Ás veces as historias que lemos, que vemos ou que escoitamos teñen un final incerto porque o autor ou autora decide deixar á imaxinación do público, o final da historia.
A canción O pato conta unha historia que pode ter o desenlace que nós, os oíntes, desexamos, xa que remata sen sabermos que pasou finalmente co protagonista.
As alumnas e os alumnos de 3ºA e de 3ºB, tras traballar a canción cantada e bailada, decidiron cadanseu final da historia, predominando os finais felices para o peculiar parrulo.
Debuxaron o desenlace e explicárono oralmente a partir de cada debuxo.
Por: Música Vitamínicao 31.12.25/comentarios: 15º,
METRÓNOMO
O METRÓNOMO
Para que serve o metrónomo?
O metrónomo serve para axudar aos músicos a tocar manteniendo un tempo moi constante.
Os Metrónomos tradicionais son mecánicos, baseados na oscilación dun péndulo cun pequeno peso deslizante. Este péndulo oscila dun lado a outro producindo un sonido ao final de cada unha das oscilacións.
Podemos variar o tempo movendo unha peza que vai colocada sobre o péndulo e que corresponde coas seguintes indicacións metronómicas:
- Largo: 40-49 n/min.
- Adagio: 50-59 n/min.
- Andante: 60-79 n/min.
- Moderato: 80-99 n/min.
- Allegretto: 100-109 n/min.
- Allegro: 120-159 n/min.
- Presto: 160-179 n/min.
- Prestissimo: 180-200 n/min.
Lembras que significa n/min.? Poderías explicalo?. Se cres que o podes explicar, coméntao.
Desde hai moito tempo, é tradición en Viena que a Orquestra Filarmónica ofreza polo Aninovo un concerto cun programa composto por música de carácter alegre e ao tempo nostálxico do repertorio, principalmente, de Johann Strauss.
O Concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Viena é un evento musical excepcional que se celebra cada 1 de xaneiro na maxestuosa Sala Dourada do Musikverein. O Musikverein é un templo da música clásica situado no corazón de Viena, en Austria.
Musikverein
Sala Dourada
Orquestra Filarmónica de Viena
Onde está Austria?
E Viena?
Cada ano, este concerto é dirixido por un director diferente.
O concerto de Aninovo 2026 de Viena incluirá cinco pezas a estrenar e tamén obras de dúas compositoras 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Como poder desfrutar del?
Este concerto retransmítese actualmente en máis de 90 países de todo o mundo, chegando así a millóns de fogares, pois é visto por máis de 50.000.000 de persoas 👌👌
Para velo e escoitalo en España, na 1 de TVE ou en rede a través de RTVE Play ás 11:15 horas.
O concerto tamén se transmitirá na RNE e na Radio Clásica, para quen prefira só escoitalo.
O remate do concerto adoita ser arredor das 14:00 horas.
Como ves é un concerto de longa duración, polo que te animo a que o vexas ou o escoites nalgún momento ao longo da mañá. Sonará, por exemplo, "El Danubio azul" de Johann Strauss, traballado na aula, ou a "Marcha Radetzky" que podes ver e escoitar a continuación.