AS FUNCIÓNS DA MÚSICA
A MÚSICA INFLÚE NO NOSO ESTADO DE ÁNIMO E NAS NOSAS EMOCIÓNS. PODE AXUDAR A RELAXARNOS E A CONCENTRARNOS, PERO TAMÉN PODE INFUNDIRNOS VALOR E ENERXÍA.
ADEMAIS, A MÚSICA REFORZA O SENTIMENTO DE PERTENZA A UN GRUPO. A MÚSICA ÚNENOS!.
A música inflúe no noso estado de ánimo e pode cumprir diversas funcións:
• Relaxar: como os arrolos ou a música de meditación, que adoitan ter un tempo lento, unha intensidade suave e unha melodía repetitiva.
• Estimular: como a música de baile ou para festexar acontecementos, que normalmente teñen melodías animadas que transmiten optimismo.
• Fomentar a pertenza a un grupo: como os himnos nacionais, universitarios ou deportivos, que adoitan ter un tempo medio e un carácter emotivo, con letras que reforzan a unión e o sentimento de compartir un obxectivo común.
• Comunicar e persuadir: como os jingles, que nos intentan convencer das virtudes dun produto, teñen ritmos e melodías apegadizos, e letras rimadas fáciles de lembrar.
SECCIÓNS DUNHA OBRA MUSICAL
Ademais das partes principais que dan forma a unha obra musical (A, B, C…), hai seccións que completan o conxunto, son as seccións menores:
• A introdución soa ao principio e serve para captar a atención do oínte e presentar o estilo, o carácter e a velocidade da peza.
• A ponte, tamén chamada interludio, enlaza dúas partes e adoita ser breve e instrumental.
• A coda (que en italiano significa «cola») é a sección final dunha obra e nas partituras indícase co signo Ø.
PLINK, PLANK, PLUNK- Leroy Anderson
A música pop ou popular (pop music) xurdiu nos Estados Unidos de América e en Inglaterra a finais da década de 1950. É un tipo de música especialmente dirixida á mocidade e conta cunha gran presenza nos medios de comunicación, que participan activamente para difundila.
As cancións pop adoitan ser de curta ou media duración, con melodías sinxelas e apegadizas, e cunha estrutura que combina estrofas e retrouso. O mesmo ca no rock, na música pop están moi presentes os instrumentos electrófonos e a batería, aínda que a súa presenza é máis suave. Ademais, aprovéitanse todos os recursos tecnolóxicos que ofrece o estudio de gravación.
Bing Crosby foi o primeiro cantante apodado "o rei da música popular", pola popularidade que acadou en todo o mundo durante as décadas 1940, 1950 e 1960.
Frank Sinatra tamén contribuiu á popularización da música pop.
Madonna está considerada a artista pop con máis venda de discos.
Michael Jackson é coñecido como "o rei do pop" desde a década de 1980 ata a actualidade e o seu álbume Triller posúe o récord do máis vendido de todos os tempos.
Cher abriu o camiño a moitos artistas do xénero pop.
The Beatles tamén abarcaron o xénero pop e foi o grupo con maiores vendas.
Música de aula:
Título: Fábrica de luz Título: O tren
Grupo: A banda da loba Intérprete: Andrés do Barro
Título: Déjame Título: Rolling in the deep
Grupo: Los secretos Intérprete: Adele
MÚSICA E EVOLUCIÓN HUMANA
Conceptos previos:
-Que é a herdanza?
A herdanza é o proceso natural polo que os individuos recollen directamente a información das células de pais e nais a fillas e fillos coas súas características.
-Que é a selección natural?
A selección natural é o proceso natural que fai que os individuos que están mellor adaptados sobrevivan mellor e polo tanto poidan ter fillos que herdarán as súas características.
-Que é a selección sexual?
A selección sexual é o proceso polo que un individuo escolle a outro en función das súas características externas para ter fillos.
MÚSICA E EVOLUCIÓN:
1) A primeira experiencia musical acontece durante a xestación.
