OS XÉNEROS ESCÉNICOS (6ºA)

Ópera – Forma de teatro que combina música, canto e danza.
Musical – Obra de teatro que inclúe cancións e danzas como parte da narrativa da historia.
Comedia –  Obra de teatro deseñada para facer rir aos espectadores.
Traxedia – Obra de teatro que presenta eventos tristes ou serios, a miúdo cun final desafortunado.

OS MÉTODOS INTERPRETATIVOS

MÉTODO STANISLAVSKY

Enfócase na busca da verdade emocional na actuación. Os actores sumérxense profundamente no mundo interior dos seus personaxes, buscando conectar de maneira auténtica coas súas emocións.

Trátase de recrear ante o espectador unha verdade totalmente realista e crible facendo que o actor busque as sensacións do personaxe na súa pel, facéndose sempre a pregunta: "Se eu estivera no lugar do personaxe ¿que faría el? ¿que sentiría? " etc.


MÉTODO GROTOWSKY

Baséase nos estímulos, impulsos e reaccións dos actores, creando artistas totalmente sensibles a calquera cousa que pase sobre o escenario, con fascinación e estimulación psíquica.


MÉTODO CHEJOV

Enfócase nas "imaxes" atendendo a distintos puntos como: a concentración, a imaxinación, a calidades das accións, a atmosfera, o obxectivo e a improvisación; todo elo marcado polas sensación de facilidade, de forma, de beleza, de totalidade, que dotan ao actor da liberación de tensións perxudiciais. Relaciona un xesto cun estado psicolóxico.


MÉTODO ADLER

Trata a imaxinación como ferramenta central do traballo.
O actor debe crer no seu personaxe e deixar que a súa imaxinación constrúa imaxes, sensacións e toda unha historia persoal arredor del.

MÉTODO STRASBERG
Trátase de potenciar todo o traballo de memoria emocional eliminando das circunstancias dadas todos os datos que non teñen un efecto directo sobre o corpo emocional do actor.

MÉTODO MEISNER
Céntrase na escoita e a resposta entre os actores. A través de exercicios de improvisación e repetición, aprenden a reaccionar de maneira xenuina no momento presente.
 

 

 DRAMATIZAMOS

Actividades:

Para que serve? (imaxinación)

Emociónate (expresión)

A nosa historia (expresión e creatividade)


LA VIDA ES BELLA (6ºB e 6ºC)

Ficha técnica e artística 

Título orixinal: La vita é bella 

Dirección: Roberto Benigni.

Guión: Vincenzo Cerami e Roberto Benigni.

Interpretación: Roberto Benigni (Guido), Nicoletta Braschi (Dora), Giorgio Cantarini (Giosué), Giustino Durano (tío Eliseo), Giuliana Lojodice (directora), Sergio Bini Bustric (Ferruccio), Marisa Paredes (nai de Dora), Horst Buchholz (Dr. Lessing), Amerigo Fontani, Pietro De Silva, Francesco Guzzo, Raffaella Lebboroni, Claudio Alfonsi, Gil Baroni, Massimo Bianco. 

Producción: Gianluigi Braschi e Elda Ferri.

Fotografía: Tonino Delli Colli.

Música: Nicola Piovani.

País: Italia.

Ano: 1997.

Duración: 120 minutos.

Cualificación: Para todos os públicos.


La vida es bella é unha obra do cine italiano, dirixida e protagonizada por Roberto Benigni, que se estrenou no 1997 e conquistou o corazón de millóns de espectadores en todo o mundo. 

Cunha mestura de humor e de drama, esta película amosa a capacidade de resistir e de soñar do ser humano ante as circunstancias máis adversas e dolorosas. Neste caso, a situación dunha familia que loita por sobrevivir.


La vida es bella foi recoñecida con sete nominacións aos premios Óscar, das cales gañou tres: unha ao mellor actor (o protagonista), outra á mellor película de fala non inglesa, e outra á mellor banda sonora


Trama:


Guido Orefice é un home optimista e divertido que chega á cidade de Arezzo co soño de abrir una libraría. Alí coñece por casualidade a Dora, unha mestra que está comprometida cun fascista chamado Rodolfo. 

Guido namórase perdidamente dela e conquístaa co seu inxenio e encanto, facendo que Dora abandone o seu prometido e case con el.  

Teñen un fillo, Giosue, que herda a alegría e a curiosidade do seu pai.


Sen embargo, a felicidade da familia vese truncada cando estala a guerra e os tres son deportados a un campo de concentración por ser xudíos. Alí, Guido fará todo por protexer o seu fillo da crueldade e do horror que lles rodea, facéndolle crer que todo é parte dun xogo.


A banda sonora (premendo nos títulos das cancións, podes escoitalas)

As bandas sonoras son fundamentais no cine, porque inciden nos aspectos emotivos que plantexan as escenas: o amor, o suspense, etc. Serven para crear momentos culmes, para determinar atmosferas e para preparar o espectador. 

