para clasificar as voces en todos os tipos de canto, xa canten música pop, rock, tradicional, lírica...

As voces máis agudas son as de muller e as voces máis graves as de home. 

As voces de nena e de neno chámanse voces brancas e son agudas.

As voces de muller son:
Soprano: se é moi aguda.
. Mezzosoprano: se é medio aguda.
. Contralto: se é moi grave.
As voces de home son:
. Tenor: se é moi aguda.
. Barítono: se é medio aguda.
. Baixo: se é moi grave.

A TESITURA DAS VOCES

No seguinte cadro está representada a tesitura de cada tipo de voz:
  • As voces de soprano cantan todas as notas do pentagrama e, ademais, tres notas sobreagudas e dúas notas máis graves.
  • As voces mezzosoprano cantan comodamente case todas as notas do pentagrama e poden cantar tres notas máis agudas e dúas notas máis graves.
  • As voces contralto están máis cómodas cantando notas medias e graves, aínda que son quen de executar as notas máis agudas do pentagrama e notas súper graves.
  • As voces de tenor cantan todas as notas do pentagrama e dúas notas máis agudas e tres notas máis graves.
  • As voces de barítono e as voces de baixo son as máis graves e precisan doutra clave para representar a súa tesitura; a clave de fa, que representa sons moito máis graves que non se poden representar coa clave de sol.
  • Os barítonos cantan comodamente as notas medias e dúas máis agudas e tres máis graves fora do pentagrama.
  • Os baixos son executan notas moi graves.


Mira o seguinte vídeo:



Ponte a proba sobre a clasificación das voces en: 



















TIPOS DE MELODÍAS _ 4º

 TIPOS DE MELODÍAS


Cando cantamos, tocamos ou bailamos estamos interpretando unha música que se elabora a partires de diferentes combinacións de notas. Dependendo  da dirección das notas temos diferentes tipos de melodías: 

. A melodía ascendenteremata cara arriba, vai de grave a agudo, como se subísemos pola loma dunha montaña ata o cumio.  

. A melodía descendente remata cara abaixo, vai de agudo a grave, como se baixásemos pola loma da montaña ata o seu pé. 

. A melodía liñal non vai nin cara arriba nin cara abaixo, mantense máis ou menos na dirección dunha liña recta. 

. A melodía ondulada vai pouco a pouco subindo e baixando de grave a agudo e de agudo a grave, como facendo ondas. 

. A melodía quebrada vai de moi grave a, de súpeto, moi agudo e de moi agudo a, de súpeto, moi grave, como facendo amplos picos.

Compréndeo mellor escoitando os tipos de melodías:


Escoita La mañanadel compositor Edvard Grieg e fíxate na forma da melodía:


Practica:

Observa as seguintes pequenas melodías escritas.
A número 1 é ascendente ou descendente?. E a número 2?.




A resposta correcta é: A melodía 1 é ascendente porque remata cara arriba. 
A melodía 2 é descendente porque remata cara abaixo.

E a seguinte? Que tipo de melodía é?


Reposta correcta: Descendente

Fíxate agora: 
Melodía liñal
Melodía ondulada

Crea a túa propia liña melódica aquí.

Escolle abaixo á esquerda o instrumento que queres que sone, na barra de "tempo" a velocidade á que queres que sone e vai facendo clic nos cadrados dependendo do tipo de liña melódica que queres conseguir. Fai a melodía longa desde a esquerda ata a dereita de todo. Finalmente, dálle a "play" e escoita a túa creación. 
Lembra rematar cara arriba nunha melodía ascendente, cara abaixo nunha melodía descendente e que sexa unha combinación de ambas nunha melodía ondulada. A maiores, podes practicar a melodía liñal con sons cerca uns dos outros e a melodía quebrada con sons separados uns dos outros, graves e  agudos.

🎼

SIGNOS DE REPETICIÓN _ 6º

 SIGNOS DE REPETICIÓN

Ademais dos signos que xa coñeces, existen outras formas de indicar repeticións da música nas partituras:

• Da Capo («desde a cabeza» en italiano) indica que a música se repite desde o principio.

• Da Capo al Fine («desde a cabeza ata a fin» en italiano) utilízase para repetir a música desde o principio ata onde se encontra a palabra Fine.



A ORQUESTRA. SECCIÓN DE PERCUSIÓN _ 6º

 A ORQUESTRA. A SECCIÓN DE PERCUSIÓN.

A sección de percusión na orquestra é variable e depende de cada obra.

Algúns dos instrumentos máis frecuentes son: CAIXA, TIMBAIS, TRIÁNGULO, MARIMBA, PRATO, BOMBO, CAMPÁS TUBULARES, GONG.




A SÍNCOPE _ 6º

 A SÍNCOPE

Un síncope (una síncopa en castelán) é a prolongación dun son que comeza nun tempo ou parte débil deica un tempo ou parte forte, rompendo coa sensación de ritmo estable:

Síncope por punto: Formada por unha nota con punto.

Síncope por ligadura: Formada por dúas notas ligadas.

Síncope por valor: Formada por unha soa figura. 

