Curso 2025-2026

XOGOS MUSICAIS

Consejos para utilizar correctamente los dispositivos electrónicos:

EL PAPEL DE LA MUJER EN LA MÚSICA

 

El papel de la mujer en la música a lo largo de la historia ha sido un tema desconocido durante mucho tiempo. Muchas mujeres se enfrentaron a la sociedad de su época para poder desarrollar su talento musical.

INSTRUMENTOS MUSICAIS 5º

 

1. Infórmate sobre a clasificación dos instrumentos e realiza as actividades.
Os instrumentos cordófonos son aqueles instrumentos cuxo son se produce pola vibración dunha ou varias cordas. Estas vibracións son amplificadas por unha caixa de resonancia. As cordas poden ser de tripas de animais, de fibras vexetais, sintéticas ou de fíos metálicos. Facendo a corda máis longa ou máis curta emitirán sons máis graves ou máis agudos respectivamente. Os cordófonos podémolos dividir á súa vez en: 
De corda fretada: Tócanse tocando as cordas cun arco.
De corda pulsada ou punteada: Tócanse cos dedos ou cunha púa.
De corda percutida: Tócanse cuns macillos forrados accionados por un teclado.
Os instrumentos aerófonos son aqueles instrumentos cuxo son se produce pola vibración da columna de aire que contén. O tubo máis longo ou máis curto fai que o seu son sexa máis grave ou máis agudo. Poden ser:
De madeira: os que teñen onde se sopla unha lingüeta de madeira.
De metal: os que están feitos de metal e tócanse apoiando os beizos sobre a boquilla. 
órgano é outro instrumento aerófono, que posúe distintos tubos de distintos tamaños para producir sons de diferentes alturas e aos que se lles administra o aire, antigamente de maneira manual e hoxe electricamente.
Os instrumentos membranófonos son aqueles cuxo son se produce pola vibración dunha memebrana de pel. Poden ser:
De son determinado, os que se poden afinar. 
De son indeterminado, os que non se poden afinar.
Os instrumentos idiófonos son os que producen o son gopleándoos entre si ou con baquetas. Poden ser:
De son determinado, cos que se fan melodías.
De son indeterminado, cos que se fan ritmos.
Os instrumentos electrófonos son os que empregan a corrente eléctrica para producir o seu son.
Actividades:
Cordófonos, aerófonos (desprega as pestanas e selecciona a resposta).
Membranófonos, idiófonos, electrófonos (preme en cada instrumento e dálle a play para escoitalo).
Pasapalabra de instrumentos (escribe o instrumento e comproba ou salta esa letra).
Relaciónalos (marca instrumento e a súa familia ou a súa familia e o instrumento).

O IOGA NA ESCOLA

 

