Curso 2025-2026

EM 2 20 21 3º

A nota do aguda (do´)
A nota do´atópase no terceiro espazo do pentagrama. Fíxate e memorízaa!.
Atenta-o. Fíxate que están en cor negra as notas fa, sol, la e si que xa debes saber. A nota do´aparece en cor vermella. Di do cada vez que a vexas, e o nome das outras notas sen a axuda das cores. Fíxate nos signos de repetición. Concéntrate, vai amodo e, adiante!. 
Ritmo de negras:
Negras, brancas, silencio de negra, silencio de branca e parella de corcheas. Lembra repetir os compases que se indican:

A redonda
Tanto a redonda como o silencio de redonda duran 4 tempos. Polo tanto, unha redonda completa ela soa un compás de catro por catro. Tamén un silencio de redonda o completa sen necesitar de ningún outro silencio ou figura. Entón a redonda é a figura que coñecemos de máis valor, despois a branca e logo a negra. Aínda estaría a corchea que vale menos que a redonda pero non fai ningún tempo completo por ela soa. Xa sabes que precisa doutra corchea ou dun silencio de corchea para completalo. Así que, as figuras que representan tempos completos son:

A ÓPERA
ópera é unha obra teatral interpretada por cantantes e unha orquestra.
PAPAGENO E PAPAGENA (MOZART)
Papageno e Papagena é un dúo dentro da obra "La flauta mágica" de Mozart
Papageno é un paxareiro que camina polo bosque en busca de sons de novos paxaros. Leva unha vestimenta feita de plumas, unha gaiola baleira atada a un cinto, e unha frauta de pan que, ao tocala, produce o son das notas sol, la si, do´e re´. Co son destas notas os paxaros ás veces calan e ás veces cantan máis e máis forte.
Papagena é tamén paxareira e, entre os dous, estan a aprender o canto de todos os paxaros do bosque. Finalmente, Papagena e Papageno casaron.
Tipos de voces
Lembra que as voces dos cantantes clasifícanse segundo o conxunto de notas que poden cantar
As voces das mulleres e dos homes son diferentes por natureza. En xeral, a voz dunha muller é máis aguda que a voz dun home, aínda que tamén hai mulleres con voz grave e homes con voz aguda.
voz feminina é voz de soprano se canta un conxunto de notas agudas
voz feminina é voz de contralto se canta un conxunto de notas graves.
voz masculina é voz de tenor se canta un conxunto de notas agudas.
voz masculina é voz de baixo se canta un conxunto de notas graves.
Así que, de máis aguda a máis grave, os principias tipos de voz humana  no canto son:
SOPRANO
CONTRALTO
TENOR
BAIXO
Pero hai máis!. Darémolas máis adiante.


Os instrumentos de vento-madeira e de vento-metal

frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira. Antiguamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal. Os son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar unha cana de madeira.

trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metal. Están feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.

ActividadeInstrumentos de vento-metal (escribe a primeira letra con maiúscula).

Lectura rítmica

Indicadores de intensidade
En música a intensidade do son indícase con palabras italianas que nas partituras aparecen abreviadas. Dependendo de se o compositor ou compositora quere que toquemos ou cantemos máis ou menos forte, aparecerán as seguintes abreviaturas e así  deberemos interpretar. 


nota mi 
A nota mi atópase na 1ª liña do pentagrama. Obsérva a súa colocación e memorízaa!.
Mi, fa, sol, la si redondas
Mi, fa, sol, la, si brancas
Mi, fa, sol, la, si negras
Mi, fa, sol, la, si brancas, negras e silencios
Mi, fa, sol, la, si redondas, brancas, negras, silencios e parellas de corcheas

😄











2º TRIM 20-21 2º

A nota fa
A nota que se atopa no 1º espazo do pentagrama  chámase fa
Fíxate que o seu lugar é entre a nota mi e a nota sol.
Vai dicindo en voz alta o nome de cada nota:
Mi, fa, sol, la negras
Mi, fa, sol, la negras e brancas

Mi, fa, sol, la negras, brancas e silencios

Mi, fa, sol, la negras, brancas, silencios e corcheas

Lectura rítmica con palmas

Os instrumentos de corda



Por que o piano é un instrumento de corda percutida?. Onde están as cordas?. Fíxate para velas.

