EL PAPEL DE LA MUJER EN LA MÚSICA
Por: Música Vitamínica o 28.12.20 / comentarios: 0 día da muller
El papel de la mujer en la música a lo largo de la historia ha sido un tema desconocido durante mucho tiempo. Muchas mujeres se enfrentaron a la sociedad de su época para poder desarrollar su talento musical.
INSTRUMENTOS MUSICAIS 5º
Por: Música Vitamínica o 28.12.20 / comentarios: 0 INSTRUMENTOS MUSICAIS
1. Infórmate sobre a clasificación dos instrumentos e realiza as actividades.
Os instrumentos cordófonos son aqueles instrumentos cuxo son se produce pola vibración dunha ou varias cordas. Estas vibracións son amplificadas por unha caixa de resonancia. As cordas poden ser de tripas de animais, de fibras vexetais, sintéticas ou de fíos metálicos. Facendo a corda máis longa ou máis curta emitirán sons máis graves ou máis agudos respectivamente. Os cordófonos podémolos dividir á súa vez en:
Os instrumentos cordófonos son aqueles instrumentos cuxo son se produce pola vibración dunha ou varias cordas. Estas vibracións son amplificadas por unha caixa de resonancia. As cordas poden ser de tripas de animais, de fibras vexetais, sintéticas ou de fíos metálicos. Facendo a corda máis longa ou máis curta emitirán sons máis graves ou máis agudos respectivamente. Os cordófonos podémolos dividir á súa vez en:
. De corda fretada: Tócanse tocando as cordas cun arco.
. De corda pulsada ou punteada: Tócanse cos dedos ou cunha púa.
. De corda percutida: Tócanse cuns macillos forrados accionados por un teclado.
Os instrumentos aerófonos son aqueles instrumentos cuxo son se produce pola vibración da columna de aire que contén. O tubo máis longo ou máis curto fai que o seu son sexa máis grave ou máis agudo. Poden ser:
. De madeira: os que teñen onde se sopla unha lingüeta de madeira.
. De metal: os que están feitos de metal e tócanse apoiando os beizos sobre a boquilla.
O órgano é outro instrumento aerófono, que posúe distintos tubos de distintos tamaños para producir sons de diferentes alturas e aos que se lles administra o aire, antigamente de maneira manual e hoxe electricamente.
Os instrumentos membranófonos son aqueles cuxo son se produce pola vibración dunha memebrana de pel. Poden ser:
. De son determinado, os que se poden afinar.
. De son indeterminado, os que non se poden afinar.
Os instrumentos idiófonos son os que producen o son gopleándoos entre si ou con baquetas. Poden ser:
. De son determinado, cos que se fan melodías.
Os instrumentos electrófonos son os que empregan a corrente eléctrica para producir o seu son.
Membranófonos, idiófonos, electrófonos (preme en cada instrumento e dálle a play para escoitalo).
Pasapalabra de instrumentos (escribe o instrumento e comproba ou salta esa letra).
Relaciónalos (marca instrumento e a súa familia ou a súa familia e o instrumento).
O IOGA NA ESCOLA
Por: Música Vitamínica o 28.12.20 / comentarios: 0 relaxación
A palabra ioga significa ‘unión’ e refírese a unha tradicional disciplina física e mental que se orixinou na India e que se asocia con prácticas de meditación.
Sabías que practicar ioga con regularidade xera beneficios físicos?. Pois si. Efectivamente, a práctica do ioga á xenial para o benestar do noso corpo e tamén da nosa mente.
Practicar ioga con regularidade é unha excelente forma de aliviar o estrés e as tensións que acumulamos ao longo do día. Por iso, a maioría da xente practícao ao remate do día, durante 10 minutos, non fan falta máis e, reservar este tempo para esta actividade é bastante fácil, só hai que querer facerlo. Con elo, podemos conseguir:
1. Mellorar a respiración: O ioga ensina a respirar correctamente, e unha boa respiración mellora a circulación sanguínea, o que axuda positivamente ao noso cerebro, aos nosos órganos vitais e ás nosas extremidades. Respirar de maneira profunda e a un ritmo pausado equilibra o sistema nervioso, ralentiza o ritmo cardíaco e relaxa os músculos. Perfecto para axudar a que o noso corpo funcione correctamente!.
2. Reforzar o sistema inmunolóxico: O ioga axuda a reducir o nivel de estrés que podamos ter e que nos pode provocar cambios de humor, problemas de sono e dixestivos, entre outros. A práctica do ioga aumenta a nosa resistencia a enfermidades. Todo baixo control!.
3. Aumentar a flexibilidade: Un dos primeiros cambios positivos que se perciben ao comezar a practicar ioga é o aumento da flexibilidade (pouco a pouco, claro) moi importante porque, entre outras cousas, axuda a evitar lesións. É probable que nun principio o corpo estea ríxido cando queremos realizar posturas para as que hai que dobrar algunhas partes pero, con constancia, estas posturas son as mellores aliadas para aumentar a flexibilidade. A medida que aumenta a flexibilidade, desaparecen moitas das dores musculares provocadas polas tensións e polas malas posturas.
3. Mellorar o equilibrio: Cando practicamos ioga é importante manter a concentración nas sensacións que produce cada postura, realizando as correcións que sexan precisas para mellorar. A medida que se adquira experiencia, o corpo aprenderá como cun pequeno axuste se pode recuperar o equilibrio nunha postura. Importantísimo porque un bo equilibrio nos axuda á hora de executar movementos coa música ao bailar!.
4. Fortalecer músculos e ósos: O ioga axuda a fortalecer os músculos e está demostrado que axuda a reforzar os ósos e a frear a perda de masa ósea. Ademáis, é fundamental para previr lesións e fracturas, sobre todo en persoas con osteoporose (doenza dos ósos). Co ioga conséguese mellorar a postura; ademais, favorece a saúde da columna vertebral. Como novos-as!.
5. Equilibra o sistema nervioso: O ioga favorece a relaxación, fai máis lenta a respiración reducindo o ritmo cardíaco e a presión sanguínea, axuda a equilibrar o sistema nervioso e facilita a recuperación en situacións de estrés. Como a nosa volta á calma da clase pero ademais de respirar, movéndonos lentamente ao facer cada postura!.
En resumo, as persoas que practican ioga cada semana melloran:
- a súa capacidade respiratoria
- a súa flexibilidade
- a forza
- o equilibrio
- a propia percepción do corpo
- a concentración
- a relaxación
- a canalización das emocións
- a sociabilidade
- a autoestima
Qué pasada, non?. Pois, xa sabedes. Propóñovos a partires de agora reservar 10 minutiños do voso tempo cada día, colocarvos nun cuarto tranquilo con pouca luz e sen que nada os moleste, sentarvos sobre un colchón pequeno (colchoneta en castelán) no chan e acompañarvos dalgún familiar que tamén queira facelo.
Para elo, comparto uns vídeos nos que mestres e mestras do ioga nos ensinan uns exercicios con posturas básicas. Débense realizar en silencio. Están pensados para facer cada día os exercicios dun vídeo e ao día seguiente outro, así ata facer os exercicios dos sete vídeos ao longo dunha semana. Se comezas un luns, farías os do vídeo que pon día 1, o martes os do día 2...e así ata facer os sete. Está xenial para ir variando de exercicios.
IMPORTANTE: Non pretendades facelos exactamente igual ca eles/as, xa que levan moito máis tempo realizándoos. Ánimo e bo relax! ;-).
Día 1
Día 2
Día 3
Día 4
Día 5
Día 6
Día 7
Logo dunha semana de exercicios de ioga, de seguro que teredes algunhas posturas favoritas que xa saberedes de memoria. Se é así, podedes ir combinándoas ao vostro gusto pola orde que queirades ir faciendo a postura que vos vaia apetecendo. Aconséllovos contar 10 segundos aproximadamente en cada postura e logo cambiar á seguinte que durará outros 10 segundos. Déixovos ao final desta entrada as posturas máis coñecidas cos seus nomes, e a música do seguinte vídeo para poñela de fondo nos vosos exercicios libres de ioga. E, por suposto, podedes volver facer os exercicios dos sete vídeos todas as semanas que queirades. Adiante!.
