
SETEMBRO
Repasamos:
(As palabras resaltadas en cor laranxa, así, conforman o vocabulario do terceiro curso e debes sabelas tal cal).
Comezamos:
O pentagrama é o conxunto de cinco liñas e catro espazos nos que se escribe a maioría dos signos musicais.
A clave de sol escríbese ao comezo do pentagrama. Serve para coñecer o nome das notas. A clave de sol comézase a escribir na segunda liña, por iso, a nota que está na segunda liña, chámase sol.
A música vaise organizando en compases que están separados por liñas divisorias. Sempre que remata a música, aparece a dobre barra final.
As figuras musicais representan a duración do son. Cada unha delas ten unha duración:
As figuras e silencios combínanse entre elas. Por exemplo, para sumar tres tempos podemos facer a seguintes combinacións, entre outras:

Clasificación xeral dos instrumentos por familias
Le con atención sobre a clasificación tradicional dos instrumentos musicais:
Escoita como sonan e observa a maneira de tocalos no seguinte vídeo (o que aparece como "corno", nós chamámoslle "trompa").
Practica a clasificacións dos instrumentos na actividade Clasifica os instrumentos. Logo agudiza o teu oído e intenta acertar o son de cada instrumento so seguinte vídeo:
Sopa de letras (preme nunha letra e arrastra ata a última letra da palabra. Se non atopas algunha dálle a "mostrar palabra" para ver onde estaba).
OUTUBRO
O timbre é a calidade do son que nos permite recoñecer o son de diferentes instrumentos, voces ou obxectos. O timbre está determinado polo material que o produce: corda, vento-madeira, vento-metal... Por exemplo, o timbre dunha frauta é diferente ao timbre dun tambor.
As notas
As notas musicais son sete. Organízanse nunha escala de máis graves a máis agudas. Podemos escribir a escala musical só coa cabeza das notas ou tamén coa plica.
Do, re, mi, fa, sol e la levan a plica cara arriba e do lado dereito. A nota si pode levar a plica cara arriba ou cara abaixo. A partir da nota si todas as notas levan a plica cara abaixo e sempre no lado esquerdo. Fíxate:
Escala de notas con cabeza:
Escala de notas con cabeza e plica:
A tesitura é o conxunto de notas que unha persoa pode cantar ou que un instrumento pode tocar. Dependendo das cordas vocais que cada persoa ten e do tamaño de cada instrumento, poderá ter unha tesitura máis grande ou máis pequena. Por exemplo, o xilófono ten unha tesitura pequena, o clarinete ten unha tesitura media e o piano ten unha tesitura grande.
Tipos de melodías
Cando cantamos, tocamos ou bailamos estamos interpretando unha música que se elabora a partires de diferentes combinacións de notas. Dependendo da dirección das notas temos diferentes tipos de melodías:
. A melodía ascendente, remata cara arriba, vai de grave a agudo, como se subísemos pola loma dunha montaña ata o cumio.
. A melodía descendente remata cara abaixo, vai de agudo a grave, como se baixásemos pola loma da montaña ata o seu pé.
. A melodía liñal non vai nin cara arriba nin cara abaixo, mantense máis ou menos na dirección dunha liña recta.
. A melodía ondulada vai pouco a pouco subindo e baixando de grave a agudo e de agudo a grave, como facendo ondas.
. A melodía quebrada vai de moi grave a, de súpeto, moi agudo e de moi agudo a, de súpeto, moi grave, como facendo amplos picos. Compréndeo mellor escoitando os tipos de melodías:
Escoita La mañana, del compositor Peer Gynt. Fíxate na forma da melodía:
NOVEMBRO
A corchea e o seu silencio
A corchea dura medio tempo e poñémolo así: 1/2. Para conseguir formar un tempo precisamos de dúas corcheas (1/2+1/2=1).
Este é o silencio de corchea. Como os silencios duran o mesmo que a súa figura e a corchea dura medio tempo, o silencio de corchea dura tamén medio tempo. Para formar un tempo precisamos de dous silencios de corchea. Pero tamén podemos combinar medio tempo dunha corchea e medio tempo dun silencio de corchea para formar a duración dun tempo.
Compases de 2, 3 e 4 tempos
(ou dous por catro, tres por catro e catro por catro).
Marcación dos compasesLembra que marcamos o 2 por catro coa man abaixo e arriba. O 3 por catro coa man abaixo, á dereita e arriba. E o 4 por catro coa man abaixo, á esquerda, á dereita e arriba.
