UNIDADE 7 6º
Por: Música Vitamínica o 24.12.24 / comentarios: 23 Elementos da representación escénica, Estratexias de análise, Manifestacións da expresión corporal e ás artes escénicas, Recursos dixitais, Teatralidade, Uso responsable de bancos de imaxes e sons
UNIDADE 7 5º
Por: Música Vitamínica o 24.12.24 / comentarios: 3 Aproximación ao uso responsable de bancos de imaxes e sons, Estratexias de análise, Manifestacións vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas, Recursos dixitais
UNIDADE 7 4º
Por: Música Vitamínica o 24.12.24 / comentarios: 7 Estratexias básicas de análise, Manifestacións vinculadas á expresión corporal, Recursos dixitais
RONDÓ DE LA SUITE Nº 2- Johann Sebastian Bach
A palabra rondó vén do francés rondeau, ronda ou danza en roda. Ten movemento rápido e un tema musical que se repite facendo a función de retrouso.O tema principal é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.O rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite, intercalado entre outros temas diferentes.A súa estrutura é: A Tema principal. B Tema diferente. A Repetición do tema principal. C Segundo tema diferente. A Repetición do tema principal.
GREENSLEEVES - popular inglesa
Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI. Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa. A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.
MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS ARTIFICIAIS-Häendel
George Frideric Händel compuxo a Música para os reais fogos de artificio en 1749, por encargo do rei, para acompañar un espectáculo de fogos artificiais sobre o río Támesis, en Londres.
É unha composición maxestuosa, triunfante e festiva.
MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS ARTIFICIAIS-Häendel
George Frideric Händel compuxo a Música para os reais fogos de artificio en 1749, por encargo do rei, para acompañar un espectáculo de fogos artificiais sobre o río Támesis, en Londres.
É unha composición maxestuosa, triunfante e festiva.
UNIDADE 7 3º
Por: Música Vitamínica o 24.12.24 / comentarios: 1 Estratexias básicas de análise, Manifestacións da expresión corporal e ás artes escénicas, Recursos dixitais
O PIRIMPIMPÍN-popular galega
UNIDADE 7 2º
Por: Música Vitamínica o 24.12.24 / comentarios: 1 Manifestacións da expresión corporal e ás artes escénicase. Recursos dixitais básicos
AUDICIÓNS
A DANZA DOS MIRLITÓNS-Tchaikovsky
Que son os mirlitóns?
O mirlitón é un instrumento de membrana resonante ou pitos de chapa. É coñecido tamén como kazoo ou turuta.
Trátase dun chifre (silbato) formado por unha caña oca e pechada por un dos dous extremos cunha membrana de papel fino que ao soplarse por unha abertura que ten no centro, vibra producindo son.
UNIDADE 7 1º
Por: Música Vitamínica o 24.12.24 / comentarios: 0 Manifestacións elementais da expresión corporal e as artes escénicas
Clara e o crebanoces chegan ao reino dos doces onde vive a Fada de azucre.
O instrumento protagonista é a celesta que crea unha atmosfera máxica, e os instrumentos de corda da orquestra tocan unha melodía cautivadora e chea de encanto.
Marcha do león (EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES)-
UNIDADE 6 6º
Por: Música Vitamínica o 24.12.24 / comentarios: 54 dramáticas e creativas, Estratexias de recepción activa, Normas de comportamento e actitude positiva.O silencio, O corpo e as súas posibilidades motrices
REGUEIFAMOS (6ºB e 6ºC):
MÚSICAS PARA PRACTICAR PARA AS ACTUACIÓNS
SOMEONE YOU LOVED MIDI KARAOKE
MUIÑEIRA DE SANTO AMARO (ata 1´12´´)
LA VIDA ES BELLA (6ºA)
Ficha técnica e artística
Título orixinal: La vita é bella
Dirección: Roberto Benigni.
Guión: Vincenzo Cerami e Roberto Benigni.
Interpretación: Roberto Benigni (Guido), Nicoletta Braschi (Dora), Giorgio Cantarini (Giosué), Giustino Durano (tío Eliseo), Giuliana Lojodice (directora), Sergio Bini Bustric (Ferruccio), Marisa Paredes (nai de Dora), Horst Buchholz (Dr. Lessing), Amerigo Fontani, Pietro De Silva, Francesco Guzzo, Raffaella Lebboroni, Claudio Alfonsi, Gil Baroni, Massimo Bianco.
Producción: Gianluigi Braschi e Elda Ferri.
Fotografía: Tonino Delli Colli.
Música: Nicola Piovani.
País: Italia.
Ano: 1997.
Duración: 120 minutos.
Cualificación: Para todos os públicos.
La vida es bella é unha obra do cine italiano, dirixida e protagonizada por Roberto Benigni, que se estrenou no 1997 e conquistou o corazón de millóns de espectadores en todo o mundo.
Cunha mestura de humor e de drama, esta película amosa a capacidade de resistir e de soñar do ser humano ante as circunstancias máis adversas e dolorosas. Neste caso, a situación dunha familia que loita por sobrevivir.
La vida es bella foi recoñecida con sete nominacións aos premios Óscar, das cales gañou tres: unha ao mellor actor (o protagonista), outra á mellor película de fala non inglesa, e outra á mellor banda sonora.