¿QUÉ ES ZUMBA?
Por: Música Vitamínica o 21.12.20 / comentarios: 0 movemento
Zumba es una disciplina fitness (forma física) creada a mediados de los años 1990 por el colombiano Alberto "Beto" Pérez, enfocada por una parte a mantener un cuerpo saludable y por otra a desarrollar, fortalecer y dar flexibilidad al cuerpo mediante movimientos de baile combinados con una serie de rutinas aeróbicas.
INSTRUMENTOS MUSICAIS 6º
Por: Música Vitamínica o 21.12.20 / comentarios: 0 INSTRUMENTOS MUSICAIS
Descubre más instrumentos de cada grupo y escucha su sonido:
Practica con las siguientes actividades:
LINGUAXE MUSICAL 3º CURSO 2019-2020
Por: Música Vitamínica o 14.11.20 / comentarios: 0 LINGUAXE MUSICAL
Tarefa "Queda na casa 2"

1. Lectura rítmica. Le e observa o cadro da duración das figuras musicais. Logo repasa o traballado na clase. Practica os esquemas rítmicos:
1º Só coa voz. Lembra: negra=pan, dúas, corcheas=lei-te, unha branca=sa-al (abrindo as mans logo da palmada), silencio=xesto de corte no aire, catro semicorcheas=cho-co-la-te.
2º Engade palmas (voz+palmas).
3. Lembras a canción de Entroido?. Anímate a cantala! 😉.
4. Lectura melódica. Observa a colocación da nota fa no pentagrama da actividade 2 e le a continuación:
Tarefa "Queda na casa 3"

5. Cando cantamos, tocamos ou bailamos estamos interpretando unha música que se elabora a partires de diferentes combinacións de notas. Dependendo da combinación da dirección das notas temos diferentes tipos de melodías: a melodía ascendente, remata cara arriba, vai de grave a agudo, como se subísemos pola loma dunha montaña ata o cumio. A melodía descendente remata cara abaixo, vai de agudo a grave, como se baixásemos pola loma da montaña ata o pé. A melodía liñal non vai nin cara arriba nin cara abaixo, mantense máis ou menos na dirección dunha liña recta. A melodía ondulada vai pouco a pouco subindo e baixando de grave a agudo e de agudo a grave, como facendo ondas. A melodía quebrada vai de moi grave a, de súpeto, moi agudo e de moi agudo a, de súpeto, moi grave, como facendo amplos picos. Compréndeo mellor escoitando os tipos de melodías:
6. Lectura melódica. Observa a colocación das notas mi, fa, sol na escala do exercicio 2 e a continuación le as seguintes notas:
7. Se es de 3ºA responde a este cuestionario.
Se es de 3ºB responde a este cuestionario.
Tarefa "Queda na casa 6"

8. Lectura ritmico-melódica. Segue este vídeo e despois practica por ti mesmo-a as actividades 2 e 6.
Tarefa "Queda na casa 7"

9. Se es de 3ºA responde estas preguntas.
Se es de 3ºB responde estas preguntas.
Envío da tarefa 7: Esta proba envíase automaticamente unha vez lle deas a "Enviar" e xa me chegan directamente as respostas. Non hai máis envío ca este esta semana).
Tarefa "Queda na casa 8"

10. Último repaso destas lecturas ritmico-melódicas. Se aínda non che saen as notas co ritmo, non sigas o seguinte vídeo e segue traballándoas como no exercicio 8. Se che saen co ritmo como no vídeo da tarefa 6, inténtao facer comigo neste vídeo. Non te preocupes se te perdes pola velocidade, non pasa nada pero intenta collerme. Non paro, así que, non quedes atrás!. Veña, que podes!.
11. Último repaso de "Si, la, sol, fa" coa frauta. Intenta facelo co vídeo. Se che sae máis lento non pasa nada pero segue practicando.