Síncope regular: Formada por dúas figuras da mesma duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por dúas negras ligadas é regular. Tamén un síncope formado por unha branca é regular porque se pode dividir en dúas figuras da mesma duración (dúas negras).

Síncope irregular: Une dúas notas de diferente duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por unha negra e unha branca ligadas é irregular. Tamén un síncope formado por unha negra con punto é irregular porque se pode dividir en dúas figuras diferente duración (unha negra e unha corchea).

                                       Escoita a sensación rítmica producida polos síncopes

                                                              Actividade


                         





RECURSOS COMPOSITIVOS _ 6º

 RECURSOS COMPOSITIVOS

Á hora de crear unha obra musical, estes son os principais recursos compositivos:

• Repetición: consiste en reproducir unha parte da música exactamente igual.

• Variación: supón introducir algúns cambios no ritmo ou na melodía, pero de xeito que a música orixinal se siga recoñecendo facilmente.

• Contraste: trátase de compoñer unha parte completamente diferente que se distinga da anterior.

Mira o seguinte vídeo agás a última parte na que explica a sonata, que non fai falta.




🎶🎶🎶

A MÚSICA POP _ 6º

 A MÚSICA POP

A música pop ou popular (pop music) xurdiu nos Estados Unidos de América e en Inglaterra a finais da década de 1950. É un tipo de música especialmente dirixida á mocidade e conta cunha gran presenza nos medios de comunicación, que participan activamente para difundila.

As cancións pop adoitan ser de curta ou media duración, con melodías sinxelas e apegadizas, e cunha estrutura que combina estrofas e retrouso. O mesmo ca no rock, na música pop están moi presentes os instrumentos electrófonos e a batería, aínda que a súa presenza é máis suave. Ademais, aprovéitanse todos os recursos tecnolóxicos que ofrece o estudio de gravación.

Bing Crosby foi o primeiro cantante apodado "o rei da música popular", pola popularidade que acadou en todo o mundo duranteas décadas 1940, 1950 e 1960.

Frank Sinatra tamén contribuiu á popularización da música pop.

Madonna está considerada a artista pop con máis venda de discos.

Michael Jackson é coñecido como "o rei do pop" desde a década de 1980 ata a actualidade e o seu álbume Triller posúe o récord do máis vendido de todos os tempos.

Cher abriu o camiño a moitos artistas do xénero pop.

The Beatles tamén abarcaron o xénero pop e foi o grupo con maiores vendas.

Música de aula:

                    Título: Fábrica de luz                                      Título: O tren

                   Grupo: A banda da loba                       Intérprete: Andrés do Barro

  

                       Título: Déjame                                      Título: Rolling in the deep

                      Grupo: Los secretos                                                         Intérprete: Adele

                          Título: Thriller                                                Título: Radio Ga ga
                   Intérprete: Michael Jackson                                       Grupo: Queen


🎶🎶🎶

SECCIÓNS MUSICAIS _ 6º

SECCIÓNS DUNHA OBRA MUSICAL

Ademais das partes principais que dan forma a unha obra musical (A, B, C…), hai seccións que completan o conxunto, son as seccións menores:

• A introdución soa ao principio e serve para captar a atención do oínte e presentar o estilo, o carácter e a velocidade da peza.

• ponte, tamén chamada interludio, enlaza dúas partes e adoita ser breve

e instrumental.

• A coda (que en italiano significa «cola») é a sección final dunha obra e nas partituras indícase co signo Ø.



AS ALTERACIÓNS _ 6º

 AS ALTERACIÓNS


As alteracións son signos que modifican a altura da nota que as leva (fana soar máis aguda ou máis grave) ou déixana como estaba. Aumentan ou diminúen 1 semitón.

- Díese/Sostenido (#). Altera un semitón ascendente a altura da nota que a leva.

- Bemol (♭) . Altera un semitón descendente a altura da nota que o leva.

- Becadro (♮) . Anula o efecto da díese e do bemol. É dicir, se unha nota ten díese ou bemol, e despois aparece con becadro, a nota é natural; ou sexa, como se non levase nada. Unha nota con becadro é igual a unha nota non alterada.

No piano as teclas brancas pertencen a notas naturais e entre elas hay un ton. As teclas negras pertenen a notas alteradas; dunha negra a unha branca hai un semitón. Entre o conxunto de notas das teclas brancas e as das teclas negras obtemos moita máis variedade de sons.

As alteracións poden ser:

- Propias: Cando están na armadura da partitura (entre a clave e o indicador do compás). IMPORTANTE: Estas alteracións afectan ás notas que as levan ao longo de toda a peza. - Accidentais: Cando están colocadas nas notas de maneira individual. Afectan a esa nota ao longo de todo o compás. - De precaución: Van entre parénteses para lembrar que a nova situación da nota.

Como podes ver, no 3º compás hai un fa# e no 4º a alteración de precaución lémbranos que o fa xa non está alterado.

Aquí vemos que na armadura hai un si bemol e no 3º compás un bemol que nos indica que ese si segue sendo bemol.

A díese e o bemol tamén se poden indicar ao comezo do pentagrama; nese caso afecta a todas as notas do mesmo nome que haxa na partitura.


🎶🎶🎶