Practica coa frauta:
Tarefa "Queda na casa 2"
1. Posicións das notas na frauta doce
Os buratos indicados en cor negra indican o dedo tapando ese oco e os buratos indicados en cor branca indican o dedo no aire despexando o oco. Lembra soprar suavemente pensando que pronuncias a sílaba "tu" cada vez que cambias de nota. Practica:
2. Partituras de repaso
Envío da tarefa2: Se tes algunha dúbida, escríbeme por correo electrónico. E para que poda ver a túa evolución pódente gravar nun vídeo (con que se vexan as mans chega) lendo o último pentagrama da lectura melódica e tocando "Un ratón me persigue". Envíame todo por correo electrónico ao enderezo musicavitaminica@gmail.com. Se está ben gañarás os 3 puntos que mereces. Máis adiante indicareiche como velos co teu avatar.
Tarefa "Queda na casa 3"
3. Partitura nova
Lembra que tes que saber xa si, la, sol e fa. Le primeiro as notas en voz alta e logo practícaa coa frauta no mentón e vai colocando a nota fa (1º espazo) co dedo 1 (o índice) da man dereita. Comproba que o fas ben mirando a imaxe de arriba das posicións (se fas clic sobre a imaxe dunha partitura podes vela máis grande).
Envío da tarefa 3: Envíase o vídeo da lectura do último pentagrama da lectura melódica e da partituta "Si, la, sol, fa" tocada coa frauta (cando saia).
Tarefa "Queda na casa 4"
4. Obseva a posición na frauta da nota mi e practica (lembra estudar coa frauta no mentón ata que saian ben as posicións):
Envío da tarefa 4: Envíase únicamente o vídeo da frauta (cando saia). Se algún neno ou nena precisa de dúas semanas, pode non gravar esta semana e practicar ao seu ritmo ata que desexe gravar. É recomendable facelo desde un ángulo fixo que colla as mans (desde un lateral) e a partitura pola que está lendo (un pouco desde atrás). A actividade dos instrumentos non se envía..
Así de fácil! Practica 5 minutos ao día.
Ata a semana que vén.
Tarefa "Queda na casa 6"
Envío da tarefa 6: Non hai envío de tarefa esta semana.
Comentarios
Publicar un comentario