Envío da tarefa 8: Envíase un único vídeo co último pentagrama da lectura MI, FA, SOL, máis o último pentagrama de SOL, LA, SI e tocando SI, LA, SOL, FA, se che sae á velocidade dos vídeos. Se non, non fagas envío esta semana e practica durante dúas semanas para poder enviar esta tarefa a semana que vén. Dálle caña!.
Tarefa "Queda na casa 10"

Non hai máis tarefas de Música este curso. Se a pasada semana xa me enviaches a tarefa 8 e recibiches o meu comentario, non tes que facer máis envíos.
Envío da tarefa 10: Esta tarefa é para ti se aínda non me enviaches a tarefa 8. Podes enviala a musicavitaminica@gmail.com ata o 5 de xuño.
LINGUAXE MUSICAL 1º CURSO 2019-2020
Por: Música Vitamínica o 14.11.20 / comentarios: 0 LINGUAXE MUSICAL
Tarefa "Queda na casa 2"
1. Escoita os seguintes fragmentos de "El carnaval de los animales". Debes escoitalos mirando para as imaxes dos instrumentos. Adiviñas que instrumento fai de ELEFANTE? E de PAXARO? E de FÓSIL?.
2. Repasa a canción "La casita de las notas".
3. Vai ao caderno e fai a páxina 16.
4. Escoita con atención intentando descubrir que instrumentos sonan neste "Paseo en trineo".
4. Escoita con atención intentando descubrir que instrumentos sonan neste "Paseo en trineo".
5. Agora fai a páxina 17 do caderno.
Tarefa "Queda na casa 3"
6. Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo:
Cando vexades un paxaro dades unha palmada. Cantos paxaros hai? Catro? Pois catro palmadas. Mira o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miras o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezades. 1, 2 e 3:
Ves o niño baleiro? Non hai paxaro. Non hai son. Agardamos sen palmear mirando para cada niño no tempo en que daríamos a palmada (o adulto pode ir sinalando cada paxaro e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora hai paxaro e logo marcha. Facemos catro palmadas e agardamos o tempo doutras catro palmadas. Todo seguido. Á de tres: 1, 2 e 3:
Fíxate. O paxaro vai voando en busca de comida. Ves? Está e marcha, está e marcha... Palmea cando está e espera cando non está. Á de tres: 1, 2 e 3:
Paréceuche fácil? Pasa agora a realizar o seguinte exercicio:
Ides pensar que a negra é o paxaro e ides palmear como no exercicio anterior. Cada vez que vexades esta figura musical dades unha palmada, vale? Á de tres: 1, 2 e 3:
Moi ben. Agora pensades que o silencio é o niño baleiro do paxaro e esperades como fixestes antes. (A persoa adulta pode ir sinalando cada silencio e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora todo seguido. Palmeade nas negras e esperade nos silencios. Á de tres: 1, 2 e 3:
E agora? Palmada, espera, palmada, espera... 1, 2 e 3:
Por último, escollede Persoa 1 e Persoa 2 para facer o ritmo que corresponde. Contades ata 3 e comezades as dúas persoas ao mesmo tempo. Logo cambiades e facedes a liña que fixo a outra persoa facendo o cambio sen parar no medio. Facédeo unha vez lento, outra normal e outra rápido.
Agora:
E por último:
7. Vai á páxina 20 do caderno e fai os exercicios 1, 2 e 3. No 3 podes empregar dúas cores para diferenciar os camiños.
8. Repasa "La casita de las notas" (Lembra as pinciñas de cangarexo e tirarlo en paracaídas).
9. Sabías que cando un son choca contra unha parede rebota e prodúcese o eco?. Isto pasa en grandes espazos. Nunha habitación, por exemplo, non podemos escoitar o eco porque necesita dun lugar moito máis grande. Pero se estivésemos ao aire libre en fronte a unhas montañas, por exemplo, e falásemos ben alto, escoitaríamos a nosa voz repetida como se houbese alguén ao outro lado das montañas. Dicimos "ola", e resona varias veces. Velaí o eco. Escoita:
10. Fai os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 21 do caderno.
11. Se es de 1ºA responde a este cuestionario.
Se es de 1ºB responde a este cuestionario.
