O PUNTO (repaso)
O punto é un signo musical de prolongación que se sitúa á dereita dunha figura ou dun silencio para aumentar a súa duración a metade do valor da figura ou do silencio que o leva.
A LIGADURA DE UNIÓN
Curso 2025-2026
Por: Música Vitamínica o 31.3.24 / comentarios: 8 5º, cerebro musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, signos de prolongación
O PUNTO (repaso)
O punto é un signo musical de prolongación que se sitúa á dereita dunha figura ou dun silencio para aumentar a súa duración a metade do valor da figura ou do silencio que o leva.
A LIGADURA DE UNIÓN
Por: Música Vitamínica o 30.3.24 / comentarios: 9 5º, contaminación acústica, SAÚDE AUDITIVA
A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
0 db.
É o umbral de audición, silencio.
De 0 a 10 dB (5 decibelios).
Niveis de ruido moi baixos, ruidos case imperceptibles e tenues. A respiración sosegada, unha cova illada e sen ruido.
De 10 a 20 dB (15 decibelios)
Son niveis de ruido moi baixos. Susurros, pisadas.
De 20 a 30 dB (25 decibelios).
O nivel de ruido é baixo. O ruido existente nunha biblioteca ou calquera recinto con xente en silencio, cuartos baleiros e illados do exterior, as follas con vento pouco intenso no campo.
De 30 dB a 40 dB (35 decibelios).
O nivel de ruido é moderado. Unha conversa a volume normal, unha habitación con pouca actividade, un día tranquilo no campo, a oleaxe moderada do mar, unha área residencial tranquila.
De 40 dB a 50 dB (45 decibelios).
O nivel de ruido é normal. Unha sala con xente, unha oficina, o ruido que fai un electrodoméstico pouco silencioso, unha rúa pouco transitada, un frigorífico.
De 50 dB a 60 dB (55 decibelios).
O nivel de ruido é un pouco elevado. Algúns electrodomésticos como aspiradores ou batedoras non moi ruidosos, unha concentración de xente na rúa, unha oficina con moita actividade, tráfico dunha rúa transitada, unha televisión a volume medio.
De 60 dB a 70 dB (65 decibelios).
O nivel de ruido é elevado. Grupo de xente conversando con volume de voz alto, un restaurante ateigado, un teléfono sonando preto do oído.
De 70 dB a 80 dB (75 decibelios).
O nivel de ruido é moi elevado. A partir dos 75 decibelios o ruido comeza a causar danos. Unha discusión a berros, tráfico dunha cidade, electrodomésticos moi ruidosos, unha moto ruidosa a pouca distancia, o interior dun avión.
De 80 dB a 90 dB (85 decibelios).
O ruido é daniño en exposicións prolongadas. O paso dun tren, maquinaria de fábrica, as sereas dos bombeiros, unha manifestación ruidosa.
De 90 dB a 100 dB (95 decibelios).
É un nivel de ruido que causa molestias e resulta daniño de forma continuada. Unha serea dos bombeiros a pouca distancia, os cláxones dos vehículos nun atasco.
De 100 dB a 120 dB (110 decibelios).
É un nivel de risco. Un martelo neumático (taladro) a pouca distancia, o interior dunha discoteca, un concerto con volume excesivo, petardos, estadios deportivos en momentos decisivos, un avión despegando, una carreira de fórmula un.
Más de 120 decibelios.
Percíbese dor e existe o risco de perder a audición. O ruido do despegue dun avión a menos de 25 metros, unha explosión intensa.
180 dB
A erupción do volcán Krakatoa a 160 km de distancia. O despegue dunha nave espacial.