Os fetos aprenden as características musicais da lingua materna dentro da barriga porque escoitan a partir do quinto mes de xestación. O oído é o primeiro sentido que desenvolvemos os humanos. Á parte da voz de mamá, hai outros sons musicais na barriga que compoñen a primeira experiencia musical dos humanos e dos que os fetos aprenden cousas: o latexo do corazón é rítmico (outra das características da música), bum-bum-bum, con este son os fetos aprenden que cando mamá se axita o corazón vai máis axiña, esta é a razón pola que os humanos entendemos que unha música alegre ten que ter ritmo rápido.
Quizais sexa por esta razón pola que en todas as sociedades humanas son as mulleres as principais cantoras (a voz feminina) e polo que sempre acompañan os seus cantos de tambores (bum-bum do corazón) e de axóuxeres de moitos tipos (o son shhh-shhh). Así, coma no resto do mundo, estes instrumentos musicais, os tambores feitos de pel e madeira (chamados tambores de marco) e os axóuxeres, foron empregados polas mulleres galegas dende tempos inmemoriais para acompañar os seus cantos. En Galiza os tambores de marco chámanse pandeiros e os axóuxeres usados para acompañalos ferreñas: os pandeiros podían ser redondos ou cadrados e as ferreñas redondas ou planas:
2) Os nenos e nenas poderían ser os fabricantes dos primeiros instrumentos musicais.
Unha vez que os humanos nacemos, rememoramos a nosa secuencia evolutiva: primeiro movémonos a catro patas (primates cuadrúpedes semellantes aos monos), despois poñémonos de pé e aprendemos a camiñar (Homo erectus), de seguido comezamos a manexar as mans para construír cousas (Homo habilis) e ao mesmo tempo imos aprendendo a cantar e falar. A habilidade manual que permite construír cousas sinxelas desenvólvena os nenos e as nenas por volta dos catro anos. A esa idade comezaban a construír os seus propios xoguetes.
Entre os instrumentos musicais que aparecen no Paleolítico europeo, temos máis de quince tipos diferentes: asubíos, raspadores, axóuxeres, tubos sonoros, zoadeiras, etc.
O máis curioso e sorprendente é que todos eses tipos diferentes de instrumentos musicais achados no paleolítico europeo foron fabricados e usados polos nenos e nenas galegos.
Moitos dos instrumentos musicais que os nenos e nenas fabrican entre os catro e os sete anos de idade aparecen nas escavacións do paleolítico europeo. Cando eran moi pequeniños, os nenos e as nenas fabricaban xa instrumentos moi sinxeliños, por exemplo asubíos, feitos con cascas naturais como as abelás, as landras ou os carrabouxos, este tipo conservouse nas escavacións fabricados en óso.
Aos cativos gustáballes moito facer xoguetiños que imitasen sons coñecidos, como os dos paxaros, por iso algúns asubíos levan nomes de paxaros como as coruxas ou os carrizos, estes construíanos empregando unha casca dunha noz, un cordeliño e un pauciño e imita o son das carrizas (Troglodites troglodites).
No paleolítico tamén aparecen asubíos de pedra, como os que se fabricaban no norte de Galiza cunha pedra moi brandiña chamada toelo, cos que tamén se pode imitar o son dos paxaros ou mesmo tocar unha melodía.
Segundo os nenos e nenas ían medrando, cada vez construían instrumentos musicais máis complexos, por exemplo, empregando dous tubiños de cana cun pouquiño de auga dentro, fabricaban uns xoguetiños, os paxariños, que cantan coma paxaros, os memso que o oleiros fabricaban de barro.
Os xoguetes rotatorios foron moi famosos entre os nenos e nenas de todo o mundo. Os galegos construían varios tipos que son ao mesmo tempo instrumentos musicais, por exemplo os cravanoces.
Cun botón, unha taboíña ou mesmo co óso da pata dun porco fabricaban un fungo ou bufagatos, un xoguete rotatorio documentado tamén no Paleolítico.
