UNIDADE 8 5º

DANZAMOS:

TAMBOR - tradicional de Venezuela

O tambor é unha danza chea de enerxía que forma parte esencial da cultura venezolana.

É tocada por tambores venezolanos como instrumentos principais pero tamén por chácaras para celebrar festividades e cerimonias expresando a identidade en comunidade do pobo venezolano.

Sen embargo, ao seren movementos rápidos, a moitas persoas lles é dificíl aprender a bailalos.

O primeiro que hai que facer é familiarizarse co ritmo ata chegar a notar como os tambores dialogan entre si para poder bailalo con filas de parellas unhas fronte ás outras.

Unha vez que coñecemos o ritmo, o movemento das cadeiras é indispensable. Con movementos fluidos e ao ritmo da tambora.

Despois, non só se baila cos pés, senón con todo o corpo, involucrando a cadeira, os pés e os brazos, que é a última parte que engadimos ao bailar o tambor.

Traballar a coordinación é importante para poder mover en conxunto as diferentes partes do corpo.

Cando domines os pasos básicos, céntrate en sentir comodidade ao bailar.


MUIÑEIRA - folclórica de Galicia

A muiñeira é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. Comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que agardar algún tempo a que o millo estivera a punto e para pasar o tempo, bailaban.


Como baile tradicional interpretábase en festas e romarías. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira e vestidos co traxe tradicional.



A muiñeira distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, interperetada por instrumentos tradicionais como a gaita, o pandeiro e a pandeireta.

A estrutura musical, composta de copla (tema A) e volta (tema B), interpretado na danza en xeito de punto e paseo.

Na muiñeira vella o home realiza puntos complexos e a muller fai paseos con forma de oito.

Na muiñeira nova un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.

Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.


Uptown Funk - Mark Ronson


A TEATRALIDADE

A teatralidade é a calidade do teatro que fai referencia ao conxunto de signos e de sensacións construidas dentro dunha escena a partir dun argumento que xa foi escrito.

CARACTERÍSTICAS DA TEATRALIDADE

1. Fai que o espectador vibre ao mesmo tempo que o fan os actores.
2. Permite ao espectador vivir unha escena con drama, reflexión, crítica, divirtíndose e emocionándose.
3. Pretende conmover as emocións dos espectadores.

ESTRUTURA DUNHA OBRA DE TEATRO
A maioría das obras de teatro divídense en tres actos, cada un coa súa propia función e propósito.
O primero acto emprégase para presentar os personaxes, establécese o escenario da situación inicial e introdúcese o conflito que impulsará a trama. 
O segundo acto desenvolve o conflito e aumenta a tensión dramática, levando os personaxes a enfrontar desafíos e complicacións.
Finalmente, no terceiro acto resólvese o conflito e conclúe a historia.

VOCABULARIO
O acto: É a división principal dunha obra de teatro, semellante aos capítulos nunha novela. Unha obra de teatro pode ter un ou varios actos.
A escena: Cada acto componse de escenas con situacións que se desenvolven nun mesmo lugar e tempo.
O diálogo: É a conversa entre os personaxes da obra e é a forma na que se desenvolve a trama.
O monólogo: É o discurso que un personaxe pronuncia en solitario, sen interactuar con outros personaxes.
O aparte: É unha frase que un personaxe di en voz baixa, que non escoitan os demais personaxes, e que serve para revelar os seus pensamientos ou sentimentos ao público.
As acotacións: Son as indicacións que o autor ou autora dá sobre a puesta en escena, como a descrición dos personajes, o vestiario ou a iluminación.
A exposición: É a información que se dá ao público ao comezo da obra para situalo na trama e presentar os personaxes.
O :  É o punto da obra no que se desenvolve a trama principal e se chega ao punto de máxima tensión.
O clímax: É o punto de máxima tensión da trama da obra.
O desenlace: É a resolución da trama e o final da obra.




Comentarios

  1. Epncántame a canción de Uptown Funk , vai ser moi divertida bailala

    ResponderEliminar
  2. Encantame todos os bailes , sobre todo o Uptown Funk.😁😁😁😄😄😄😀😀😀😃😃😃

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa, a min tamén gústame moito, aínda que non sei se prefirió a muiñeira

      Eliminar
  3. bien. Son muy divertidos🙃🙃😉🤩🤑🤠💯👌🕶🤠🥸😎🤓💩💥🌋

    ResponderEliminar
  4. Gústame moito esta unidade, os bailes parecen moi entretidos e divertidos de bailar. Aínda que Despois o exame xa é outra cousa, a ver qué tal vai. 😉😆👌🏼🤫🧐😛

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu penso o mesmo esperemos que o martes o exame sea sinxelo 😎😎

      Eliminar
    2. Eu penso que vai sair moi ben, pero hai que velo o martes . O tema é moi chulo🙃😁

      Eliminar
  5. Gustarme moito.E guay🥰🥰🥰🥰😍😍🤩🤩🥳🥳🥳

    ResponderEliminar
  6. Gústame moito todo! O que máis me gustou foi Uptown Funk.

    ResponderEliminar
  7. É facil a ficha. ¿Hai que poñer o nome? Non sei...😆😆🤪

    ResponderEliminar
  8. Eu xa fixen a ficha haber que tal o examen🙂😀😋

    ResponderEliminar
  9. Eu creo que vais ser facil🐊💯💥💩🤞🕶😎😎

    ResponderEliminar
  10. Gustoume moito a danza de Venezuela e tipica do pais do meu pai

    ResponderEliminar
  11. Encantanme os bailes, sobre todo a muiñeira😎🙃😁😜🤩❤️🤗

    ResponderEliminar
  12. O exame vai ser facil

    ResponderEliminar
  13. Leínme todos os comentarios, máis o texto. Pero como faltei unha semana non enteirome de que teño que estudar.

    ResponderEliminar
  14. Ademais,os vidios non salenme enton...

    ResponderEliminar
  15. Gustaronme moito todos os bailes pero o uptown-funk moito mais

    ResponderEliminar
  16. Despois de Facebook tantas veces (7)e moi fácil e sinxelo

    ResponderEliminar
  17. A danza moderna e moi complicada .

    ResponderEliminar
  18. Unha preguntiña :na proba do martes tiñamos que bailar non?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario