PARTITURAS 4

 

Practica coa frauta:

1. Posicións das notas na frauta doce
Os buratos indicados en cor negra indican o dedo tapando ese oco e os buratos indicados en cor branca indican o dedo no aire despexando o oco. Lembra soprar suavemente pensando que pronuncias a sílaba "tu" cada vez que cambias de nota. Practica:
2. Partitura de repaso
Escoita Pequeno paseo medieval. Logo repasa a Parte A xa aprendida na clase e estuda amodo a Parte B coa frauta no mentón (podes ver a partitura en tamaño grande se premes enriba dela).


Envío da tarefa 2: Se tes algunha dúbida, escríbeme por correo electrónico. E para que poda ver a túa evolución pódente gravar nun vídeo (con que se vexan as mans chega) tocando cando che saia "Pequeño paseo medieval". Envíamo por correo electrónico ao enderezo musicavitaminica@gmail.com. Se está ben gañarás os 3 puntos que mereces. Máis adiante indicareiche como velos co teu avatar.
3. Estuda a seguinte partitura. Xa están as notas coas cores para que non teñas que imprimila e rodealas á man como facemos na clase. Preme nela para vela máis de preto. 
Envío da tarefa 3: Envíase o vídeo do último pentagrama de cada exercicio de lectura melódica e o Himno da alegría a frauta (cando saia) . Se algún neno ou nena precisa de dúas semanas, pode non gravar esta semana e practicar ao seu ritmo ata que desexe gravar. É recomendable gravar desde un ángulo fixo que colla as mans (desde un lateral) e a partitura pola que está lendo (un pouco desde atrás). 
4. Repasa o Himno da alegría.
Envío da tarefa 4: Envíase únicamente o vídeo da frauta (cando saia). Se algún neno ou nena precisa de dúas semanas, pode non gravar esta semana e practicar ao seu ritmo ata que desexe gravar. É recomendable gravar desde un ángulo fixo que colla as mans (desde un lateral) e a partitura pola que está lendo (un pouco desde atrás). A actividade dos instrumentos de corda e de vento non se envía.
Así de fácil!. Practica 5 minutos ao día.
Ata a semana que vén.


Comentarios