Empregando unha táboa, cadrada ou con forma de peixe, atada na punta dun cordel, os nenos e as nenas fabricaban zoadeiras, instrumentos musicais moi ben documentados no Paleolítico europeo e que sobreviven unicamente en Galiza, Nova Guinea, Australia e na África negra.
3) As nenas cantaban e os nenos construían.
A selección sexual. A partires aproximadamente dos sete anos de idade acontece na nosa cultura un fenómeno moi salientable: as nenas comezan a cantar e empregar tambores de marco (pandeiros, pandeiras e pandeiretas), como as súas nais, mentres que os nenos comezan a construír instrumentos complexos que lles permiten facer melodías.
É moi importante explicar que homes e mulleres temos exactamente as mesmas capacidades respecto ao canto e a construción e que, polo tanto, esta diferenciación ten que ter outra base.
4) Os instrumentos musicais construídos polos nenos rememoran a historia cultural humana.
Igual que o noso desenvolvemento físico rememora a nosa evolución biolóxica, determinadas secuencias culturais que acontecen na vida dos nenos e nenas rememoran a nosa historia cultural. Quizais o exemplo máis bonito deste fenómeno sexa o dos nenos que van acabar por ser gaiteiros.
Na nosa cultura tradicional moitos nenos aspiraban a ser gaiteiros, pois era un oficio de prestixio (de lucimento). Dende que eran pequenos ata que chegaban a tocar unha gaita de fol dos adultos, os nenos seguían un camiño de construción de instrumentos musicais, de máis sinxelos a máis complexos, que remata na gaita de fol dos adultos e que rememora exactamente a historia deste instrumento.
5) Por que son as mulleres as principais cantoras nas culturas humanas?
A falta de interese das nenas na construción de obxectos é probablemente o reflexo da súa actitude no proceso de selección sexual, a muller non ten que lucirse dun xeito tan activo como os homes, así que aínda que goza das mesmas capacidades construtivas que un home, a súa xenética non a impele a desenvolver actitudes construtivas desde a infancia, pero si que a empurra a cantar e manexar tambores.
Estas dúas, as nanas e as calidades aprendidas na barriga da voz feminina, poden ser as razóns polas que as mulleres son as principais cantoras nas sociedades humanas. As mulleres humanas non só empregaron para acompañar os seus cantos os tambores de marco xunto cos axóuxeres, se non que co paso do tempo os sons dos tambores (bum-bum) e dos axóuxeres (shhh-shhh), pasaron a formar parte do mesmo instrumento, e as culturas humanas desenvolveron tambores con axóuxeres incluídos no seu marco, caso dalgúns tambores redondos, das pandeiras e das pandeiretas galegas.
Pese a que as capacidades de homes e mulleres son moi semellantes, a selección natural colocounos en papeis diferentes dentro das nosas sociedades primitivas por motivos obvios: as longas infancias e as lactancias de seis ou sete anos de duración colocaron á muller no papel de principal coidadora dos nenos e nenas, para coidar hai que permanecer na aldea e por iso se desenvolveron sociedades matriarcais, nas que as mulleres organizaban e mandaban nas sociedades humanas. Como este papel foi ocupados polas mulleres, os homes foron seleccionados para cazar, protexer e, debido á selección sexual, construír. Este é o motivo polo que os homes desenvolveron algo máis de forza.
Os homes tamén coidaban aos seus fillos e fillas e as mulleres eran quen de cazar e construír, estes papeis non son excluíntes, son simplemente inclinacións.
