Curso 2025-2026

3º TRIM. 2º



Respiración


Posturas 1:


 

 

Posturas 2:

  

 

 

Posturas 3:

 

 

 

LA PRIMAVERA-Antonio Vivaldi


A CLASIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS

Os instrumentos musicais clasifícanse segundo a maneira en que producen o son. Se un instrumento musical produce son a partir de cordas, ese instrumento é de corda. Se para facer son cun instrumento precisamos soplar nel, ese instrumento é de vento. E se para producir son golpeamos ou axitamos un instrumento, é un instrumento de percusión.

Os instrumentos de corda





Por que o piano é un instrumento de corda percutida?. Onde están as cordas?. Fíxate para velas.

A DANZA DOS MIRLITÓNS



CANTAMOS CANCIÓNS POPULARES GALEGAS

O GALOPÍN

  


CATRO VELLOS MARIÑEIROS

 


COMPOSITORES


Antonio Vivaldi naceu na cidade de Venecia, en Italia. Foi violinista profesional e tamén director musical. Escribiu máis de 800 obras, entre elas "Las cuatro estaciones" cunha música á primavera, outra ao verán, outra ao outono e outra ao inverno. 


Amadeus Mozart, como vimos no conto na clase, pasaba moitas tardes escoitando como a súa irmá Nannerl tocaba o piano e quixo aprender a tocalo el tamén. Amadeus aprendeu a tocar o piano aos tres anos, e aos cinco anos xa daba concertos. Amadeus non foi á escola. O seu pai Leopold era músico e profesor e ensináballe Música, Matemáticas e idiomas. Leopold decidiu que os seus fillos, Nannerl e Amadeus debían dar concertos polo mundo. Amadeus compuxo música para tocar e música para cantar. Unha obra moi coñecida para cantar é "La flauta mágica" e unha obra moi coñecida para tocar é "Alla turca"-Marcha turca.


Ludwig Van Beethoven tamén aprendeu piano co seu pai, que era músico, e máis tarde con outros mestres de Música. Traballou como pianista. Aos 26 anos comezou a quedarse bastante xordo e pouco a pouco quedou sen poder oír nada. Aínda así seguía facendo música. Como a facía sen oír?. Pois a partir das vibracións do son, ese tipo de temblores que podemos notar a través do tacto cando a música está sonando. Unha das obras máis coñecidas de Beethoven é "Para Elisa", adicada a unha muller que se chamaba así.

Camille Saent-Saëns aprendeu música coa súa nai e coa súa tía, e tamén aprendeu a tocar moi cedo o piano. Compuxo moitas obras, unha delas é "El carnaval de los animales", con varias pezas musicais que representan os movementos e sons de varios animais como por exemplo,  "La marcha del león".



Lectura 3


Lectura 4




Lectura 5




EM 3 3º

CANTAMOS CANCIÓNS POPULARES GALEGAS

A RIANXEIRA

 

GALICIA TERRA MEIGA

  

Pedro e o lobo (Prokófiev)


   


OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN. CLASIFICACIÓN.



Sinfonía do novo mundo (Dvorák)

Un musicograma é a representación da música a través de debuxos.


Antonin Dvorák é o compositor da obra "Sinfonía do Novo Mundo". Compúxoa no ano 1893 durante o tempo que viviu nos Estados Unidos de América.
Intenta recoñecer auditivamente algúns dos instrumentos que sonan:

 

A DANZA MODERNA _ 5º

 


As danzas modernas naceron a comezos do século XX en Estados Unidos principalmente, aínda que tamén en Europa, para que houbera outros tipos de baile ademais do ballet.

As coreografías de danzas modernas teñen unha clara base técnica da danza clásica ou ballet combinada cunha técnica propia de cada estilo de danza moderna.
O bailarín ou bailarina recrea os movementos empregando as súas emocións, estados de ánimo e as súas ideas. Balancea o seu corpo con caídas ao chan e saltos. Realiza movementos libres e naturais do corpo, amplos e con flexibilidade. Isto coordínano cunha boa técnica de respiración.
Na danza moderna báilase case sempre descalzo ou cun calzado que se pegue ben aos pés como se non se levase nada posto neles.
Outros bailes modernos son os bailes urbáns, que xorden na rúa e a maioría desenvólvense con movementos improvisados; é dicir, creados no mesmo momento de bailar.
A continuación vemos coreografías de danzas modernas (jazz e contemporánea) e de bailes modernos (hip hop, funky, break dance...).


Danzas modernas
Danza Contemporánea
Trata de expresar unha idea, sentimiento, emoción cunha mestura de movementos corporais modernos e con bastante técnica. Este tipo de baile nace a finais do século XIX con bailaríns e bailarinas descalzos realizando saltos menos ríxidos que os del baile clásico ou ballet. 


Baile Jazz
Ten un gran contido clásico, pero unha parte da técnica clásica substitúese por algo de acrobacia para a que se precisa moita flexibilidade. Tamén traballa os saltos e a prolongación dos movementos e a liña do corpo. Nace en Estados Unidos a comezos do século XX como baile popular e continúa en espectáculos de teatros, televisións e cine. 



Bailes modernos urbanos
Funky
Nace nas rúas de Nova York nos anos 60. Os seus ritmos son moi marcados e acentuados, con moita enerxía, equilibrio, expresividade e movmentos moi acompasados nun ritmo rápido e partindo do corpo ríxido.


Hip hop
Baile da rúa que permite realizar todos os movementos que se nos ocorran co corpo o máis solto posible. A música é menos rápida que no funky e máis rapeada.


Break dance
Trabállanse movimientos do tronco e de toda a parte superior do corpo, dos pés, movementos fortes e movementos conxelados nos que se para o corpo nunha postura determinada.



Que danza ou baile moderno che gusta máis e por que?. Deixa o teu comentario ao final da entrada.


A DANZA CONTEMPORÁNEA _ 5º


A danza contemporánea xurdiu a finais do século XIX como reacción á rixidez de movementos do ballet clásico. Nela, os intérpretes executan diferentes tipos de movementos con todo o corpo, incluído o rostro, e é frecuente que bailen descalzos. A posta en escena adoita ser sobria.

A danza contemporánea explora novos movementos e formas de expresión.


   

 

Martha Graham naceu Pittsburgh (Estados Unidos)  en 1894. Foi bailarina, coreógrafa e profesora de danza. A súa visión do baile revolucionou esta arte e as súas innovacións estableceron as bases da danza  moderna . Fundou a súa propia compañía en 1926. Entre as súas numerosas coreografías, destaca a que preparou en 1984, cando xa tiña 90 anos, para A consagración da primavera de Igor Stravinsky.





A DANZA CLÁSICA _ 5º

  

danza clásica é unha das expresións artísticas máis antigas e exquisitas do mundo, que cautivou á xente grazas á súa singular maneira de transmitir emocións e contar historias complexas sen palabras, coidando moito os detalles e cada movemiento.
Ás danzas clásicas tamén se lles coñece como ballet o ballet clásico e as súas orixes remóntanse ao Renacimiento, cando a danza era parte fundamental das celebracións máis importantes con expresións artísticas que amosaban as destrezas dos bailaríns e bailarinas.
Co paso dos anos as técnicas de baile fóronse perfeccionando incluíndo novos elementos e estilos ata que a danza clásica se fixo unha profesión (contratábanse espectáculos de bailaríns e bailarinas para celebracións e festas), convirtíndose nunha parte fundamental da vida da xente de poder, xunto co teatro e a ópera.
Desde entón as danzas clásicas foron parte fundamental da posta en escena de importantes pezas de ópera e posteriormente tamén do teatro.
A danza clásica comeza a perfeccionar técnicas de saltos como as técnicas de elevación, saltos flotantes, técnica de puntas xunto con posturas máis balanceadas.
Ser bailarín ou bailarina require un nivel altísimo de concentración, coordinación, coidado dos detalles e perfección para poder executar as piezas de maneira idónea e conservar a boa estética do ballet, ademais de ter unha capacidade de expresión corporal que permita contar historias co corpo.
Para isto último, tamén é importante o vestiario empregado; é dicir, prendas adheridas ao corpo que permiten apreciar na súa totalidade cada movemento.
As zapatillas son unha peza de gran importancia na realización do paso en punta do ballet clásico, porque axudan a soster o peso e facilitan aos bailaríns e bailarinas conservar a postura erguida do seu corpo.
Hai moitas obras clásicas de ballet, entre as máis coñecidas están:
El lago de los cisnes, El cascanuecesLa Consagración de la PrimaveraSueño de una noche de veranoCenicientaLa Bella DurmienteDon QuijoteRomeo y JulietaGiselle y La Bailarina del Templo(Podes coñecelas premendo sobre os titulos. O truco está en meterse na historia de cada danza como se dun conto se tratase. Como son dez, podes repartirlas en varios días; así hoxe poderías ver tres, mañá outras tres e o siguinte día as últimas. E non esquezas deixar un comentario sobre o que aprendiches).
Deixo tamén esta danza realizada por unhas auténticas e auténticos bailaríns.




MÚSICAS DE EUROPA _ 6º

O FADO 

É o canto representativo de Portugal. Expresa tristeza e melancolía coas súas letras nostálxicas e as melodías aflixidas. A voz da persoa que canta ten gran protagonismo. Normalmente, os fados son interpretados por unha soa voz acompañada pola guitarra portuguesa e tamén pola española.


    


guitarra portuguesa, coa que se acompañan os fados, ten doce cordas.



MÚSICA KLEZMER 

É un estilo de música xudía, nacida no leste de Europa durante a Idade Media. Ao longo dos anos foise fusionando con outros elementos musicais do centro de Europa. As súas expresivas melodías están compostas para a celebración, de aí o seu carácter alegre. Son interpretadas por instrumentos melódicos que tratan de imitar a voz humana, como o violín, o clarinete, o acordeón e a trompeta.


     


MÚSICA CELTA 

A cultura celta está presente en lugares tan distantes entre si como Escocia, Irlanda, Bretaña, Gales e o noroeste da península ibérica. Caracterízase polas melodías alegres e apegadizas, interpretadas con violíns, arpas, tambores, frautas e gaitas.


     


O FLAMENCO 

Ten a súa orixe en Andalucía. É produto das influencias musicais dos distintos pobos que habitaron este territorio ao longo dos séculos. Exprésase a través do cante, o baile e o toque. O cantaor ou a cantaora adoita improvisar sobre os acordes da guitarra e os ritmos de palmas ou do caixón. O baile caracterízase polo zapateado, e pola graza do movemento e das mans.


     


O caixón é un instrumento de percusión que provén do Perú, moi usado actualmente no flamenco pero tamén no jazz e na música latina. Consiste nunha caixa de madeira cun panel frontal e un burato detrás para aumentar a resonancia.





O TEATRO MUSICAL - 5º

 O TEATRO MUSICAL


O teatro musical é un espectáculo que combina arte dramática, danza e canto. Na súa creación participan compositoras-compositore, letristas, arranxadoras-arranxadores, coreógrafas-coreógrafas, guionistas e escenógrafas-escenógrafos
A avenida de Broadway en Nova York é un dos lugares máis famosos onde se representan estes espectáculos. Tamén hai películas musicais como Grease ou O rei león que posteriormente, foron levadas ao teatro como teatro musical.

                                                                                              Musical Grease                       Musical O rei león
    


🎶🎶🎶

A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA _5º

 A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA


O exceso de son e o ruído son coñecidos como contaminación acústica. Provoca alteracións no noso corpo e pode chegar a  afectar seriamente á saúde.
Os niveis de son e de ruído mídense en decibelios (dB) mediante un aparello denominado sonómetro.


O oído humano pode soportar só certa intensidade de son. Se se sobrepasan os niveis de intensidade aceptables polo oído poden causar danos irreversibes no noso aparello auditivo e xerar outros problemas de saúde. Ademais, é fundamental respectar o dereito dos demais a gozar do silencio. Así que, antes de reproducir ou de interpretar música pensa nos que te arrodea e busca un momento e un lugar cos que non perturbes o seu descanso e así favorecer para todos e todas o benestar.

0 db.

É o umbral de audición, silencio.

De 0 a 10 dB (5 decibelios).

Niveis de ruido moi baixos, ruidos case imperceptibles e tenues. A respiración sosegada, unha cova illada e sen ruido.

De 10 a 20 dB (15 decibelios)

Son niveis de ruido moi baixos. Susurros, pisadas.

De 20 a 30 dB (25 decibelios).

O nivel de ruido é baixo. O ruido existente nunha biblioteca ou calquera recinto con xente en silencio, cuartos baleiros e illados do exterior, as follas con vento pouco intenso no campo.

De 30 dB a 40 dB (35 decibelios).

O nivel de ruido é moderado. Unha conversa a volume normal, unha habitación con pouca actividade, un día tranquilo no campo, a oleaxe moderada do mar, unha área residencial tranquila.

De 40 dB a 50 dB (45 decibelios).

O nivel de ruido é normal. Unha sala con xente, unha oficina, o ruido que fai un electrodoméstico pouco silencioso, unha rúa pouco transitada, un frigorífico.

De 50 dB a 60 dB (55 decibelios).

O nivel de ruido é un pouco elevado.  Algúns electrodomésticos como aspiradores ou batedoras non moi ruidosos, unha concentración de xente na rúa, unha oficina con moita actividade, tráfico dunha rúa transitada, unha televisión a volume medio.

De 60 dB a 70 dB (65 decibelios).

O nivel de ruido é elevado. Grupo de xente conversando con volume de voz alto, un restaurante ateigado, un teléfono sonando preto do oído.

De 70 dB a 80 dB (75 decibelios).

O nivel de ruido é moi elevado. A partir dos 75 decibelios o ruido comeza a causar danos. Unha discusión a berros, tráfico dunha cidade, electrodomésticos moi ruidosos, unha moto ruidosa a pouca distancia, o interior dun avión.

De 80 dB a 90 dB (85 decibelios).

O ruido é daniño en exposicións prolongadas. O paso dun tren, maquinaria de fábrica, as sereas dos bombeiros, unha manifestación ruidosa.

De 90 dB a 100 dB (95 decibelios).

É un nivel de ruido que causa molestias e resulta daniño de forma continuada. Unha serea dos bombeiros a pouca distancia, os cláxones dos vehículos nun atasco.

De 100 dB  a 120 dB (110 decibelios).

É un nivel de risco. Un martelo neumático (taladro) a pouca distancia, o interior dunha discoteca, un concerto con volume excesivo, petardos, estadios deportivos en momentos decisivos, un avión despegando, una carreira de fórmula un.

Más de 120 decibelios.

Percíbese dor e existe o risco de perder a audición. O ruido do despegue dun avión a menos de 25 metros, unha explosión intensa.

180 dB

A erupción do volcán Krakatoa a 160 km de distancia. O despegue dunha nave espacial.