PARTITURAS 5

 

Practica coa frauta:
Tarefa "Queda na casa 2"
1. Posicións das notas na frauta doce.
Os buratos indicados en cor negra indican o dedo tapando ese oco e os buratos indicados en cor branca indican o dedo no aire despexando o oco. Lembra soprar suavemente pensando que pronuncias a sílaba "tu" cada vez que cambias de nota. 
As notas que poñen ditados melódicos e as que poñen 4º curso xa teñen que estar sabidas tanto lidas como tocadas. Se aínda non as dominas non pases a outras e trabállas. Se xa as tocas ben, podes pasar a aprender cada semana coa frauta no mentón unha nova nota das que poñen 5º e  cursosMira ben as colocación dos dedos como che indico nesta imaxe das posicións:
2. Partituras
Só se sabes as notas de ditados melódicos e do 4º curso debes pasar a traballar a seguinte partituraPractica a Frauta 2 moi a modo, de maneira que cando remates o primeiro pentagrama da Frauta 2, pases ao seguinte verde e a o seguinte máis en verde e ao último en rosa que debería estar en verde (teño que cambialo). E así xa tes a segunda voz completa. A primeira non tes que facela a non ser que che saia moi ben a segunda e queiras aprendela. Lembra que a combinación de negra con punto e corchea faise como un salto (taa-ta). 

Se tes algunha dúbida, escríbeme por correo electrónico ao enderezo musicavitaminica@gmail.com
Tarefa "Queda na casa 3"
3. Fai clic na partitura para vela máis de preto.
Envío da tarefa 3: Envíase  só un vídeo lendo as notas do último pentagrama de cada exercicio de lectura melódica a musicavitaminica@gmail.com para que eu poda ver a túa evolución. Se un neno ou nena precisa de dúas semanas, pode non gravar esta semana e practicar ao seu ritmo ata que desexe gravar. É recomendable gravar desde un ángulo fixo que colla as mans (desde un lateral) e a partitura pola que está lendo (un pouco desde atrás). Se está ben gañarás os 3 puntos que mereces. Máis adiante indicareiche como velos co teu avatar.
Tarefa "Queda na casa 4"
4. Repasa o Himno da alegría.
Envío da tarefa 4: Envíase só un vídeo tocando "O himno da alegría" a musicavitaminica@gmail.com. 
Isto é todo!. A semana que vén máis.

Practica 5 minutos ao día.

Comentarios