6) A MÚSICA E A COHESIÓN SOCIAL
Dende moi antigo e ata os anos 1990, os científicos e científicas pensaron que a música era simplemente unha diversión dos humanos, un pasatempo. Ancorada nesta categoría, a música perdía calquera tipo de relevancia no proceso evolutivo da nosa especie. Non entanto, nos anos 1990 descubriuse que cando un grupo humano fai música en conxunto, é dicir, cando cantan, bailan e tocan instrumentos en grupo, acontecen dous procesos moi salientables: por unha parte baixa considerablemente a testosterona nos homes, é dicir, a agresividade do grupo baixa considerablemente. Por outra parte, increméntase no sangue de homes e mulleres a concentración doutra hormona: a oxitocina. Á parte de ser un relaxante estupendo, a oxitocina ten un efecto sorprendente sobre as nosas mentes: permite fixar memorias positivas e esquecer acontecementos negativos.
A música é o mecanismo deseñado pola evolución para xerar cohesión social dentro dos grupos humanos.
Esta é a principal razón pola que os grupos humanos en estado natural organizan semanalmente varias festas, así manteñen forte a súa cohesión e incrementan a súa colaboración. Como nas sociedades tradicionais, e na nosa en particular, moitos traballos se realizaban de xeito comunal, nas aldeas galegas organizábanse, polo menos, dúas festas á semana e nalgúns lugares incluso tres. Nestas festas participaban todos os membros da aldea, dende os nenos e nenas ata os avós e avoas. Xogábase, contábanse contos e sobre todo, facíase música e bailábase. Nestas festas denominadas seráns, polavilas, foliadas, ruadas, etc., foron as mulleres as principais encargadas de aportar a música nestas festas cantando e tocando os seus tambores.
7) Tocar a gaita de fol é un xeito de lucimento.
As mulleres aportaron a maior parte da música na nosa sociedade tradicional cantando cos seus pandeiros pero, por que eran os homes os principais tocadores de gaitas?
Por unha parte os nenos xa viñan encamiñados cara a gaita de fol debido á construción de gaitas por eles mesmos.
8) Homes e mulleres ocuparon territorios diferentes.
O oficio das nenas e as mulleres foi organizar as nosas sociedades. As mulleres organizaban e mandaban nas aldeas humanas.
Podemos entón dicir que o territorio propio das mulleres foi a súa casa e as súas leiras. É curioso observar que as mulleres e as nenas empregaron moitos dos útiles deste territorio como os trespés, as tixolas, chaves, culleres, garfos, pratos, latas de pementón e incluso os sachos e aixadas, para acompañar o canto.
9) O territorio dos homes foi a coida do gando e a construción.
Moitos dos nenos pastores pasaban moito deste tempo libre construíndo e tocando instrumentos musicais.
Construír e tocar tres instrumentos musicais diferentes cos cornos das cabras é un fantástico exemplo da creatividade (musical) dos humanos, como tamén o é o ser quen de facer unha complexa melodía empregando unha folla de hedra (unha práctica só documentada por agora en Xapón, Bulgaria, no Amazonas e en Galiza), ou empregar unha cana fendida ao medio como instrumento de percusión e mirlitón simultaneamente, fabricar gaitas cunhas pallas, xoguetes sonoros aproveitando materiais da natureza, etc.
10) A música na medicina.
Facían música para acompañalo na súa viaxe ao inconsciente, para relaxarse, ben usando tambores e cantos, ben usando os berimbaos.
11) A música nas historias: os instrumentos de corda e as cantigas.
Outro costume amplamente difundido nas sociedades humanas e nos que a música participa son as cantigas. Todas as nosas sociedades teñen o costume de compoñer poesías baseadas en feitos destacables ou que compre lembrar, e de cantalas acompañándoas dunha música; xorden así as cantigas e os romances.
12) A música no ritual relixioso.
Unha das manifestacións máis comúns da música no ritual galego son os cantos de Nadal e Reis. A relixión católica fíxose cargo de prácticas moi antigas que celebraban o solsticio de inverno, é dicir, a morte do ano e o nacemento dun novo ciclo, simbolizándoo co nacemento de Xesús. Así, no Nadal, cuadrillas de nenos e nenas, homes e mulleres saían a cantar, de casa en casa.