Así de fácil!.
Envío da tarefa 2 e 3: Para que poda ver o ben que estás a traballar podes sacar fotos das páxinas do caderno realizadas ata hoxe e enviarmas por correo electrónico a musicavitaminica@gmail.com. Se tes algunha dúbida, escríbeme tamén. Pódente gravar nun vídeo (con que se vexan as mans chega) cantando as cancións e facendo os exercicios rítmicos.
Ata a semana que vén.
Tarefa "Queda na casa 4"
12. Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo: Recordamos que cando víamos un paxaro dábamos unha palmada e cando víamos un niño baleiro esperábamos o tempo da palmada.
Ves que esta parella de paxariños ocupa o mesmo espazo que o paxaro grande?.
Iso é porque caben dúas palmadas curtas no lugar dunha palmada normal. Así que, cando vexamos unha parella de paxariños damos dúas palmadas curtas para facer o seu ritmo, vale?. Probamos agora facendo dúas palmadas curtas con estes dous paxariños. Unha, dúas e tres:
Outra vez. Unha, dúas, e tres:
Lembra que un paxaro é igual que unha negra e que o niño baleiro é igual a un silencio:
E a parella de paxariños é igual que unha parella de corcheas, vale?.
A partir de agora, cando vexamos un paxaro damos unha palmada, cando vexamos un niño baleiro esperamos, e cando vexamos unha parella de corcheas damos dúas palmadas curtas. Si?. Adiante!.
Se non che saíu inténtao unha vez máis, e se che saíu, fenomenal!. Xa sabes ler unha parte da música!.
13. Recordas que en "La casita de las notas" entonamos unha escala musical? ... la si do´si la sol fa mi re do, se acabó.
A nosa voz sona cara arriba e logo cara abaixo. Cando sona cara arriba a escala é ascendente e cando sona cara abaixo a escala é descendente. Mira:
14. Fai a páxina 22 do caderno.
15. Sabemos como se chaman as notas gracias á clave de sol. A clave de sol colócase ao comezo do pentagrama. Nace na segunda liña (contando desde abaixo). Ten unha forma enrolada como a cuncha dun caracol, estírase e baixa rematando cun rabiño. Míraa:
16. Repasa a forma da clave de sol co teu dedo índice no exercicio 1 da páxina 23. Logo podes debuxar por dentro dela a súa forma como no vídeo cunha pintura e, por último, coloreala por dentro volvendo seguir o mesmo camiño. Fai despois o exercicio 2 e o exercicio 3.
Estádelo facendo moi ben. Grazas ás familias polo interese e a participación!.
Envío da tarefa 4: Envíanse as fotos das páxinas do caderno e, de maneira opcional, o vídeo dos exercicios rítmicos (os dos paxariños) e /ou das cancións a musicavitaminica@gmail.com. Os alumnos-as que non teñen caderno, ou ben poden imprimir as páxinas se as obteñen por outros compañeiros-as, ou ben poden repasar a través das actividades no ordenador sen facer o caderno.
Tarefa "Queda na casa 5"

17. Escoita o son dos seguintes instrumentos:
18. Escoita a "Marcha turca" de Beethoven:
19. Fai as páxinas 24 e 25 do caderno. No exercicio 1 da páxina 24 colorea o instrumento que escoitaches na "Marcha turca" de Beethoven. O exercicio 1 da páxina 25 faino con lapis: no primeiro pentagrama escribe sete notas, cada unha na liña que prefiras pero só nas liñas. No segundo pentagrama escribe catro notas, cada unha no espazo que prefiras pero só nos espazos. Como son catro, poden estar máis separadas ao longo do pentagrama que as sete de arriba. No exercicio 2 podes facer cada clave de sol dunha cor. Antes podes repasar como se fai no vídeo da tarefa anterior.
20. Escoita "Alla turca" de Mozart. Axuda a Mozart coa súa música dando unha palmada para recoller cada negra.
Envío da tarefa 5: Envíanse unicamente as fotos das páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 6"

21. Une cada son co seu animal (fai clic nun son para escoitalo. Logo, marca a casilla fóra do icono do son e a casilla do animal que fai ese son para unilos).
