Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo:
Cando vexades un paxaro dades unha palmada. Cantos paxaros hai?. Catro?. Pois catro palmadas. Mira o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miras o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezades. 1, 2 e 3:
Ves o niño baleiro?. Non hai paxaro. Non hai son. Agardamos sen palmear mirando para cada niño no tempo en que daríamos a palmada (o adulto pode ir sinalando cada paxaro e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora hai paxaro e logo marcha. Facemos catro palmadas e agardamos o tempo doutras catro palmadas. Todo seguido. Á de tres: 1, 2 e 3:
Fíxate. O paxaro vai voando en busca de comida. Ves?. Está e marcha, está e marcha... Palmea cando está e espera cando non está. Á de tres: 1, 2 e 3:
Paréceuche fácil?. Pasa agora a realizar o seguinte exercicio:
Ides pensar que a negra é o paxaro e ides palmear como no exercicio anterior. Cada vez que vexades esta figura musical dades unha palmada, vale?. Á de tres: 1, 2 e 3:
Moi ben. Agora pensades que o silencio é o niño baleiro do paxaro e esperades como fixestes antes. (A persoa adulta pode ir sinalando cada silencio e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora todo seguido. Palmeade nas negras e esperade nos silencios. Á de tres: 1, 2 e 3:
E agora?. Palmada, espera, palmada, espera... 1, 2 e 3:
Por último, escollede Persoa 1 e Persoa 2 para facer o ritmo que corresponde. Contades ata 3 e comezades as dúas persoas ao mesmo tempo. Logo cambiades e facedes a liña que fixo a outra persoa facendo o cambio sen parar no medio. Facédeo unha vez lento, outra normal e outra rápido.
Agora:
E por último: