Curso 2025-2026

LINGUAXE MUSICAL 2º 2020-2021

SETEMBRO

Vocabulario de repaso

Signos musicais


Os instrumentos de percusión


Os instrumentos de percusión son aqueles que producen o son cando os chocamos, os axitamos ou os percutimos. Ademais, segundo o material co que están fabricados para que se produza ese son, poden ser de madeira, de metal ou de parche. 
Son instrumentos de percusión de madeira as maracas, as claves, a caixa chinesa, a carraca, entre outros. Son instrumentos de percusión de metal, por exemplo, o triángulo e os axóuxeres. E de percusión de parche a pandeireta, o pandeiro, o tambor, o timbal, a caixa, o bombo.
O parche, que é onde principalmente se produce o son, está feito de pel de animal. Tamén se chama membrana.

OUTUBRO
As figuras musicais




Audicións

Glop, glop, glop

Nun mercado persa  (Albert William Ketèlbey)

O reloxo sincopado (Leroy Anderson)

compás de dous por catro

NOVEMBRO
Os instrumentos de láminas


Jazz legato (Leroy Anderson)

DECEMBRO
Notas mi, sol e la

Lembra que a nota MI sempre aparece na 1ª liña do pentagrama, a nota SOL na 2ª liña e a nota LA no 2º espazo. Memorízaas!.

Mira cada nota ao tempo que vas dicindo de memoria o seu nome en voz alta. Lembra que á volta das vacacións as vou preguntar individualmente. Preme na imaxe do pentagrama se o queres ver en tamaño grande.
Escoita e comproba que: 
. A negra dura 1 tempo.
. O silencio de negra dura 1 tempo. 
. A branca dura 2 tempos.
. O silencio de branca dura 2 tempos.
. A parella de corcheas dura 1 tempo.

Lectura ritmico-melódica

Lectura 1
Lectura 2
Lectura 3

Leroy Anderson


Leroy Anderson compuxo moita música para o cine. Escoita La máquina de escribir:

Agora temos o ordenador pero se lle preguntamos aos nosos avós e avoas...

Practica movendo os dedos enriba das teclas á velocidade da música con esta máquina de escribir antiga que podes imprimir. Non esquezas cambiar de ringleira 😜. Tamén podes practicar nunha máquina imaxinaria enriba dunha mesa.


Mira que imaxes tan bonitas acompañan a este Paseo en trineo de Leroy Anderson. Chulísimas como as das postais de Nadal 👌.

Xaneiro
A nota fa
A nota que se atopa no 1º espazo do pentagrama  chámase fa
Fíxate que o seu lugar é entre a nota mi e a nota sol.
Vai dicindo en voz alta o nome de cada nota:
Mi, fa, sol, la negras
Mi, fa, sol, la negras e brancas
Mi, fa, sol, la negras, brancas e silencios
Mi, fa, sol, la negras, brancas, silencios e corcheas
Lectura rítmica

Os instrumentos de corda



Por que o piano é un instrumento de corda percutida?. Onde están as cordas?. Fíxate para velas.

Adagio, andante e allegro
A maioría do vocabulario que se emprega na música vén do italiano. Para referirnos á velocidade á que cantamos, tocamos ou bailamos existen as seguintes palabras: 
Cando a música sona adagio faino de maneira lenta.
Cando a música sona andante faino normal, nin lento nin axiña.
Cando a música sona allegro ten unha velocidade rápida.
Escoita:

Na cova do rei da montaña (Peer Gynt):

Forte, piano, fortissimo e pianissimo
Cando tocamos ou cantamos con moita intensidade facémolo forte e cando o facemos con pouca intensidade facémolo piano. A música que sona moi forte faino fortissimo e a música que sona moi suave faino pianissimoEscoita:

Febreiro
As voces femininas, masculinas e infantís
A voz dunha muller é unha voz feminina e a voz dun home é unha voz masculina. Sonan diferente, normalmente a feminina aguda (^) e a masculina grave (v). Pero a voz dun neno e dunha nena é semellante ata que non son máis maiores. Así que, tanto a voz dunha nena como a voz dun neno é unha voz infantil. Que tipo de voz son as seguintes voces faladas?. Di "feminina", "masculina" ou "infantil" segundo a voz que escoites.

A vibración da voz
Sabías que podemos falar porque as nosas cordas vocais vibran?. Este movemento que fan as cordas vocais chamáse vibración e permítenos falar e cantar!. Escoita e aprende a seguinte canción: "Vibran con él, vibran con él, la la la la la...".

O compás de 3 tempos
O compás de tres tempos é igual que o de dous tempos pero cun tempo máis. Así de fácil: 
Dependendo de se un compás é de dous tempos ou de tres tempos, indicarémolo cun 2 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo ou cun 3 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo. Ves?.
Cada compás de 2 tempos musicais ten dous pulsos da música. Os pulsos marcámolos con ralliñas verticais cada vez que hai un tempo:
E logo só temos que contar 3 pulsos e poñemos liña divisoria, outros tres pulsos e outra liña divisoria... e rematas con dobre barra final
As liñas divisorias son signos musicais que se empregan para separar os compases (as caixiñas rectangulares nas que escribimos as figuras ou as notas). A dobre barra final é un signo musical que aparece ao final dunha obra musical e que indica que esa obra rematou.

El Danubio azul (Johann Strauss)
Danubio azul é un vals, un tipo de baile moi elegante para bailar en festas. O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss. Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...

Instrumentos de vento

Marzo
Lectura rítmica

Abril 
La naturaleza suena

O diálogo musical

O gorrión e a serpe

Observa o musicograma e logo intenta facelo ti co dedo na pantalla ou no caderno como che indico. Fíxate que os puntos representan sons curtos e as liñas sons longos. Atento-a, que vai rápido:

Maio
A clasificación dos instrumentos
Os instrumentos musicais clasifícanse segundo a maneira en que producen o son. Se un instrumento musical precisa de cordas para producir o seu son, ese instrumento é de corda. Se para facer son cun instrumento precisamos soplar nel, ese instrumento é de vento. E se para producir son golpeamos ou axitamos un instrumento, é un instrumento de percusión.

A danza dos mirlitóns

Un pollito me picó

Xuño
Compositores

Antonio Vivaldi naceu na cidade de Venecia, en Italia. Foi violinista profesional e tamén director musical. Escribiu máis de 800 obras, entre elas "Las cuatro estaciones" cunha música á primavera, outra ao verán, outra ao outono e outra ao inverno. 

Amadeus Mozart, como vimos no conto na clase, pasaba moitas tardes escoitando como a súa irmá Nannerl tocaba o piano e quixo aprender a tocalo el tamén. Amadeus aprendeu a tocar o piano aos tres anos, e aos cinco anos xa daba concertos. Amadeus non foi á escola. O seu pai Leopold era músico e profesor e ensináballe Música, Matemáticas e idiomas. Leopold decidiu que os seus fillos, Nannerl e Amadeus debían dar concertos polo mundo. Amadeus compuxo música para tocar e música para cantar. Unha obra moi coñecida para cantar é "La flauta mágica" e unha obra moi coñecida para tocar é "Alla turca"-Marcha turca.

Ludwig Van Beethoven tamén aprendeu piano co seu pai, que era músico, e máis tarde con outros mestres de Música. Traballou como pianista. Aos 26 anos comezou a quedarse bastante xordo e pouco a pouco quedou sen poder oír nada. Aínda así seguía facendo música. Como a facía sen oír?. Pois a partir das vibracións do son, ese tipo de temblores que podemos notar a través do tacto cando a música está sonando. Unha das obras máis coñecidas de Beethoven é "Para Elisa", adicada a unha muller que se chamaba así.

Camille Saent-Saëns aprendeu música coa súa nai e coa súa tía, e tamén aprendeu a tocar moi cedo o piano. Compuxo moitas obras, unha delas é "El carnaval de los animales", con varias pezas musicais que representan os movementos e sons de varios animais como por exemplo,  "La marcha del león".

😊

LINGUAXE MUSICAL 1º 2020-2021

SETEMBRO
Gaña puntos cada semana por portarte e traballar xenial!.

OUTUBRO
Repasamos o traballado na clase:
Cantos sons escoitas?. Vai contando os sons que recoñeces e ao final di o número total e o nome dalgúns sons que lembras.

Atento-a aos seguintes sons. Son agradables ou desagradables?. Vai dicindo en voz alta "son agradable" ou "son desagradable".

Escoita agora cada son e vai dicindo que pensas que está sonando:

Así representamos o que escoitamos:
Colle un papel e un lapis. Escoita os seguintes sons. Se un son é forte debuxa un punto grande e se o son é suave debuxa un punto pequeno.

Adiviña o animal que fai cada son:

La isla de los sonidos

Danza rusa (Tchaikovsky)

NOVEMBRO

Cantamos:

Os instrumentos de percusión

Marcha del león
-El carnaval de los animales- (Camille Saint-Säens)

Amadeus Mozart

DECEMBRO

Practica a clave de sol


Xaneiro
Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo:
Cando vexades un paxaro dades unha palmada. Cantos paxaros hai?. Catro?. Pois catro palmadas. Mira o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miras o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezades. 1, 2 e 3:
Ves o niño baleiro?. Non hai paxaro. Non hai son. Agardamos sen palmear mirando para cada niño no tempo en que daríamos a palmada (o adulto pode ir sinalando cada paxaro e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora hai paxaro e logo marcha. Facemos catro palmadas e agardamos o tempo doutras catro palmadas. Todo seguido. Á de tres: 1, 2 e 3:
Fíxate. O paxaro vai voando en busca de comida. Ves?. Está e marcha, está e marcha... Palmea cando está e espera cando non está. Á de tres: 1, 2 e 3:

Paréceuche fácil?. Pasa agora a realizar o seguinte exercicio:
Ides pensar que a negra é o paxaro e ides palmear como no exercicio anterior. Cada vez que vexades esta figura musical dades unha palmada, vale?. Á de tres: 1, 2 e 3:
Moi ben. Agora pensades que o silencio é o niño baleiro do paxaro e esperades como fixestes antes. (A persoa adulta pode ir sinalando cada silencio e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora todo seguido. Palmeade nas negras e esperade nos silencios. Á de tres: 1, 2 e 3:
 
E agora?. Palmada, espera, palmada, espera... 1, 2 e 3:
Por último, escollede Persoa 1 e Persoa 2 para facer o ritmo que corresponde. Contades ata 3 e comezades as dúas persoas ao mesmo tempo. Logo cambiades e facedes a liña que fixo a outra persoa facendo o cambio sen parar no medio. Facédeo unha vez lento, outra normal e outra rápido.
Agora:
E por último:
O timbre
Cada persoa, animal e cousa ou obxecto ten un son particular que o diferencia dos demais. Por iso diferenciamos o son da voz de cada persoa, o son de cada animal, o son dos obxectos que sonan e o son de cada instrumento musical. 
Ese son particular de cada un é o timbre, como o que diferenciamos na clase coa historia  dos sons cambiados, escoitando o timbre da pandeireta, da gaita e do violín, ou coa actividade na que recoñecíamos a voz dos compañeiros e compañeiras, lembras? 😉

Febreiro
Sons agudos e graves:

El carnaval de los animales
Escoita os seguintes fragmentos de "El carnaval de los animales"Debes escoitalos mirando para as imaxes dos instrumentos. Adiviñas que instrumento fai de ELEFANTE?. E de PAXARO?. E de FÓSIL?.
Canción La casita de las notas

Paseo en trineo
Escoita con atención intentando descubrir que instrumentos sonan neste "Paseo en trineo".


A escala musical
Lembras que en "La casita de las notas" entonamos unha escala musical? ... la si do´si la sol fa mi re do, se acabó.
A nosa voz sona cara arriba e logo cara abaixo. Cando sona cara arriba a escala é ascendente e cando sona cara abaixo a escala é descendente. Mira: 
A clave de sol
Sabemos como se chaman as notas gracias á clave de sol. A clave de sol colócase ao comezo do pentagrama. Nace na segunda liña (contando desde abaixo). Ten unha forma enrolada como a cuncha dun caracol, estírase e baixa rematando cun rabiño. Míraa:

Escoita os seguintes instrumentos:

Marcha turca" (Beethoven)

Alla Turca (Mozart)
Escoita "Alla turca" e axuda a Mozart coa súa música dando unha palmada para recoller cada negra.
         

Actividades:
Une cada son co seu animal (fai clic nun son para escoitalo. Logo, marca a casilla fóra do icono do son e a casilla do animal que fai ese son para unilos).
Memorízaos (atopa o mesmo animal en debuxo e en imaxe real).

O pentagrama

El amor de las tres naranjas
Escoita El amor de las tres naranjas de Prokofiev. Fíxate ben nos instrumentos que aparecen:
 

Marzo
Lectura rítmica

Abril 

As notas musicais

As notas musicais son sete. Con elas fanse as melodías das cancións. O nome das notas musicais é: 

DOREMIFASOLLA e SI.

No pentagrama escribimos primeiro a clave de sol e despois as notas musicais.

As notas desde a primeira ata a última forman unha escala musical.

Cando a escala sona cara arriba; é dicir de grave a aguudo, a escala é ascendente e cando a escala sona cara abaixo; é dicir, de agudo a grave, a escala é descendente. Mira: 

As notas sol e mi

A nota sol sitúase na segunda liña do pentagrama. A nota mi sitúase na primeira liña do pentagrama. A nota sol é máis aguda que a nota mi. A nota mi á máis grave que a nota sol. Míraas con atención e memorízaas!.

Practica dicindo en voz alta sol ou mi:

As figuras musicais

As figuras musicais representan os ritmos que facemos co corpo ou cos instrumentos. Lembramos as que aprendemos:

Practica con palmadas:

Maio
As voces femininas, masculinas e infantís

A voz dunha muller é unha voz feminina e a voz dun home é unha voz masculina. Sonan diferente, normalmente a feminina sona aguda e a masculina grave. Pero a voz dun neno e dunha nena é semellante ata que non son máis maiores. Así que tanto a voz dunha nena como a voz dun neno é unha voz infantil. Que tipo de voz son as seguintes voces faladas?. Di "feminina", "masculina" ou "infantil" segundo a voz que escoites.

O crebanoces
Ás veces a música serve para contar historias. A "Danza da fada de azucre" pertence a un ballet chamado "O crebanoces".
Na historia, unha fada golosina moi misteriosa entra pola ventá no cuarto duns nenos mentres están durmindo e cun toque da súa variña máxica lévaos ao páis dos soños.


O acuario
(O carnaval dos animais)

A respiración

😀