Curso 2025-2026

ANTONIO VIVALDI _ 6º

 ANTONIO VIVALDI

Antonio Lucio Vivaldi, (Venecia, 4 de marzo de 1678-Viena, 28 de xulio de 1741). Era apodado Il prete rosso («El cura rojo») por ser sacerdote e roxo de pelo. Foi compositor e violinista. Aprendeu a tocar o violín co seu pai e, máis tarde, foi mestre deste instrumento nun orfanato. Para as nenas deste centro foron creadas moitas das súas obras, as cales podían ser interpretadas pola orquestra do orfanato inmediatamente logo de compoñelas.

Trátase dunha das figuras máis relevantes da historia da música. A súa mestría refléxase en cimentar o xénero do concerto, o máis importante da súa época. Compuxo unhas 770 obras, entre as cales se contan máis de 400 concertos e cerca de 46 óperas. Grazas a el, a orquestra e o coro desde lugar acadaron fama internacional. As catro estacións é unha das súas obras máis coñecidas. Son catro concertos para violín e orquestra. Unha obra descritiva que evoca as estacións do ano.

                                   A PRIMAVERA                                        O VERÁN

                                    O OUTONO                                        O INVERNO


🎶🎶🎶

COORDINACIÓN RÍTMICA _ 6º

 BLACK OR WHITE (Michael Jackson)


       



🎶🎶🎶

O ACENTO _ 6º

O  ACENTO 

Practica cun familiar. Ensínalle contar os tempos e a facer os acentos nas partes fortes. Lembra chocar en diagonal con cada acento e alternar as mans no peito nas partes suaves.

Disposición: En parella, unha persoa fronte a outra.

1º Man dereita con man dereita chocan en diagonal nos tempos 1. Palmas alternadas no peito nos tempos 2, 3 e 4.


2º Man esquerda con man esquerda chocan en diagonal nos tempos 2. Palmas alternadas no peito nos tempos 1, 3 e 4.


Concéntrate, conta e móvete!




AS FUNCIÓNS DA MÚSICA _ 6º

AS FUNCIÓNS DA MÚSICA

A MÚSICA INFLÚE NO NOSO ESTADO DE ÁNIMO E NAS NOSAS EMOCIÓNS. PODE AXUDAR A RELAXARNOS E A CONCENTRARNOS, PERO TAMÉN PODE INFUNDIRNOS VALOR E ENERXÍA.

ADEMAIS, A MÚSICA REFORZA O SENTIMENTO DE PERTENZA A UN GRUPO. A MÚSICA ÚNENOS!.

A música inflúe no noso estado de ánimo e pode cumprir diversas funcións:

• Relaxar: como os arrolos ou a música de meditación, que adoitan ter un tempo lento, unha intensidade suave e unha melodía repetitiva.

• Estimular: como a música de baile ou para festexar acontecementos, que normalmente teñen melodías animadas que transmiten optimismo.

• Fomentar a pertenza a un grupo: como os himnos nacionais, universitarios ou deportivos, que adoitan ter un tempo medio e un carácter emotivo, con letras que reforzan a unión e o sentimento de compartir un obxectivo común.

• Comunicar e persuadir: como os jingles, que nos intentan convencer das virtudes dun produto, teñen ritmos e melodías apegadizos, e letras rimadas fáciles de lembrar.



🎶🎶🎶

CURSO 2022-2023

Desexando volver a veros. 

A nosa aula está case a punto para comezar este novo curso.

Por fin con normalidade e xuntos de novo.

A por todas!.

Bo comezo!.


6º 1

O ACENTO 

Practica cun familiar. Ensínalle contar os tempos e a facer os acentos nas partes fortes. Lembra chocar en diagonal con cada acento e alternar as mans no peito nas partes suaves.


Disposición: En parella, unha persoa fronte a outra.

1º Man dereita con man dereita chocan en diagonal nos tempos 1. Palmas alternadas no peito nos tempos 2, 3 e 4.


2º Man esquerda con man esquerda chocan en diagonal nos tempos 2. Palmas alternadas no peito nos tempos 1, 3 e 4.


Concéntrate, conta e móvete!


ANTONIO VIVALDI

Antonio Lucio Vivaldi, (Venecia, 4 de marzo de 1678-Viena, 28 de xulio de 1741). Era apodado Il prete rosso («El cura rojo») por ser sacerdote e roxo de pelo. Foi compositor e violinista. Aprendeu a tocar o violín co seu pai e, máis tarde, foi mestre deste instrumento nun orfanato. Para as nenas deste centro foron creadas moitas das súas obras, as cales podían ser interpretadas pola orquestra do orfanato inmediatamente logo de compoñelas.

Trátase dunha das figuras máis relevantes da historia da música. A súa mestría refléxase en cimentar o xénero do concerto, o máis importante da súa época. Compuxo unhas 770 obras, entre as cales se contan máis de 400 concertos e cerca de 46 óperas. Grazas a el, a orquestra e o coro desde lugar acadaron fama internacional. As catro estacións é unha das súas obras máis coñecidas. Son catro concertos para violín e orquestra. Unha obra descritiva que evoca as estacións do ano.

                                   A PRIMAVERA                                        O VERÁN

                                    O OUTONO                                        O INVERNO

PARA PRACTICAR


NOVEMBRO

RECURSOS COMPOSITIVOS

Á hora de crear unha obra musical, estes son os principais recursos compositivos:

Repetición: consiste en reproducir unha parte da música exactamente igual.

Variación: supón introducir algúns cambios no ritmo ou na melodía, pero de xeito que a música orixinal se siga recoñecendo facilmente.

Contraste: trátase de compoñer unha parte completamente diferente que se distinga da anterior.

Mira o seguinte vídeo agás a última parte na que explica a sonata, que non fai falta.


A SÍNCOPE

Un síncope (una síncopa en castelán) é a prolongación dun son que comeza nun tempo ou parte débil deica un tempo ou parte forte, rompendo coa sensación de ritmo estable:

Síncope por punto: Formada por unha nota con punto.

Síncope por ligadura: Formada por dúas notas ligadas.

Síncope por valor: Formada por unha soa figura. 

Síncope regular: Formada por dúas figuras da mesma duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por dúas negras ligadas é regular. Tamén un síncope formado por unha branca é regular porque se pode dividir en dúas figuras da mesma duración (dúas negras).

Síncope irregular: Une dúas notas de diferente duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por unha negra e unha branca ligadas é irregular. Tamén un síncope formado por unha negra con punto é irregular porque se pode dividir en dúas figuras diferente duración (unha negra e unha corchea).

                                       Escoita a sensación rítmica producida polos síncopes

                                                              Actividade


MÚ 1 5º

MARCACIÓN DOS COMPASES


COMPÁS DE 2 POR CATRO, COMPÁS DE 3 POR CATRO E COMPÁS DE 4 POR CATRO.

KARANGA -HAKA

Karanga é unha parte dunha ceremonia de benvida maorí chamada “Powhiri”. Consiste nun intercambio de chamadas que se produce mentres os visitantes chegan ao lugar de reunión dunha tribo ou dunha familia. Dánzase en Nova Zelanda.

Kite moemoa,
Kita koto karanga;
kite moemoa,
kita koto karanga.
Heiro tara haha,
heiro rara haho;
kite moemoa,
kite moemoa.


O TEMPO

tempo é o grao de velocidade con que se interpreta unha obra musical. Indícase ao comezo do pentagrama mediante equivalencia ou mediante termos italianos. 


PARA PRACTICAR



A FORMA MUSICAL


forma musical é a organización das diferentes partes dunha obra musical. Esta organización represéntase cunha estrutura baseada en letras que identifican cada parte. 
     Forma binaria: consta de dúas partes. Unha idea principal e outra diferente que contrasta coa anterior. Estrutura:

   

   Forma ternaria: consta de tres partes. Unha idea principal que se vai alternado con outras constrastantes volvendo á idea principal ou seguindo con partes diferentes. Estrutura:


  Forma rondó: Consta dunha idea principal intercalada con outras contrastantes e rematando coa idea principal. Estrutura: 


Exemplo 1: Os fósiles (El carnaval de los animales) de Camille Saint- Säens.


      

Exemplo 2: Rondó da suite nº 2 de Johann Sebastian Bach


    


NOVEMBRO

A MÚSICA DESCRITIVA

música descritiva é aquela que conta unha historia, representando imaxes, escenas ou estado de ánimo e facendo que a-o oínte cree na súa mente ideas ou imaxes. 
Cada instrumento é un personaxe ou  representa un espazo (o son dun río, das árbores...) e cada un ten un papel específico (un fagot non podería facer o son dun río nin unha frauta os pasos dun elefante). Entre as creacións están, por exemplo, "Pedro y el Lobo", "El aprendiz de brujo" ou "En un mercado persa".

Por exemplo, En un mercado persa del compositor Albert William Ketèlbey, presenta dez escenas representadas en 6 fragmentos musicais que representan os seis grupos de personaxes: CAMELEIROS, MERCADERES E MENDIGOS, PRINCESA E DONCELLAS, CALIFA E SÉQUITO, O ENCANTADOR DE SERPES E OS SALTIMBANQUIS.

ESCENAS:
1. Ao lonxe aparecen os camelos cargados e vase achegando lentamente.
2. Os mercaderes montan os tenderetes. Os mendigos piden esmola.
3. Aparición da princesa coas súas doncellas.
4. Os saltimbanquis bailan e entreteñen á xente na praza do mercado.
5. Os encantadores de serpes sorprenden ao público.
6. O califa co seu séquito atravesa o mercado anunciado polas trompetas.
7. Vólvense oír as voces dos mendigos e os mercaderes comenzan a recoller porque anoitece.
8. A princesa chega ao pazo tras facer as súas compras.
9. Os mercaderes, cos seus camelos, vanse afastando.
10. O mercado perde a súa animación.


