TIPOS DE MELODÍAS
SIGNOS DE REPETICIÓN _ 6º
Por: Música Vitamínica o 23.9.22 / comentarios: 0 6º, cerebro musical, da capo, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, signos repetición
SIGNOS DE REPETICIÓN
Ademais dos signos que xa coñeces, existen outras formas de indicar repeticións da música nas partituras:
• Da Capo («desde a cabeza» en italiano) indica que a música se repite desde o principio.
• Da Capo al Fine («desde a cabeza ata a fin» en italiano) utilízase para repetir a música desde o principio ata onde se encontra a palabra Fine.
A ORQUESTRA. SECCIÓN DE PERCUSIÓN _ 6º
Por: Música Vitamínica o 22.9.22 / comentarios: 0 6º, cultura musical, instrumentos, orquestra, sección percusión
A ORQUESTRA. A SECCIÓN DE PERCUSIÓN.
A sección de percusión na orquestra é variable e depende de cada obra.
Algúns dos instrumentos máis frecuentes son: CAIXA, TIMBAIS, TRIÁNGULO, MARIMBA, PRATO, BOMBO, CAMPÁS TUBULARES, GONG.
A SÍNCOPE _ 6º
Por: Música Vitamínica o 21.9.22 / comentarios: 0 6º, cerebro musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, ritmo irregular, síncopa, síncope
A SÍNCOPE
Un síncope (una síncopa en castelán) é a prolongación dun son que comeza nun tempo ou parte débil deica un tempo ou parte forte, rompendo coa sensación de ritmo estable:
Síncope por punto: Formada por unha nota con punto.
Síncope por ligadura: Formada por dúas notas ligadas.
Síncope por valor: Formada por unha soa figura.
Síncope regular: Formada por dúas figuras da mesma duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por dúas negras ligadas é regular. Tamén un síncope formado por unha branca é regular porque se pode dividir en dúas figuras da mesma duración (dúas negras).
Síncope irregular: Une dúas notas de diferente duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por unha negra e unha branca ligadas é irregular. Tamén un síncope formado por unha negra con punto é irregular porque se pode dividir en dúas figuras diferente duración (unha negra e unha corchea).
Escoita a sensación rítmica producida polos síncopes
RECURSOS COMPOSITIVOS _ 6º
Por: Música Vitamínica o 20.9.22 / comentarios: 0 6º, cerebro musical, crear música, cultura musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, Recursos compositivos
RECURSOS COMPOSITIVOS
Á hora de crear unha obra musical, estes son os principais recursos compositivos:
• Repetición: consiste en reproducir unha parte da música exactamente igual.
• Variación: supón introducir algúns cambios no ritmo ou na melodía, pero de xeito que a música orixinal se siga recoñecendo facilmente.
• Contraste: trátase de compoñer unha parte completamente diferente que se distinga da anterior.
Mira o seguinte vídeo agás a última parte na que explica a sonata, que non fai falta.
🎶🎶🎶
A MÚSICA POP _ 6º
Por: Música Vitamínica o 19.9.22 / comentarios: 0 cultura musical, pop
A MÚSICA POP
A música pop ou popular (pop music) xurdiu nos Estados Unidos de América e en Inglaterra a finais da década de 1950. É un tipo de música especialmente dirixida á mocidade e conta cunha gran presenza nos medios de comunicación, que participan activamente para difundila.
As cancións pop adoitan ser de curta ou media duración, con melodías sinxelas e apegadizas, e cunha estrutura que combina estrofas e retrouso. O mesmo ca no rock, na música pop están moi presentes os instrumentos electrófonos e a batería, aínda que a súa presenza é máis suave. Ademais, aprovéitanse todos os recursos tecnolóxicos que ofrece o estudio de gravación.
Bing Crosby foi o primeiro cantante apodado "o rei da música popular", pola popularidade que acadou en todo o mundo duranteas décadas 1940, 1950 e 1960.
Frank Sinatra tamén contribuiu á popularización da música pop.
Madonna está considerada a artista pop con máis venda de discos.
Michael Jackson é coñecido como "o rei do pop" desde a década de 1980 ata a actualidade e o seu álbume Triller posúe o récord do máis vendido de todos os tempos.
Cher abriu o camiño a moitos artistas do xénero pop.
The Beatles tamén abarcaron o xénero pop e foi o grupo con maiores vendas.
Música de aula:
Título: Fábrica de luz Título: O tren
Grupo: A banda da loba Intérprete: Andrés do Barro
Título: Déjame Título: Rolling in the deep
Grupo: Los secretos Intérprete: Adele
🎶🎶🎶
SECCIÓNS MUSICAIS _ 6º
Por: Música Vitamínica o 15.9.22 / comentarios: 0 cerebro musical, cultura musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, seccións menores, Seccións música, seccións principais
SECCIÓNS DUNHA OBRA MUSICAL
Ademais das partes principais que dan forma a unha obra musical (A, B, C…), hai seccións que completan o conxunto, son as seccións menores:
• A introdución soa ao principio e serve para captar a atención do oínte e presentar o estilo, o carácter e a velocidade da peza.
• A ponte, tamén chamada interludio, enlaza dúas partes e adoita ser breve
e instrumental.
• A coda (que en italiano significa «cola») é a sección final dunha obra e nas partituras indícase co signo Ø.
AS ALTERACIÓNS _ 6º
Por: Música Vitamínica o 15.9.22 / comentarios: 0 ascendente, Ateracións, becadro, bemol, cerebro musical, descendente, díese, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, semitón, sostenido, ton
AS ALTERACIÓNS
As alteracións son signos que modifican a altura da nota que as leva (fana soar máis aguda ou máis grave) ou déixana como estaba. Aumentan ou diminúen 1 semitón.
- Díese/Sostenido (#). Altera un semitón ascendente a altura da nota que a leva.
- Bemol (♭) . Altera un semitón descendente a altura da nota que o leva.
- Becadro (♮) . Anula o efecto da díese e do bemol. É dicir, se unha nota ten díese ou bemol, e despois aparece con becadro, a nota é natural; ou sexa, como se non levase nada. Unha nota con becadro é igual a unha nota non alterada.
No piano as teclas brancas pertencen a notas naturais e entre elas hay un ton. As teclas negras pertenen a notas alteradas; dunha negra a unha branca hai un semitón. Entre o conxunto de notas das teclas brancas e as das teclas negras obtemos moita máis variedade de sons.
As alteracións poden ser:
- Propias: Cando están na armadura da partitura (entre a clave e o indicador do compás). IMPORTANTE: Estas alteracións afectan ás notas que as levan ao longo de toda a peza. - Accidentais: Cando están colocadas nas notas de maneira individual. Afectan a esa nota ao longo de todo o compás. - De precaución: Van entre parénteses para lembrar que a nova situación da nota.