Finalmente, lembrar que as actitudes e papeis diferenciais que homes e mulleres xogaron nas sociedades primitivas foron deseñados pola selección natural e sexual para facilitar a nosa supervivencia, non entanto, hoxe en día moitos destes papeis e actitudes xa non teñen sentido pois as condicións nas que vivimos trocaron substancialmente, e por iso debemos recalcar que homes e mulleres deben ser quen de escoller libremente os papeis queren xogar na sociedade e esta debe permitirlles esta libre elección en igualdade de condicións, dereitos e obrigas.
Instrumentos exóticos
A pipa: instrumento cordófono pulsado que funciona como solista e tamén como acompañante, ten 4 cordas y certa semellanza co laúde. A súa forma é de pera, é de orixe chinesa e data do século II a.C. Ademais, ten un mastro curvo e curto con 38 trastes. A pipa tócase coas unllas.
A kora: instrumento cordófono de orixe africana, cuxo son lembra un arpa. A súa caixa de resonancia constrúese coa metade dunha cabaza grande forrada con coiro. Ten unha ponte con fendeduras colgando desde o mastro, no que se asentan 20 ou 21 cordas.
A balalaika: instrumento cordófono de orixe rusa, con caixa de resonancia triangular, chá e cunha pequena abertura. Ten 3 cordas metálicas e un mastro longo.
A bandura ucraniana: instrumento cordófono pulsado, orixinario de Ucrania.
Está formada por unha caixa de resonancia de madeira. As cordas van nun mastro curto sen trastes.
Idea con instrumento de pequena percusión caseiro
Ta entréis no blog e miréis os cantantes e solistas (algún xa os coñecia como a Queen e a Michael Jackson e ambos gústanme moito) 🥰
ResponderEliminarA mí gustarme bastante Michael Jackson e a banda da loba
EliminarA mín sinceramente gústame todos pero os que máis me gustan son a banda da loba e los secretos
EliminarLoli, podesme recomendar mais musica pop porfa?
ResponderEliminarSi. Busca no buscador do blog (na lupa de arriba á dereita) as entradas sobre Lady Gaga e sobre Morat.
EliminarTamén hai na parte lateral dereita do blog un reprodutor de música con cancións que pediron as compañeiras e compañeiros.
A mi me encanta megusta mas los grupos de banda da loba
ResponderEliminarGustame retroceder a musica do pasado 👌👌👌👌👌
ResponderEliminarTes razón era moi boa música e o seguira sendo.
EliminarSi,e moi interesante saber como era a música antes.
EliminarHola Loli estiven lendo os datos da canción Thriller e nun momento menciona a palabra símil sonoro, que é iso?
ResponderEliminarUn símil sonoro é unha comparación, a través da música, de dúas cousas para expresar unha idea. En Thriller Michael quixo facer como se dunha película de terror se tratase.
EliminarMoitas grazas.
EliminarO meu grupo favorito e Queen. Morrome de ganas de dar a canción radio gaga!
ResponderEliminarGústame moito as calidades do son.
ResponderEliminarA mi tamen.
EliminarA mi tamen gustoume moito!!!!!!
EliminarES in teresante me gusto mas el video que las proebas
ResponderEliminarA mí también me gusta más el vídeo.
EliminarO malo do vídeo é, que vai moi rápido...
EliminarE verdade...
EliminarHoxe aprendín o dos hertzios. Non sabía que había máis dunha maneira de medir a altura.
ResponderEliminarEu tampouco tiña nin idea pero sempre se aprende algo.
EliminarO dos hertzios xa é moi antiguo no meu conservatorio afínase ao LA 442 e na Orquesta Sinfónica de Galicia afínase ao LA 441 pero o LA do diapasón afínase a 440
EliminarEntre o video, as probas e todo o demáis, ensinaronme moitas cousas que non sabía.
ResponderEliminarAs probas sobre todo as primeiras fixeronme un lío tremebundo.
A mín tamén me líaron ó principio, pero igualmente son moi divertidas.