Nesta película a música é moi importante e foi elixida e creada con moito coidado. 

. La Vita è Bella:

Esta banda sonora equilibra a comedia e a traxedia. De feito gañou o premio Óscar á Mellor Banda Sonora Orixinal en 1999.

O tema principal, "La Vita è Bella", é a peza máis icónica da banda sonora. A súa melodía é sinxela e alegre, interpretada principalmente con piano e máis instrumentos de corda, transmite sensación de optimismo e de esperanza. 

O tema principal preséntase en diferentes momentos ao longo da película. Nos momentos de alegría e de romance entre Guido e Dora a melodía é festiva. E nos momentos máis difíciles, como a deportación ao campo de concentración, o tempo da melodía vólvese lento, reflexando o horror da situación.

A canción chámase «Beautiful That Way» e é interpretada pola cantante Noa con música de Nicola Piovani.

Pódese escoitar tamén en Spotify e en Apple Music.

Buongiorno Principessa: La Serenata del Amor

"Buongiorno Principessa" (Buenos días, princesa) é outra peza destacada, asociada coa ilusión de Guido por Dora. A música agora é romántica.

Grand Hotel Fox

 "Grand Hotel Fox": Baile en el compromiso de Dora.

Barcarolle de Jacques Offenbach: (Barcarola)

«Barcarola» (Belle nuit, ô nuit d’amour) é a peza de ópera que se escoita na escena do gramófono. O seu compositor é Jacques Offenbach. Compúxoa para dúas voces femininas para a súa ópera Los cuentos de Hoffmann. La Barcarola non pertenence á partitura orixinal de Nicola Piovani.

Na película emprégase esta música como un símbolo da perda e da nostalxia no campo de concentración.

Que é un leimotiv?

Un leitmotiv é un tema musical recorrente asociado a un personaxe, a un lugar ou a unha idea concreta. Por exemplo, o tema principal, "La Vita è Bella", está ligado ao personaxe de Guido e á súa visión optimista da vida. Sona en escenas nas que está Guido.

O tema "Buongiorno Principessa" está asociado co amor entre Guido e Dora. Cada vez que Guido expresa o seu afecto por Dora, sona este tema.

O silencio emprégase nalgúns momentos clave da película. É dicir, a música detense por completo, deixando ao espectador nun silencio inquietante, sentindo o peso da situación, como nas escenas do campo de concentración. 

Resumo da película en imaxes co tema principal da banda sonora:




22 Reviews:

  1. Quedeume paralizada!!!non sabía que había tantos métodos para o teatro,so interpretar unha peza de forma esaxerada ou real.

    ResponderEliminar
  2. Megusta el metodo Grotowsky que consiste en que los actores representa el papel de forma muy creíble para que el público se lo crea.
    Para practicar ellos usan cualquier parte del cuerpo u objeto, y así
    practican sin su compañero. 😁

    ResponderEliminar
  3. Encantame os métodos de teatro

    ResponderEliminar
  4. Quisiera seguir practicando las obras de teatro en el cole, porque son super divertidas . ☺️

    ResponderEliminar
  5. Faiseme moy complicado facer o método Grotowsky porque a min daríame a risa cos movementos que fan

    ResponderEliminar
  6. Entroume a curiosidade no primer vídeo do método Meisner.Non podo crer como manteñen tanto a seriedade

    ResponderEliminar
  7. Eu non sabía que houbera tantos tipos de métodos, os que máis me chamaron a atención foron o método Grotowsky e o método Chejov.

    ResponderEliminar
  8. Non sabía que nas películas víamoso método Adler

    ResponderEliminar
  9. Entraronme as ganas de rir co método Meisner.

    ResponderEliminar
  10. Os nomes son moi raros pero mais ou menos mos sei 😅😅

    ResponderEliminar
  11. O método que máis me chamou a atención foi o método Meisner.Hai que poñer todas as entonacións e dicilo de moitas maneiras e hai que intentalo moito

    ResponderEliminar
  12. Encantoume aprender sobre os metodos de interpretación! Teño un gran interes por o teatro,e isto axudame a que miña pasión crezca mais!

    ResponderEliminar
  13. Saíume moi ben a proba, aunque o tema foi bastante complicado

    ResponderEliminar
  14. Este tema foi moi fácil, o exame tamén.

    ResponderEliminar
  15. É moi fácil o tema, pero é verdade, liaste moito cos nomes.

    ResponderEliminar
  16. EU xa o dixen,os nomes son liosos non o seguinte 😅.Saiume moi ben a proba

    ResponderEliminar
  17. O método meisner pareceme moi gracioso e alucinante porque non sei como fan para non
    rirse

    ResponderEliminar
  18. O método meisner pareceme moi gracioso e alucinante porque non sei como fan para non
    rirse

    ResponderEliminar