As calidades do son son catro: altura, duración, timbre e intensidade.
A altura é a calidade do son que distingue un son agudo dun son grave. Represéntase coas notas no pentagrama.
A duración é a calidade do son que distingue un son longo dun son curto. Represéntase coas figuras e os silencios.
Otimbre é a calidade do son que distingue o son particular dos instrumentos, das voces ou dos obxectos que sonan.
Aintensidade é a calidade do son que distingue un son forte dun son suave. Exprésase con matices: piano, forte, mezzopiano, mezzoforte.
TOCAMOS CARILLÓN:
NUN MERCADO PERSA-Albert William Ketèlbey
MELODÍA:
DO´DO´DO´LA SOL LA SOL MI MI
LA LA LA SOL MI SOL MI RE RE
DO´DO´DO´LA SOL LA SOL MI MI
RE LA MI MI SOL LA LA
ACOMPAÑAMENTO:
II: DO DO DO Z :II
II LA LA LA Z RE RE RE Z II
II: DO DO DO Z :II
II RE RE SOL SOL LA LA LAA II
REPASO LECTURA DE NOTAS
OS SIGNOS DE REPETICIÓN
A ÓPERA
A ópera é un espectáculo musical e teatral interpretado por cantantes e unha orquestra.
Na súa creación participan:
. Compositor ou compositora: crea a música.
. Libretista: crea os textos.
Na posta en escena da ópera interveñen:
. Director ou directora de escena: decide sobre todo o que sucederá no escenario.
. Directora ou director musical: coordina a interpretación dos cantantes e da orquestra.
. Cantantes e instrumentistas: interpretan a música creada polo compositor pu compositora.
. Reponsables da iluminación, do son, dos decorados, do vestiario e da maquillaxe: coordinan para que a estética da obra estea acorde ás escenas cos personaxes.
Exemplo de ópera:
Ópera Don Giovanni- Mozart
La ci darem la mano
Ópera El barbero de Sevilla- Rossini
Aria de Fígaro
OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTO E CALDEIRÓN
A LIGADURA DE UNIÓN
A ligadura de unión é un signo de prolongación do son que se representa cunha liña curva enriba ou debaixo da cabeza de figuras ou de notas e que serve para unir o son de figuras da mesma ou de diferente duración e de notas do mesmo nome.
Lectura con ligaduras de unión
O PUNTO (OU PUNTILLO)
O punto ou puntillo é un signo de prolongación do sonque se representa cun punto pequeno á dereita da cabeza dunha figura ou dun silencio e aumenta a metade do valor da figura ou silencio que o leva.
Canto duran?. Calcula:
Lectura con punto
O CALDEIRÓN
O caldeirón é un signo de prolongacióndo son que se representa cun semicírculo cun punto no seu interior que, colocado enriba ou debaixo dunha figura ou dun silencio, permite alongar o son tanto como o ou a intérprete desexe.
Lectura con punto e caldeirón
LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS
(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)
Para comentar unha partitura imos redactando cada paso dos que se indican a continuación, describindo coas nosas palabras o que sabemos dos diferentes elementos que aparecen.
1º Tipo de compás: Esta partitura/este fragmento musical, esta melodía... está nun compás de 2/4, 3/4, 4/4 ...
2º Número de compases (contando as repeticións): Ten tantos compases.
3ºFiguras: a figura de menor duración é... e a de maior duración é...
4º Notas: a nota máis grave é .... e a máis aguda é....
En música empregamos a palabratempopara referirnos ávelocidade.
Untempo allegroleva unhavelocidade rápida.
Untempo andanteleva unhavelocidade normal.
Untempo adagioleva unhavelocidade lenta.
Hai tamén tempos que indican un cambio de tempo e que a velocidade cambia pouco a pouco:
Accelerandoindica quea velocidadeda músicaaumenta pouco a pouco.
Ritardandoindica quea velocidadeda músicadiminúe pouco a pouco.
Allegro AndanteAdagio
Accelerando e ritardando
LECTURAS RÍTMICAS
1
2
3
DIFERENCIAMOS RITMO E MELODÍA
Un ritmo é unha serie de sons cunha duración determinada. Escríbese con figuras en ritmograma. Tócano os instrumentos rítmicos.
O ritmo é o motor da música. É a combinación de figuras e de silencios que serve de base a unha melodía.
Ten que ver coa duración dos sons longos e curtos. A ordenación destes sons longos e curtos produce o ritmo.
O ritmo é un dos elementos básicos da música, tamén da danza e da poesía.
Unha melodía é unha serie de sons cunha altura e cunha duración determinados. Escríbese con notas en pentagrama.
A melodía é o elemento máis visible dunha peza musical; é dicir, aquelo do que os nosos oídos son máis conscientes ao escoitala.
A
melodía é, na maioría dos casos, o punto de partida dunha
composición musical e consiste nunha combinación das notas dunha
escala musical relacionando altura e duración.
Canción Supercalifragilisticoespialidoso
Eees Supercalifragilisticoespialidoso, aunque suene extravagante, ¡raro y espantoso!; si lo dice con soltura sonará armonioso, supercalifragilisticoespialidoso! Dan dilidili dan diliday, dan dilidili dan diliday. Dan dilidili dan diliday, dan dilidili dan diliday.
AS FIGURAS MUSICAIS-Repaso
A REDONDA
Tanto a redonda como osilencio de redonda duran 4 tempos. Polo tanto, unha redonda completa ela soa un compás de catro por catro. Tamén un silencio deredonda o completa sen necesitar de ningún outro silencio ou figura. Entón a redonda é a figura que coñecemos de máis valor, despois a branca e logo a negra. Aínda estaría a corchea que vale menos que a redonda pero non fai ningún tempo completo por ela soa. Xa sabes que precisa doutra corchea ou dun silencio de corchea para completalo. Así que, as figuras que representan tempos completos son:
LECTURAS RÍTMICAS EN COMPÁS DE 4 TEMPOS
(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)
1
2
3
INDICADORES DE INTENSIDADE
En música a intensidade do son indícase con palabras italianas que nas partituras aparecen abreviadas. Dependendo de se o compositor ou compositora quere que toquemos ou cantemos máis ou menos forte, aparecerán as seguintes abreviaturas e así deberemos interpretar.
ELEMENTOS DA PARTITURA
A ÓPERA
Aóperaé unha obra teatral interpretada por cantantes e unha orquestra.
PAPAGENO E PAPAGENA (MOZART)
Papageno e Papagenaé un dúo dentro da obra "La flauta mágica" deMozart.
Papageno é un paxareiro que camina polo bosque en busca de sons de novos paxaros. Leva unha vestimenta feita de plumas, unha gaiola baleira atada a un cinto, e unha frauta de pan que, ao tocala, produce o son das notas sol, la si, do´e re´. Co son destas notas os paxaros ás veces calan e ás veces cantan máis e máis forte.
Papagena é tamén paxareira e, entre os dous, estan a aprender o canto de todos os paxaros do bosque. Finalmente, Papagena e Papageno casaron.
TIPOS DE VOCES NO CANTO
Lembra que as voces dos cantantes clasifícanse segundo o conxunto de notas que poden cantar.
As voces das mulleres e dos homes son diferentes por natureza. En xeral, a voz dunha muller é máis aguda que a voz dun home, aínda que tamén hai mulleres con voz grave e homes con voz aguda.
Avoz femininaé voz desopranose canta unconxunto de notas agudas.
Avoz femininaé voz decontraltose canta unconxunto de notas graves.
Avoz masculinaé voz detenorse canta unconxunto de notas agudas.
Avoz masculinaé voz debaixose canta unconxunto de notas graves.
Así que, de máis aguda a máis grave, os principias tipos de voz humana no canto son:
Afrauta travesa, oclarinete, oóboe, o fagote osaxofónsoninstrumentos devento-madeira.
Antigamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento metal. O son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar unha cana de madeira.
Atrompeta, a trompaotrombóne atubason instrumentos devento-metal. Están feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.
Actividade: Instrumentos de percusión(escoita o son e logo preme na casilla fóra do son e na casilla do instrumento).
Actividade: Sopa de letras(preme nunha letra e arrastra ata a última letra da palabra. Se non atopas algunha dálle a "mostrar palabra" para ver onde estaba).