Como podes ver, no 3º compás hai un fa# e no 4º a alteración de precaución lémbranos que o fa xa non está alterado.


Aquí vemos que na armadura hai un si bemol e no 3º compás un bemol que nos indica que ese si segue sendo bemol.
As alteracións poden ser:
- Propias: Cando están na armadura da partitura (entre a clave e o indicador do compás). IMPORTANTE: Estas alteracións afectan ás notas que as levan ao longo de toda a peza. - Accidentais: Cando están colocadas nas notas de maneira individual. Afectan a esa nota ao longo de todo o compás. - De precaución: Van entre parénteses para lembrar que a nova situación da nota.


Como podes ver, no 3º compás hai un fa# e no 4º a alteración de precaución lémbranos que o fa xa non está alterado.


Aquí vemos que na armadura hai un si bemol e no 3º compás un bemol que nos indica que ese si segue sendo bemol.
A díese e o bemol tamén se poden indicar ao comezo do pentagrama; nese caso afecta a todas as notas do mesmo nome que haxa na partitura.
🎶🎶🎶
ANTONIO VIVALDI _ 6º
Por: Música Vitamínica o 15.9.22 / comentarios: 0 Antonio Vivaldi, corda, cultura musical, estacións, primavera, violín
ANTONIO VIVALDI
Antonio Lucio Vivaldi, (Venecia, 4 de marzo de 1678-Viena, 28 de xulio de 1741). Era apodado Il prete rosso («El cura rojo») por ser sacerdote e roxo de pelo. Foi compositor e violinista. Aprendeu a tocar o violín co seu pai e, máis tarde, foi mestre deste instrumento nun orfanato. Para as nenas deste centro foron creadas moitas das súas obras, as cales podían ser interpretadas pola orquestra do orfanato inmediatamente logo de compoñelas.
Trátase dunha das figuras máis relevantes da historia da música. A súa mestría refléxase en cimentar o xénero do concerto, o máis importante da súa época. Compuxo unhas 770 obras, entre as cales se contan máis de 400 concertos e cerca de 46 óperas. Grazas a el, a orquestra e o coro desde lugar acadaron fama internacional. As catro estacións é unha das súas obras máis coñecidas. Son catro concertos para violín e orquestra. Unha obra descritiva que evoca as estacións do ano.
A PRIMAVERA O VERÁN
🎶🎶🎶
COORDINACIÓN RÍTMICA _ 6º
Por: Música Vitamínica o 14.9.22 / comentarios: 0 Black or white, cerebro musical, Coordinación rítmica, cultura musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, Michael Jackson
BLACK OR WHITE (Michael Jackson)
O ACENTO _ 6º
Por: Música Vitamínica o 13.9.22 / comentarios: 0 Acento, cerebro musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL
O ACENTO
AS FUNCIÓNS DA MÚSICA _ 6º
Por: Música Vitamínica o 12.9.22 / comentarios: 0 cerebreo musical, cultura musical, intelixencias múltilples
AS FUNCIÓNS DA MÚSICA
A MÚSICA INFLÚE NO NOSO ESTADO DE ÁNIMO E NAS NOSAS EMOCIÓNS. PODE AXUDAR A RELAXARNOS E A CONCENTRARNOS, PERO TAMÉN PODE INFUNDIRNOS VALOR E ENERXÍA.
ADEMAIS, A MÚSICA REFORZA O SENTIMENTO DE PERTENZA A UN GRUPO. A MÚSICA ÚNENOS!.
A música inflúe no noso estado de ánimo e pode cumprir diversas funcións:
• Relaxar: como os arrolos ou a música de meditación, que adoitan ter un tempo lento, unha intensidade suave e unha melodía repetitiva.
• Estimular: como a música de baile ou para festexar acontecementos, que normalmente teñen melodías animadas que transmiten optimismo.
• Fomentar a pertenza a un grupo: como os himnos nacionais, universitarios ou deportivos, que adoitan ter un tempo medio e un carácter emotivo, con letras que reforzan a unión e o sentimento de compartir un obxectivo común.
• Comunicar e persuadir: como os jingles, que nos intentan convencer das virtudes dun produto, teñen ritmos e melodías apegadizos, e letras rimadas fáciles de lembrar.
CURSO 2022-2023
Por: Música Vitamínica o 7.9.22 / comentarios: 22 aula, beneficios da música, cerebro muiscal, curso 2022-2023, intelixencias múltilples
Desexando volver a veros.
A nosa aula está case a punto para comezar este novo curso.
Por fin con normalidade e xuntos de novo.
A por todas!.
Bo comezo!.