                      El aprendiz de brujo (Paul Dukas) El vuelo del moscardón (Nikolái Rimski-Kórsakov)

                                                        

                              El invierno (Antonio Vivaldi)                        Los fósiles (Camille Saint-Saëns)

                              


A ANACRUSA

anacrusa é unha nota ou grupo de notas que preceden ao primeiro tempo forte dunha obra ou fragmento musical. Polo tanto e, tal e como aparece no exemplo, sería un compás incompleto ao comezo da composición. 


AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS



DECEMBRO

LECTURAS RITMICO-MELÓDICAS
(lidas, non cantadas)

Explicación


Lectura 1                                   Lectura 2

     

Lectura 3                                   Lectura 4

     

Lectura 5                                   Lectura 6

     


LECTURA RÍTMICA





LECTURA DE NOTAS CON RITMO

Se o ritmo é saal-to, dicimos doo-re...

Se o ritmo é Á-frica, dicimos do-remi...

Se o ritmo é da-mee blues, dicimos do-ree mi...

Se o ritmo é chic-un, dicimos do-unre-un...

Importante: Se non che saiu de todo ben segue estudando lento. Se che saiu ben, a próxima vez que o practiques inténtao moderato
 



LM 1 4º 22-23

 A ORQUESTRA. AFINACIÓN.


Afinar é interpretar cada son coa altura axeitada
diapasón axuda aos músicos a axustar a afinación antes de cantar ou de tocar un instrumento. É unha peza metálica que, cando se lle dá un pequeno golpe, produce o son da nota LA. Tamén pode ser electrónico.
. Como se afina unha orquestra?.
Para afinar unha orquestra, o óboe dá a nota LA ao violín concertino. O violín concertino dá a nota LA á corda e cando esta está afinada dá a nota LA ao vento e despois dá a nota LA á percusión. A partir da nota LA todos os instrumentos afinan o resto das notas. 
A orquestra está lista para tocar!.



MOZART

Wolfgang Amadeus Mozart naceu nunha cidade de Austria chamada Salzburgo no ano 1756

Amadeus vivía cos seus pais Leopold e Anna Maria. Tiña sete irmáns, entre eles a súa irmá maior Nannerl, quen tamén demostrou grandes dotes musicais e na que Amadeus fixábase nela sempre que tocaba el piano.

Nannerl e Mozart medraron rodeados de música, o seu pai Leopold era músico e axiña se decatou de que tiña un pequeno xenio na casa. 

Amadeus era un neno prodixio que aos catro anos xa era quen de tocar instrumentos e de compoñer obras musicais. Con tan só catro anos podía ler á perfección as notas musicais nun pentagrama.

Aos seis anos sabía tocar varios instrumentos, como o violín e o clavecín (como un teclado). Tamén tiña unha gran memoria, era quen de escoitar unha obra musical unha soa vez e tocala ao seguinte día de memoria con gran precisión.

Ademáis de tocar o clavecín, Mozart quixo compoñer as súas propias pezas, sempre coa axuda do seu pai; mentres Mozart tocaba o teclado cos seus pequenos dedos, o seu pai apuntaba as notas nun caderno. Esta afición levouno a compoñer a súa primeira sinfonía aos 8 anos e unha ópera aos 12.

O pai de Mozart decidiu levar de xira aos seus dous fillos por varios países, actuando en cidades como Munich, Viena, París, Londres e Amsterdam, e en países como Italia.

Faleceu moi novo, con tan só 35 anos, mentres traballaba na súa última obra, o Réquiem, a cal non puido rematar.

Foi o creador de moitas das máis grandes obras mestras da historia da Música. As súas primeras sonatas para piano e violín, así como as súas sinfonías, aínda hoxe son interpretadas polas máis famosas orquestras e músicos ao longo de todo o mundo.

ALLA TURCA- MARCHA TURCA-Wolfgang Amadeus Mozart



O OSTINATO

Un ostinato é unha secuencia melódica ou rítmica que se repite continuamente ao longo dunha peza musical.

Exemplo de obra con ostinato rítmico

Así de ben o fixestes escrito:



GRAVACIÓN E REPRODUCIÓN DO SON

A posibilidade de reproducir son gravado remóntase a varios séculos atrás coa fabricación de distintos instrumentos mecánicos ou automáticos.

Antigamente, a gravación do son realizábase con custosos aparellos moi difíciles de utilizar. Hoxe en día, pódese gravar facilmente cun ordenador, cunha gravadora ou cun teléfono, xa que levan micrófonos incorporados.

GRAVAN E REPRODUCEN SON:

FONÓGRAFO                    GRAMÓFONO                  RADIOCASETTE  

      

REPRODUCEN SON:

TOCADISCOS                     LECTOR DE CD