INSTRUMENTOS DO MUNDO_5º

 INSTRUMENTOS DO MUNDO



. A kalimba (tamén coñecida como sanza ou mbira) é un instrumento musical idiófono, de son doce, e extendido por todo o continente africano.

Tócase principalmente en ceremonias relixiosas e  en reunións sociais. Ten o seu maior arraigo en Zimbabue Mozambique ao sureste de África, onde é considerada un instrumento nacional.

sanza é considerada por algúns autores e autoras como un antecesor do piano. Consiste nun grupo de láminas, adheridas a un taboleiro ou resonador de madeira de caoba, que se presionan e se soltan cos polgares para producir melodías e acompañamentos.

As láminas son de diferente lonxitude e material, duras pero flexibles, fabricadas xeralmente en metal aínda que máis artesanalmente se poden fabricar con bambú. Están fixadas a unha ponte por un extremo e teñen libre o outro, de xeito que producen sons ao seren punteadas coas unllas ou incluso cos dedos polos extremos libres. Segundo a lonxitude, as láminas vibrarán a maior ou menor frecuencia , o que se traduce en notas diferentes que poden afinarse alongando ou diminuíndo a súa lonxitude. A súa afinación efectúase dando lixeiros golpes secos cun pequeno martelo nos extremos de cada tecla para alongar ou acortar as láminas correspondentes a cada nota.

caixa de resonancia é onde se amplifica o son ao rebotar no seu interior.  Suxéitase coas dúas mans por debaixo do instrumento e os polgares sobresaíndo enriba, e  puntéanse as teclas cos polgares.  Tamén ten dous pequenos buratos na parte posterior que poden ser tapados o deixados libres para crear efectos no son.

Xeralmente a ubicación das notas é intercalada comezando a escala coa nota máis grave no centro e continuando un orde intercalado de esquerda, dereita, esquerda, dereita ata a última tecla; é dicir:

DO La Fa Re Do Mi Sol Si Re
8 6 4 2 1 3 5 7 2

Tamén hai kalimbassanzas ou mbiras cunha afinación especial, coas teclas nun orde único e concretado para cada unha.

. O djembé (tamén yembeyimbesanbanyi o tam tam) é un instrumento de percusión da familia dos membranófonos. Orixinouse entre Malí e Guineadende onde migrou posteriormente a SenegalCosta de Marfil y Burkina Faso, formando parte integral da música e as tradicións da zona. 

Poden ter diferenzas na forma, na densidade da madeira, nos gravados e na pel e existe unha ampla gama de tons que pueden ser emitidos polo yembé. Golpear a pel preto do centro produce notas máis graves e preto do bordo tons máis agudos. Se está ben afinado obtéñense sons graves, medios e agudos ben diferenciados. Tradicionalmente, os yembés teñen uns 30 cm de diámetro.

Hai dous tipos de djembé: 

- Os tradicionais, feitos de xeito artesanal con madeira e pel de cabra ou de becerro. Afínanse por medio dunha corda de alta resistencia entrelazándose no aro do parche e no aro da base do instrumento..

- Os modernos, que poden estar feitos de madeira e pel natural ou de fibra e pel sintética.

Existe unha gran variedade de ritmos tradicionais, destacando ritmos de festa e rituais. Segundo o ritmo que se toque é a actividade que se realiza: ritmo moribayassa en situacións de enfermidades ou outros problemas, ou o ritmo kakilambe en oracións para protexer a aldea.

Hoxe en día o djembé é empregado desde a música tradicional africana a grupos de reggae ou música electrónica. É un dos primeiros membranófonos que existiu no mundo.

. O sitar é un instrumento musical tradicional da India e Pakistán, de corda pulsada orixinario da India semellante á guitarra, o laúde ou o banxo pero co mastro máis grande. Identifícase polo seu son metalizado e os seus glissandos. 

Está fabricado cunha madeira moi dura de teca e está composto por unha caixa de resonancia feita a partir dunha cabaza. O mastro recto leva un diapasón moito máis ancho que o da guitarra con entre 16 e 20 trastes móviles de latón ou prata. Ten de 11 a 19 cordas afinables de aceiro. Ás veces conta cun corpo de resonancia máis pequeno debaixo do extremo do mastro con sete cordas de aceiro e latón, catro para a melodía e tres para o acompañamento. Púlsanse cunha púa ou mizrab. 

. A frauta de Pan ou frauta peruana é un instrumento de vento de Perú Bolivia, formado por tubos ocos de diferente lonxitude, pechados por un extremo, que produce un son harmonioso e equilibrado. Estes tubos están fabricados xeralmente de caña, bambú, madeira, metal, plástico ou marfil.

O son é producido pola vibración do aire soprado a través dun pequeno burato aberto ao final de cada tubo

O nome de frauta de pan fai referencia ao deus grego Pan, que representaba a natureza e os pastores. Actualmente, é un instrumento moi empregado principalmente en Sudamérica, por elo é coñecida tamén como flauta peruana, aínda que cada vez máis extendido a todo o mundo.

As características da frautas de pan son:

  • - Poden estar formadas por unha ou dúas filas de tubos.
  • - El número de tubos é variable, desde 8 tubos a máis de 25.
  • - Existen distintos tipos de frautas de pan, con tamaños que varían entre os 10 e 30 cm.
  • - A diferencia do resto de frautas, a frauta de pan componse de varios tubos e non ten buratos nos tubos.
  • - Cada tubo produce o son de cada nota musical en función do seu tamaño e estrutura.
  • - Os tubos están unidos con fío ou outras fibras vexetais.
  • - O son é habitual na música relaxante, xa que xera sensación de paz e tranquilidade.

Tipos de frautas de pan:

Respecto a su forma podemos distinguir 2 tipos de flautas de pan:

  • Estilo recto: Son máis difíciles de tocar polo que requiren maior dominio. Son tradicionais en América do Sur.
  • Estilo curvado: Permiten unha aprendizaxe máis rápida, xa que son máis cómodas e fuertes. As frautas de pan rumanas optan por este estilo.

Segundo a súa orixe e estrutura podemos distinguir as seguientes variedades de frautas de pan:

  • Zampoña. É a frauta de pan máis habitual composta por unha fila de tubos e orixinal de países sudamericanos.
  • Siku. Composta por dúas filas de 6 ou 7 tubos de caña de diferentes lonxitudes e con orixe en Perú.
  • Siringa. Con orixe en Grecia, onde obtivo o nome en honra á ninfa Siringa.
  • Paixiao. Frauta orixinaria de China.
  • Nai. Frauta de caña con forma cóncava orixinaria de Rumanía
  •                  
banxo é un instrumento de corda orixinario dos Estados Unidos e característico no século XIX da música tradicional estadounidense. A mestura de materiais que conforman o banxo consegue un dos instrumentos musicais cun son característico e inconfundible.

Está formado por unha caixa redonda de metal cuberta cunha pel tensa como a dun tambor, unida a un mastro longo e estreito de catro a nove cordas. Tócase punteando as cordas cos dedos ou con púa e mide aproximadamente 85 centímetros.

Nas súas orixes estaba aberto pola parte traseira (banjo openback), engadíndose no século XX un resonador de madeira a modo de peche (banjo bluegrass), con maior resonancia e volume que o que non pecha por atrás. Actualmente, conviven ambos tipos de banxo e empréganse dependendo do estilo musical.

. O didyeridú ou diyeridú, é un instrumento aerófono ancestral empregado polos pobos orixinarios de Australia. Pertence á familia das trompetas. 

Nas súas orixes, o didyeridú foi creado a partir de troncos de árbores e arbustos de gran grosor principalmente do xénero Eucalyptus, co seu interior roído pola acción das termitas. Ao limpar o tronco obtense un tubo longo que se fai sonar facendo vibrar os beizos nun dos seus extremos. Esta vibración é amplificada polas paredes do tubo e xera o seu característico son. Movendo os beizos e a lingua e facendo vibracións coa gorxa, pódense variar os sons.

Un didyeridú, usualmente, mide entre 6 e 12,5 cm de diámetro, e de longo pode ir desde 80 centímetros a dous metros ou máis. O longo do instrumento determina a gravedade do son (canto máis largo, máis grave).​ Algúns presentan un ensanchamento na boca inferior, semellante ao dunha trompeta. Moitas veces, a boca superior, pola cal se sopra, presenta unha cuberta de cera de abellas para previr a irritación dos beizos por mor do roce.

Unha das súas particularidades é que se puede tocar durante un tempo ilimitado mediante unha técnica denominada respiración circular, que consiste en manter continuamente unha cierta presión de aire na boca, inhalando aire polas fosas nasais.

O son característico do didyeridú convérteo nun instrumento óptimo para a musicoterapia, tanto para a persoa que toca –que pode empregalo para guiar as súas meditacións–, como para a persoa que escoita, xa que pode inducir ao estado de relaxación profunda.


Identifícaos agora no mapa do mundo.


Interpretacións



Comentarios

  1. Grasas! Así coñezo más os instrumentos de litros lugares do mundo!!🌼😀

    ResponderEliminar
  2. É increíble que halla instrumentos preciosos por todo o mundo,porén a maioría non son moi conocidos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E verdade hai moitos instrumentos no mundo e son moi bonitos 💗🫶🏻

      Eliminar

Publicar un comentario