Os instrumentos electrófonos
Os instrumentos electrófonos son aqueles que empregan enerxía eléctrica para producir os son. Como, por exemplo, a guitarra eléctrica.
Colocación dos instrumentos na orquestra
Colocación e nome dos instrumentos
Agrupacións instrumentais (clasificación)
DECEMBRO
A altura
A altura é a calidade do son que nos permite recoñecer se un son é agudo ou grave. En Música, as notas indican a altura do son. Unhas son máis graves e otras máis agudas.
Equivalencias das figuras e silencios
Os signos de repetición
Empregamos signos de repetición para simplificar a escrita musical e non ter que escribir dúas veces os mesmos compases. O seguinte signo de repetición chámase dobre barra con dous puntos. Pode aparecer dúas veces ou só unha vez. Cando aparece dúas veces indica que os compases que están dentro das dobres barras con dous puntos, se repiten. Cando aparece unha soa vez debemos cantar ou tocar toda a música de novo.
As notas fa, sol, la, si
Lembra que a nota fa sempre aparece no 1º espazo do pentagrama, a nota sol, na 2ª liña, a nota la no 2º espazo do pentagrama e a nota si na 3º liña. Todas estas notas levan a plica cara arriba e á dereita da cabeza, menos a nota si que a pode levar cara arriba ou cara abaixo á esquerda. Memorízaas ben!.
Mira cada nota ao tempo que vas dicindo de memoria o seu nome en voz alta. Lembra que á volta das vacacións as vou preguntar individualmente. Preme na imaxe do pentagrama se o queres ver en tamaño grande.
Intenta agora facer a seguinte lectura sen a axuda das cores:
Fa, sol, la, si negras
Fa, sol, la, si brancas
Fa, sol, la, si negras, brancas e silencios
Fa, sol, la si negras, brancas, silencios e parella de corcheas
Fa, sol, la, si corcheas, negras e silencios
Fa, sol, la si corcheasXaneiro
A nota do aguda (do´)
A nota do´atópase no terceiro espazo do pentagrama. Fíxate e memorízaa!.
Atenta-o. Fíxate que están en cor negra as notas fa, sol, la e si que xa debes saber. A nota do´aparece en cor vermella. Di do cada vez que a vexas, e o nome das outras notas sen a axuda das cores. Fíxate nos signos de repetición. Concéntrate, vai amodo e, adiante!.
Ritmo de negras:
Negras, brancas, silencio de negra, silencio de branca e parella de corcheas. Lembra repetir os compases que se indican:
A redonda
Tanto a redonda como o silencio de redonda duran 4 tempos. Polo tanto, unha redonda completa ela soa un compás de catro por catro. Tamén un silencio de redonda o completa sen necesitar de ningún outro silencio ou figura. Entón a redonda é a figura que coñecemos de máis valor, despois a branca e logo a negra. Aínda estaría a corchea que vale menos que a redonda pero non fai ningún tempo completo por ela soa. Xa sabes que precisa doutra corchea ou dun silencio de corchea para completalo. Así que, as figuras que representan tempos completos son:
Febreiro
A ÓPERA
A ópera é unha obra teatral interpretada por cantantes e unha orquestra.
PAPAGENO E PAPAGENA (MOZART)
Papageno e Papagena é un dúo dentro da obra "La flauta mágica" de Mozart.
Papageno é un paxareiro que camina polo bosque en busca de sons de novos paxaros. Leva unha vestimenta feita de plumas, unha gaiola baleira atada a un cinto, e unha frauta de pan que, ao tocala, produce o son das notas sol, la si, do´e re´. Co son destas notas os paxaros ás veces calan e ás veces cantan máis e máis forte.
Papagena é tamén paxareira e, entre os dous, estan a aprender o canto de todos os paxaros do bosque. Finalmente, Papagena e Papageno casaron.
Tipos de voces
Lembra que as voces dos cantantes clasifícanse segundo o conxunto de notas que poden cantar.
As voces das mulleres e dos homes son diferentes por natureza. En xeral, a voz dunha muller é máis aguda que a voz dun home, aínda que tamén hai mulleres con voz grave e homes con voz aguda.
A voz feminina é voz de soprano se canta un conxunto de notas agudas.
A voz feminina é voz de contralto se canta un conxunto de notas graves.
A voz masculina é voz de tenor se canta un conxunto de notas agudas.
A voz masculina é voz de baixo se canta un conxunto de notas graves.