22. Fai a páxina 26 do caderno.
23.Andalucía, Aragón, Galicia e Madrid son comunidades autónomas do país no que vivimos, España. Míraas neste mapa de España.
Cada un destes lugares ten un baile popular, que o baila a xente desde lugar:
O chotis é o baile popular de Madrid.
A xota é o baile popular de Aragón.
As sevillanas son o baile popular de Andalucía.
A muiñeira é o baile popular de Galicia.
24. Fai a páxina 27 do caderno. Lembra que as liñas do pentagrama comezámolas a contar sempre desde abaixo. No exercicio 2 comeza a repasar o pentagrama desde abaixo.
Envío da tarefa 6: Envíanse unicamente as fotos das páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 7"

25. Vai ao exercicio 1 da páxina 28. Prepara as pinturas e escoita os sons do vídeo. Vai pintando a imaxe do que vai soando. Faino amodo, sen deixar ocos brancos e sen saír por fóra. Cambia de cor e pinta outro debuxo cada vez que sone un novo son. Non importa se non remataches de pintar o anterior, cambia e non quedes atrás.
Agora podes acabar de pintar o que non che deu tempo antes.
26. Fai o exercicio 2 con debuxos de sons diferentes aos do exercicio 1.
27. Escoita El amor de las tres naranjas de Prokofiev. Fíxate ben nos instrumentos que aparecen:
28. Fai o exercicio 1 da páxina 29 coloreando dos instrumentos que aparecen no exercicio, todos os que tocan en El amor de las tres naranjas.
29. Fai o exercicio 2.
30. Se es de 1ºA responde estas preguntas.
Se es de 1ºB responde estas preguntas.
Envío da tarefa 7: Envíanse as fotos das páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 8"

31. Escoita a Marcha do león.
32. Vai á páxina 9 do caderno e fai o exercicio 1. Para elo volve escoitar a Marcha do león e vai numerando os debuxos polo orde que van aparecendo nesta peza musical e logo colorea.
Fíxate nas seguintes pistas (están desordenadas):
León ruxindo Paseando
Aparecendo Marchando ruxindo
33. Vai á páxina 11 do caderno. Fai o exercicio 1 escribindo o nome de todos os instrumentos. Atopa o pandeiro e as claves e colorea só estes dous instrumentos.
34. Fai o exercicio 2. Mira primeiro o significado do punto negro, do punto vermello e de Z:
Agora escribe o símbolo correspondente seguindo o orde das casillas como che indico arriba:
Ditado1: SON-SILENCIO-SILENCIO-SILENCIO-SON-SILENCIO-SILENCIO-SILENCIO.
Ditado 2: SON GRAVE-SON AGUDO-SON AGUDO-SON AGUDO-SON GRAVE-SON AGUDO-SON AGUDO-SON AGUDO.
Ditado 3: SON-SILENCIO-SILENCIO-SILENCIO-SON-SILENCIO-SILENCIO-SILENCIO.
Ditado 4: SON GRAVE-SON AGUDO-SON AGUDO-SON AGUDO-SON GRAVE-SON AGUDO-SON AGUDO-SON AGUDO.
Envío da tarefa 8: Envíanse as páxinas do caderno. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden tomar unha fotografía da práctica da escritura da clave de sol e das notas MI e SOL no pentagrama e enviala a musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 9"

35. Ditados.
Vai á páxina 31 do caderno e numera os pentagramas e todos os ritmogramas así:
Prepara unha pintura azul clara para SOL e unha pintura amarela para MI. A pintura amarela colócaa primeiro, máis preto de ti e a pintura azul clara ao carón da amarela máis lonxe de ti. Mantén as pinturas neste orde. No primeiro pentagrama escribe enriba de cada número de unha en unha as seguintes notas:
1 SOL 2 MI 3 SOL 4 SOL 5 MI 6 MI 7 MI 8 SOL
Agora escoita como sonan (se non as tes ben, aproveita para corrixilas. Escoita primeiro e corrixe despois):
A continuación escoita e no segundo pentagrama vai escribindo SOL ou MI ao tempo que escoitas cada son. Non é necesario que mires o vídeo, mellor que vaias mirando o papel e collendo a pintura necesaria para escribir cada nota na súa liña. Dálle a play e concéntrate:
36. Fai a páxina 30.
Vai á páxina 31 do caderno e numera os pentagramas e todos os ritmogramas así:
Prepara unha pintura azul clara para SOL e unha pintura amarela para MI. A pintura amarela colócaa primeiro, máis preto de ti e a pintura azul clara ao carón da amarela máis lonxe de ti. Mantén as pinturas neste orde. No primeiro pentagrama escribe enriba de cada número de unha en unha as seguintes notas:
1 SOL 2 MI 3 SOL 4 SOL 5 MI 6 MI 7 MI 8 SOL
Agora escoita como sonan (se non as tes ben, aproveita para corrixilas. Escoita primeiro e corrixe despois):
A continuación escoita e no segundo pentagrama vai escribindo SOL ou MI ao tempo que escoitas cada son. Non é necesario que mires o vídeo, mellor que vaias mirando o papel e collendo a pintura necesaria para escribir cada nota na súa liña. Dálle a play e concéntrate:
36. Fai a páxina 30.
Envío da tarefa 9: Envíanse as fotos das páxinas do caderno. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden practicar a escrita destas dúas notas nun pentagrama nun folio coa clave de sol escrita ao comezo e enviala a musicavitaminica@gmail.com.
Ata a semana que vén.
Tarefa "Queda na casa 10"

36. Ditados.
No terceiro pentagrama da páxina 31 escribe as notas LA LA LA LA MI SOL LA LA.
LA no 2º espazo coa pintura azul escura, SOL na 2ª liña coa azul clara e MI na 1ª liña coa amarela. Así:
No terceiro pentagrama da páxina 31 escribe as notas LA LA LA LA MI SOL LA LA.
LA no 2º espazo coa pintura azul escura, SOL na 2ª liña coa azul clara e MI na 1ª liña coa amarela. Así:
Escoita como sona o que acabas de escribir:
Pon a pintura amarela preto de ti, a azul escura lonxe de ti e a azul clara no medio, entre a amarela e a azul escura. Mantén as pinturas nesa orde.
escribe
No quinto pentagrama crea o teu propio ditado de sons con LA, SOL, MI na orde que prefiras.
Imos agora cos ritmogramas. No primeiro ritmograma escribe: NEGRA, NEGRA- NEGRA, SILENCIO- NEGRA, PARELLA DE CORCHEAS- NEGRA, NEGRA. Así: (Para o silencio escribe Z).
Escoita como sona o que acabas de escribir:
No segundo ritmograma escribe: NEGRA, NEGRA- PARELLA DE CORCHEAS, NEGRA- PARELLA DE CORCHEAS, SILENCIO- NEGRA, SILENCIO.
No terceiro ritmograma escribe o que escoitas a continuación:
No cuarto ritmograma crea o teu propio ditado rítmico con NEGRA, SILENCIO e PARELLA DE CORCHEAS na orde que prefiras (dúas figuras en cada caixiña).
Envío da tarefa 10: Envíase a páxina 31 a musicavitaminica@gmail.com. Esta é a última tarefa do curso. Pódese enviar esta e as anteriores que estean pendentes de envío ata o venres 5 de xuño.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Entradas máis lidas
Etiquetas
25 novembro
(1)
AUDICIÓNS
(4)
CANCIÓNS GALEGAS
(5)
Coordinación rítmica
(2)
Danza
(5)
INSTRUMENTOS MUSICAIS
(7)
LETRAS GALEGAS
(15)
LINGUAXE MUSICAL
(71)
MÚSICA E EVOLUCIÓN
(1)
beneficios da música
(6)
compositores
(2)
concerto
(13)
conservatorio
(4)
creación de ritmos
(1)
cultura musical
(83)
día da paz
(2)
magosto
(3)
mente e curiosidades
(15)
repaso
(15)
tocar
(13)