Trama:
Guido Orefice é un home optimista e divertido que chega á cidade de Arezzo co soño de abrir una libraría. Alí coñece por casualidade a Dora, unha mestra que está comprometida cun fascista chamado Rodolfo.
Guido namórase perdidamente dela e conquístaa co seu inxenio e encanto, facendo que Dora abandone o seu prometido e case con el.
Teñen un fillo, Giosue, que herda a alegría e a curiosidade do seu pai.
Sen embargo, a felicidade da familia vese truncada cando estala a guerra e os tres son deportados a un campo de concentración por ser xudíos. Alí, Guido fará todo por protexer o seu fillo da crueldade e do horror que lles rodea, facéndolle crer que todo é parte dun xogo.
A banda sonora (premendo nos títulos das cancións, podes escoitalas)
As bandas sonoras son fundamentais no cine, porque inciden nos aspectos emotivos que plantexan as escenas: o amor, o suspense, etc. Serven para crear momentos culmes, para determinar atmosferas e para preparar o espectador.
Nesta película a música é moi importante e foi elixida e creada con moito coidado.
. La Vita è Bella:
Esta banda sonora equilibra a comedia e a traxedia. De feito gañou o premio Óscar á Mellor Banda Sonora Orixinal en 1999.
O tema principal, "La Vita è Bella", é a peza máis icónica da banda sonora. A súa melodía é sinxela e alegre, interpretada principalmente con piano e máis instrumentos de corda, transmite sensación de optimismo e de esperanza.
O tema principal preséntase en diferentes momentos ao longo da película. Nos momentos de alegría e de romance entre Guido e Dora a melodía é festiva. E nos momentos máis difíciles, como a deportación ao campo de concentración, o tempo da melodía vólvese lento, reflexando o horror da situación.
A canción chámase «Beautiful That Way» e é interpretada pola cantante Noa con música de Nicola Piovani.
Pódese escoitar tamén en Spotify e en Apple Music.
. Buongiorno Principessa: La Serenata del Amor
"Buongiorno Principessa" (Buenos días, princesa) é outra peza destacada, asociada coa ilusión de Guido por Dora. A música agora é romántica.
. Grand Hotel Fox
"Grand Hotel Fox": Baile en el compromiso de Dora.
. Barcarolle de Jacques Offenbach: (Barcarola)
Na película emprégase esta música como un símbolo da perda e da nostalxia no campo de concentración.
Que é un leimotiv?
Un leitmotiv é un tema musical recorrente asociado a un personaxe, a un lugar ou a unha idea concreta. Por exemplo, o tema principal, "La Vita è Bella", está ligado ao personaxe de Guido e á súa visión optimista da vida. Sona en escenas nas que está Guido.
O tema "Buongiorno Principessa" está asociado co amor entre Guido e Dora. Cada vez que Guido expresa o seu afecto por Dora, sona este tema.
O silencio emprégase nalgúns momentos clave da película. É dicir, a música detense por completo, deixando ao espectador nun silencio inquietante, sentindo o peso da situación, como nas escenas do campo de concentración.
Resumo da película en imaxes co tema principal da banda sonora:
UNIDADE 6 5º
Por: Música Vitamínica o 24.12.24 / comentarios: 39 dramáticas e creativas, Estratexias de recepción activa, Normas de comportamento. O silencio durante a recepción, O corpo e as súas posibilidades motrices
MÚSICAS PARA PRACTICAR PARA AS ACTUACIÓNS
ME HAS INVITADO A BAILAR (ata 2´27´´)
CONCERTINO OP.11 DE KUCHLER ACOMPAÑAMENTO
NIÑO (ata 1´42´´)
GOLDEN (ata 1´42´´)
ENEMY (ata 1´52´´)
FIGURAS DE REPASO
LECTURA RÍTMICA CON FIGURACIÓN NOVA
UNIDADE 6 4º
Por: Música Vitamínica o 24.12.24 / comentarios: 131 Estratexias de recepción activa, Normas de comportamento, O corpo e as súas posibilidades motrices e creativas, O silencio durante a recepción
REGUEIFAMOS:
(preme na pandeireta)
MÚSICA PARA PRACTICAR AS ACTUACIÓNS:
UNIDADE 6 3º
Por: Música Vitamínica o 23.12.24 / comentarios: 1 Estratexias de recepción activa, Normas de comportamento. O silencio, O corpo e as súas posibilidades motrices e creativas
The Entertainer (o animador ou a animadora) é unha peza instrumental con ritmos sincopados e melodía alegre. (Os ritmos sincopados son os que se crean con síncopas cando unha nota se toca ou se canta nun tempo débil e se prolonga ata un tempo forte. Darémolo nos seguintes cursos).
Scott Joplin é coñecido como o rei do ragtime. O ragtime é un xénero musical que ten ritmos que proveñen da música africana.
Scott Joplin empregou esta composición para reflexar a música que era una forma de entretemento e escape para moitas persoas.
O ragtime e, en particular "The Entertainer", reflexa a vida nos Estados Unidos a comezos do século XX.




