Por: Música Vitamínica o 30.3.24 / comentarios: 6 5º, APARELLO AUDITIVO, oído
Por: Música Vitamínica o 30.3.24 / comentarios: 1 mente e curiosidades, música
Por: Música Vitamínica o 25.3.24 / comentarios: 2 mente e curiosidades, música
Por: Música Vitamínica o 22.3.24 / comentarios: 3 2º, 3º, 4º, 6º, cultura musical, LETRAS GALEGAS, regueifa
Desde a área de Música e Danza colaboramos tamén coas actividades propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, pois estamos a prol da nosa lingua en todas as súas versións.
As titoras e titor dos grupos 2ºA, 2ºB, 3ºC, 4ºA, 6ºA e 6ºC quixeron que o seu alumnado participara nesta experiencia de actividade cultural conxunta que contribúe a desenvolvelos competencialmente máis e mellor.
Estes días aprenderon que son as regueifas, coñeceron as súas partes e características principais e traballaron vocalmente a entonación da melodía asimilando recursos básicos de técnica vocal.
A actividade consistiu en crear unha pequena regueifa coa lingua galega como temática para, finalmente, interpretala en coro aplicando as nocións aprendidas.
Pasárono moi ben durante o proceso e, ao mesmo tempo, tomárono moi en serio para conseguir un resultado que lles gustara.
Escoitémola:
Regueifa "Que viva a nosa lingua"
Copla 1: 3ºC e 4ºA; copla 2: 2ºA e 2ºB; copla 3: 6ºA e 6ºC.
Grazas ás titoras e titor por apuntalos para participar nesta actividade grupal entre os diferentes cursos!.
Por: Música Vitamínica o 22.3.24 / comentarios: 1 6º, cerebro musical, concurso, cultura musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL
Hoxe despedímonos do segundo trimestre deste curso cun concurso de preguntas no que entrou todo o que levamos aprendido desde setembro.
Os que máis contidos lembraron foron os gañadores do primeiro, do segundo e do terceiro posto, e recibiron cadansúa recompensa.
Lembrade repasar porque en calquera momento pode caer outra actividade deste tipo.
Por: Música Vitamínica o 20.3.24 / comentarios: 1 5º, cerebro musical, concurso, cultura musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL
Que instrumento coñeces que...?, cal é a danza...?, que partes do corpo interveñen...?, calculamos?...
A estas e máis preguntas ata un total de dez tivo que responder o alumnado de 5º nesta actividade de cultura musical.
Coas respostas correctas optaban a continuar para intentar conseguir un dos tres postos gañadores.
Non estivo nada mal pero, os que non acertastes, repasade máis para a próxima!.
Por: Música Vitamínica o 19.3.24 / comentarios: 0 3º, cerebro musical, concurso, cultura musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL
Nun xogo de cultura musical recompilamos unha serie de preguntas sobre o que demos en terceiro ata o momento, para xogar a adiviñar o que sabemos.
Saber o vocabulario propio do nivel e tamén facer un correcto cálculo mental foron os requisitos para poder responder correctamente ás dez preguntas formuladas e optar a conseguir un posto no podio musical.
Houbo premio para o primeiro, para o segundo e para o terceiro posto.
Estas foron as respostas acertadas:
Por: Música Vitamínica o 18.3.24 / comentarios: 0 4º, cerebro musical, concurso, cultura musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, preguntas
Hoxe xogamos ao sabio ou sabia musical a través dun concurso de preguntas empregando material de aula e os coñecementos traballados ao longo deste curso.
Lembrade repasar porque todo estaba dado e podería ter habido máis acertos.
Aínda así, houbo un podio de tres sabias musicais que o fixestes moi ben.
As respostas acertadas que se pedían foron as seguintes:
Por: Música Vitamínica o 10.3.24 / comentarios: 6 mente e curiosidades, música
Por: Música Vitamínica o 8.3.24 / comentarios: 5 mente e curiosidades, música
Por: Música Vitamínica o 8.3.24 / comentarios: 4 canción feminista, cultura, día da muller, igualdade
Escoita tres cancións con temática feminista e fai un comentario sobre elas.
Así bailaba
Lisístrata
Mujeres