A palabra ioga significa ‘unión’ e refírese a unha tradicional disciplina física e mental que se orixinou na India que se asocia con prácticas de meditación. 
Sabías que practicar ioga con regularidade xera beneficios físicos?. Pois si. Efectivamente, a práctica do ioga á xenial para o benestar do noso corpo e tamén da nosa mente.
Practicar ioga con regularidade é unha excelente forma de aliviar o estrés e as tensións que acumulamos ao longo do día. Por iso, a maioría da xente practícao ao remate do día, durante 10 minutos, non fan falta máis e, reservar este tempo para esta actividade é bastante fácil, só hai que querer facerlo. Con elo, podemos conseguir:
1. Mellorar a respiración: O ioga ensina a respirar correctamente, e unha boa respiración mellora a circulación sanguínea, o que axuda positivamente ao noso cerebro, aos nosos órganos vitais e ás nosas extremidades. Respirar de maneira profunda e a un ritmo pausado equilibra o sistema nervioso, ralentiza o ritmo cardíaco e relaxa os músculos. Perfecto para axudar a que o noso corpo funcione correctamente!.
2. Reforzar o sistema inmunolóxico: O ioga axuda a reducir o nivel de estrés que podamos ter e que nos pode provocar cambios de humor, problemas de sono e dixestivos, entre outros. A práctica do ioga aumenta a nosa resistencia a enfermidades. Todo baixo control!.
3. Aumentar a flexibilidade: Un dos primeiros cambios positivos que se perciben ao comezar a practicar ioga é o aumento da flexibilidade (pouco a pouco, claro) moi importante porque, entre outras cousas, axuda a evitar lesións. É probable que nun principio o corpo estea ríxido cando queremos realizar posturas para as que hai que dobrar algunhas partes pero, con constancia, estas posturas son as mellores aliadas para aumentar a flexibilidade. A medida que aumenta a flexibilidade, desaparecen moitas das dores musculares provocadas polas tensións e polas malas posturas.
3. Mellorar o equilibrio: Cando practicamos ioga é importante manter a concentración nas sensacións que produce cada postura, realizando as correcións que sexan precisas para mellorar. A medida que se adquira experiencia, o corpo aprenderá como cun pequeno axuste se pode recuperar o equilibrio nunha postura. Importantísimo porque un bo equilibrio nos axuda á hora de executar movementos coa música ao bailar!.
4. Fortalecer músculos e ósos: O ioga axuda a fortalecer os músculos está demostrado que axuda a reforzar os ósos e a frear a perda de masa ósea. Ademáis, é fundamental para previr lesións e fracturas, sobre todo en persoas con osteoporose (doenza dos ósos). Co ioga conséguese mellorar a postura; ademais, favorece a saúde da columna vertebral. Como novos-as!.
5. Equilibra o sistema nervioso: ioga favorece a relaxación, fai máis lenta a respiración reducindo o ritmo cardíaco e a presión sanguínea, axuda a equilibrar o sistema nervioso e facilita a recuperación en situacións de estrés. Como a nosa volta á calma da clase pero ademais de respirar, movéndonos lentamente ao facer cada postura!. 
En resumo, as persoas que practican ioga cada semana melloran:

  • a súa capacidade respiratoria
  • a súa flexibilidade
  • a forza
  • o equilibrio
  • a propia percepción do corpo
  • a concentración
  • a relaxación
  • a canalización das emocións
  • a sociabilidade
  • a autoestima

Qué pasada, non?. Pois, xa sabedes. Propóñovos a partires de agora reservar 10 minutiños do voso tempo cada día, colocarvos nun cuarto tranquilo con pouca luz e sen que nada os moleste, sentarvos sobre un colchón pequeno (colchoneta en castelán) no chan e acompañarvos dalgún familiar que tamén queira facelo.

Para elo, comparto uns vídeos nos que mestres  e mestras do ioga nos ensinan uns exercicios con posturas básicas. Débense realizar en silencio. Están pensados para facer cada día os exercicios dun vídeo e ao día seguiente outro, así ata facer os exercicios dos sete vídeos ao longo dunha semana. Se comezas un luns, farías os do vídeo que pon día 1, o martes os do día 2...e así ata facer os sete. Está xenial para ir variando de exercicios. 
IMPORTANTE: Non pretendades facelos exactamente igual ca eles/as, xa que levan moito máis tempo realizándoos. Ánimo e bo relax! ;-).

Día 1

Día 2

Día 3

Día 4

Día 5

Día 6

Día 7

Logo dunha semana de exercicios de ioga, de seguro que teredes algunhas posturas favoritas que xa saberedes de memoria. Se é así, podedes ir combinándoas ao vostro gusto pola orde que queirades ir faciendo a postura que vos vaia apetecendo. Aconséllovos contar 10 segundos aproximadamente en cada postura e logo cambiar á seguinte que durará outros 10 segundos. Déixovos ao final desta entrada as posturas máis coñecidas cos seus nomes, e a música do seguinte vídeo para poñela de fondo nos vosos exercicios libres de ioga. E, por suposto, podedes volver facer os exercicios dos sete vídeos todas as semanas que queirades. Adiante!.




¿QUÉ ES ZUMBA?

Zumba es una disciplina fitness (forma física) creada a mediados de los años 1990 por el colombiano Alberto "Beto" Pérez,​ enfocada por una parte a mantener un cuerpo saludable y por otra a desarrollar, fortalecer y dar flexibilidad al cuerpo mediante movimientos de baile combinados con una serie de rutinas aeróbicas.

INSTRUMENTOS MUSICAIS 6º