EliminarA mi tamen me hice un lio ao principio de todo
EliminarA mi tamen
EliminarPareceme moi interesante porque saber toda a intesidade,altura...ten que molar moito!!
ResponderEliminarA min tamén interesame moito o que aprendimos hoxe!
EliminarEu penso que a altura, a duración, o timbre e a intensidade son moi importantes e interesantes para nos, xa que estamos aprendendo!
ResponderEliminarGustoume moito as calidades do son sobre todo os xogos o que mais gustoume foi o de as tarxetas. Eu quero seguir xogando tantos xogos de aprendixace!!!!!!!
ResponderEliminarParéceme bastante difícil aprenderse todo pero pouco a pouco se pode conseguir. Este apartado gustasme bastante sobre todo porque esta o himno do Depor que e un moi bo himno.
ResponderEliminarAlgunhas cousas as dimos o ano pasado,as actividades foron moi divertidas e aprendin moitas cousas .
ResponderEliminarGustáronme moito as actividades de "PONTE A PROBA", aunque a segunda agobioume un poco 😅
ResponderEliminarA min tamén 👍😎
EliminarGustame escoitar música do pasado,chamame moito a atención saber como era a música antes.
ResponderEliminarAs calidades do son son divertidas pero os xogos máis
ResponderEliminarGustoume moito a prueba da profe.
ResponderEliminarGustaronme moito as actividades de ponte a proba foi xenial , unha das mellores clases de musica 👌👌😎😎
ResponderEliminarA min encántame as probas que fai a profe. É A MELLOR!!
ResponderEliminarSE A PROFE E A MELLOR❤❤💖🎶🎶🎶🎶
EliminarA PROBA ME ENCANTOU E SE APRENDE MOI SOBRE AS CALIDADES DO SON
ResponderEliminarA min tamén
EliminarGustoume moito pero pareceume un pouco dificil
ResponderEliminarCUAL LA PRIMERA PROBA O LA SEGUNDA
EliminarA min complicouseme un pouco a segunda proba🤩🤩🤩
EliminarE a ti😀
EliminarMe gustaron mucho los juegos son divertidos y tambien se aprende
ResponderEliminarSon moi educativos! 🎶👀✔😊🤣😂😆🎁
EliminarA mi costoume un pouquiño.
EliminarGustoume moito ir a aula de informatica a facer as actividades das calidades do son😁😊😃💅
ResponderEliminarE a min
EliminarMe encanto moito me encantaron as actividades
ResponderEliminarGustoume, tuve moitos ben e oesplicaba moi ben video👍
ResponderEliminarA mi tamén 😀😉😁
EliminarEstoy inpresionado de todo lo que estoy aprendiendo.Ahora vere la musica de otra manera!
ResponderEliminarYO TAMBIEN 😎😎🤑🤯
Eliminary yo
EliminarGustoume moito as probas e o video 😀😀
ResponderEliminarGustoume moito as probas
ResponderEliminarA min tambien
EliminarEstoy contenta por todo lo que aprendo en musica,me gustaria aprender mucho mas de los sonidos porque es muy importante
ResponderEliminarEu tamen estou moi contenta ca clase foi moi divertido.
EliminarMe gustaría aprender mas sobre la calidad de los sonidos, porque es bueno aprender como son los sonidos y identificarlos en en la música o su forme en los pentagramas para que cuando vayamos a tocar un instrumento sepas identificarlos. :)
ResponderEliminarÉ certo, sempre é bo aprender algo máis 😀😛
EliminarGústame moito "Pon a proba"
ResponderEliminarGustáronme moito as actividades e os xogos aprendin moito
ResponderEliminarAprendin moito na clase.
ResponderEliminarEu tamen pero podias poner un comentario mas grande 😎😎😎🤡❤💛💛
EliminarGUSTAME MOITO O XOGO DE PONTE A PROBA
ResponderEliminarAo principio pareciame dificil, pero ahora que hice as probas pareceme mail facil.
ResponderEliminar
Eliminareso é certo ,agora parece fácil comparado con antes
Ao principio paracia dificil pero despois xa era facil, pero o de ponte a proba 2 iba moi rapido
ResponderEliminarGustame moito o xogo de verdadero ou falso
ResponderEliminarA min tamen gustoume moito o verdadero ou falso
EliminarMe gustou moito o PON A PROBA o q mais me gustou foi o verdadero ou falso
ResponderEliminarA mi tamen
EliminarA mi tamen
EliminarGustoume moito o esquema e o vídeo explicaba todo moi ben. Ademáis os xogos eran divertidísimos aínda gustoume máis o segundo.
ResponderEliminartes razon,a verdade e que explicao moi ben e os xogos eran divertidos e educativos
Eliminargustoume moito as actividades e xogos xa que e moi interesante e pude aprender moito nestas actividades
ResponderEliminarA min tamen me encantaron as probas oxala Loli ponga mais c:
EliminarO son e moi interesante.O timbre e o que mais gustame porque cada cousa ten un distinto timbre.
ResponderEliminarGustoume moito os xogos de ponte al dia , espero que loly nos ponga mais actividades de este tipo.
ResponderEliminarCASI ACERTO O XOGO DE PONTE A PROBA GUSTOUME MOITO
ResponderEliminarGUSTOUME MOITO.
ResponderEliminarO esquema pareceume moi interesante e os xogos das calidades do son parecéronme moi divertidos.
ResponderEliminarA mi tamen
EliminarAs calidades do son son a altura ,a duracion ,aintensidade e o timbre. As probas costaronme un pouquiño, aunque foron divertidas
ResponderEliminarMOLARON MOITO AS ACTIBIDADES DE PONTE A PROBA E OESQUEMA ALLU DOUME A FACELOS.
ResponderEliminarAprendin moito nesta clase,foi moi divertido,sobre todo os ponte a proba.
ResponderEliminarSí,tes razón foi moi divertido,e aprendimos😁😁🤩😘🎁🎀
Eliminarlos juegos de ponte a proba fueron muy entretenidos
ResponderEliminarEL JUEGO DE PONTE A PROBA ES DIVERTIDO PERO EL 2 VA MUY RÁPIDO
ResponderEliminarlos juegos de ponte a proba fueron muy entretenidos
ResponderEliminarO xogo iba moi rápido,me desconcentraba,máis aprendín un montón.É increible que faga tanto o son,e moi interesanta
ResponderEliminarMe encanto todo 💖💖💖
ResponderEliminarGUSTOUME 😊O DE VERDADERO O FALSO E MOI GUAY,O QUERO FACER MAIS VECES 😁😋😊😉😝😝😜😜
ResponderEliminaraunque sea un poco difícil conseguí mas de 60%😎🤣
ResponderEliminarMe encantaron las actividades y los juegos eran una chulada en mi opinión mola mogollón😎😎😁
ResponderEliminarEncantoume o apartado de aprender máis sobre as cancións pensó que a música antiga ten moita historia é moi interesante os datos dese apartado sobre todo os da cancion Radio ga ga🔍🔎📲🎶😃👍🏼
ResponderEliminarO meu jingle favorito é o de kiko
ResponderEliminarA forma musical a había dado no conservatorio de ballet,que tamén damos música,as seccións non,pero as aprendín e paréceme moi interesante e divertido🫠😹👍👍🙆♀️👩🏫🙋♀️
ResponderEliminarO ponte a proba 5 si que me puxo a proba e foi moi divertivo porque aprendín dos meus fallos
ResponderEliminarAs preguntas do Ponte a Proba 6 eran Unha maneira divertida de aprender música
ResponderEliminarParéceme moi interesante este tema porque aprendemos moito sobre música e é moi entretido.
ResponderEliminarMi música favorita es la pop pero no sabía tantas cosas sobre ella.Pensaba que era originaria de España!!!🤪🤣🤣🤔😁
ResponderEliminarNon sabía que a música pop é tamén orixinaria de Inglaterra.
ResponderEliminar