Así que, de máis aguda a máis grave, os principias tipos de voz humana no canto son:
SOPRANO
CONTRALTO
TENOR
BAIXO
Pero hai máis!. Darémolas máis adiante.
Os instrumentos de vento-madeira e de vento-metal
A frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira. Antiguamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal. Os son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar unha cana de madeira.
A trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metal. Están feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.

Marzo
Lectura rítmica
Indicadores de intensidade
En música, na escrita, a intensidade do son indícase con palabras italianas que aparecen abreviadas. Dependendo de se o compositor ou compositora quere que toquemos ou cantemos máis ou menos forte, aparecerán as seguintes abreviaturas e así deberemos interpretar.
A nota mi
A nota mi atópase na 1ª liña do pentagrama. Obsérva a súa colocación e memorízaa!.
Mi, fa, sol, la si redondas
Mi, fa, sol, la, si brancas
Mi, fa, sol, la, si negras
Mi, fa, sol, la, si brancas, negras e silencios
Mi, fa, sol, la, si redondas, brancas, negras, silencios e parellas de corcheas
Semana Santa
Repasa a lectura rítmica de marzo e practica as lecturas coa nota mi.
Abril
Tempo
En música empregamos a palabra tempo para referirnos á velocidade.
Un tempo allegro leva unha velocidade rápida.
Un tempo andante leva unha velocidade normal.
Un tempo adagio leva unha velocidade lenta.
Hai tamén tempos que indican un cambio de tempo e que a velocidade cambia pouco a pouco:
Accelerando indica que a velocidade da música aumenta pouco a pouco.
Ritardando indica que a velocidade da música diminúe pouco a pouco.
Allegro
A importancia do silencio
O silencio é a ausencia de son. É parte indispensable da música e está presente en calquera composición musical.
O silencio facilita a memoria, a aprendizaxe e, en xeral, ten efectos moi positivos sobre nós e o noso contorno.
Hai moito tempo, un sabio chamado Pitágoras dixo: "Escoita e serás sabio, porque o comezo da sabedoría é o silencio".
A seguinte canción de Jorge Drexler trata sobre o silencio. Nela, ademais, a música para en seco facendo unha pausa clara de silencio.
Unísono e canon
As persoas que cantan ao mesmo tempo a mesma melodía dunha canción están cantando ao unísono. Fanno todos e todas xuntas como se fosen unha soa persoa pero o son é máis grandioso por tratarse dun conxunto de persoas. Mira un exemplo:
As persoas que cantan a mesma melodía pero en momentos diferentes están cantando en canon; é dicir, unha ou varias persoas comezan a cantar e sen que paren de cantar comeza a cantar outra persoa ou grupo de persoas. Cada un debe saber moi ben o que ten que cantar e intentar non perdese mentres o outro grupo está facendo o seu momento da melodía. O que comeza de primeiro acaba de primeiro e así os demais, rematando no mesmo orde no que comezan. Fíxate:
Lembra que sempre que se cante o mesmo e á mesma vez, faise ao unísono e que sempre que se cante o mesmo en momentos diferentes, faise en canon.
Intensidade
A intensidade na música fai referencia ao forte ou suave que sonan os sons. Existen diferentes palabras italianas para indicar que os sons se cantan ou se tocan cunha intensidade determinada, máis ou menos forte ou máis ou menos suave. Son os matices. Nas partituras aparecen só as abreviaturas dos matices e aparecen debaixo do pentagrama. Son as seguintes:
Pedro e o lobo (Prokófiev)
A obra musical Pedro e o lobo está composta para unha frauta, un óboe, un clarinete, un fagot, tres trompas, un timbal e cordas para os personaxes principais, e un acompañamento de trompeta trombón, triángulo, pandeireta, pratos, castañolas, caixa, e bombo para a orquestra.
Cada personaxe da historia ten asignado un instrumento e un tema musical:
Maio
Instrumentos de percusión. Clasificación.
O valse das flores (Tchaikovsky)
"O valse das flores" é unha peza musical dentro do ballet "O crebanoces". Tchaikovsky é considerado o máis grande compositor de música de ballet do século XIX.
Sinfonía do novo mundo (Dvorák)
Antonin Dvorák é o compositor da obra "Sinfonía do Novo Mundo". Compúxoa no ano 1893 durante o tempo que viviu nos Estados Unidos de América.
Intenta recoñecer auditivamente algúns dos instrumentos que sonan:
🙋😉
Comentarios
Publicar un comentario