Adagioandante e allegro
A maioría do vocabulario que se emprega na música vén do italiano. Para referirnos á velocidade á que cantamos, tocamos ou bailamos existen as seguintes palabras: 
Cando a música sona adagio faino de maneira lenta.
Cando a música sona andante faino normal, nin lento nin axiña.
Cando a música sona allegro ten unha velocidade rápida.
Escoita:

Na cova do rei da montaña :

Fortepianofortissimo e pianissimo
Cando tocamos ou cantamos con moita intensidade facémolo forte e cando o facemos con pouca intensidade facémolo piano. A música que sona moi forte faino fortissimo e a música que sona moi suave faino pianissimoEscoita:

As voces femininas, masculinas e infantís
A voz dunha muller é unha voz feminina e a voz dun home é unha voz masculina. Sonan diferente, normalmente a feminina aguda (^) e a masculina grave (v). Pero a voz dun neno e dunha nena é semellante ata que non son máis maiores. Así que, tanto a voz dunha nena como a voz dun neno é unha voz infantil. Que tipo de voz son as seguintes voces faladas?. Di "feminina", "masculina" ou "infantil" segundo a voz que escoites.

A vibración da voz
Sabías que podemos falar porque as nosas cordas vocais vibran?. Este movemento que fan as cordas vocais chamáse vibración e permítenos falar e cantar!. Escoita e aprende a seguinte canción: "Vibran con él, vibran con él, la la la la la...".

compás de 3 tempos
O compás de tres tempos é igual que o de dous tempos pero cun tempo máis. Así de fácil: 
Dependendo de se un compás é de dous tempos ou de tres tempos, indicarémolo cun 2 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo ou cun 3 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo. Ves?.
Cada compás de 2 tempos musicais ten dous pulsos da música. Os pulsos marcámolos con ralliñas verticais cada vez que hai un tempo:
E logo só temos que contar 3 pulsos e poñemos liña divisoria, outros tres pulsos e outra liña divisoria... e rematas con dobre barra final
As liñas divisorias son signos musicais que se empregan para separar os compases (as caixiñas rectangulares nas que escribimos as figuras ou as notas). A dobre barra final é un signo musical que aparece ao final dunha obra musical e que indica que esa obra rematou.

El Danubio azul (Johann Strauss)
Danubio azul é un valsun tipo de baile moi elegante para bailar en festas. O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss. Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...

Instrumentos de vento


Lectura rítmica con palmas

😊

TRIMESTRE 2 20-21 1º

Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo:
Cando vexades un paxaro dades unha palmada. Cantos paxaros hai?. Catro?. Pois catro palmadas. Mira o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miras o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezades. 1, 2 e 3:
Ves o niño baleiro?. Non hai paxaro. Non hai son. Agardamos sen palmear mirando para cada niño no tempo en que daríamos a palmada (o adulto pode ir sinalando cada paxaro e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora hai paxaro e logo marcha. Facemos catro palmadas e agardamos o tempo doutras catro palmadas. Todo seguido. Á de tres: 1, 2 e 3:
Fíxate. O paxaro vai voando en busca de comida. Ves?. Está e marcha, está e marcha... Palmea cando está e espera cando non está. Á de tres: 1, 2 e 3:

Paréceuche fácil?. Pasa agora a realizar o seguinte exercicio:
Ides pensar que a negra é o paxaro e ides palmear como no exercicio anterior. Cada vez que vexades esta figura musical dades unha palmada, vale?. Á de tres: 1, 2 e 3:
Moi ben. Agora pensades que o silencio é o niño baleiro do paxaro e esperades como fixestes antes. (A persoa adulta pode ir sinalando cada silencio e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora todo seguido. Palmeade nas negras e esperade nos silencios. Á de tres: 1, 2 e 3:
 
E agora?. Palmada, espera, palmada, espera... 1, 2 e 3:
Por último, escollede Persoa 1 e Persoa 2 para facer o ritmo que corresponde. Contades ata 3 e comezades as dúas persoas ao mesmo tempo. Logo cambiades e facedes a liña que fixo a outra persoa facendo o cambio sen parar no medio. Facédeo unha vez lento, outra normal e outra rápido.
Agora:
E por último:
O timbre
Cada persoa, animal e cousa ou obxecto ten un son particular que o diferencia dos demais. Por iso diferenciamos o son da voz de cada persoa, o son de cada animal, o son dos obxectos que sonan e o son de cada instrumento musical. 
Ese son particular de cada un é o timbre, como o que diferenciamos na clase coa historia  dos sons cambiados, escoitando o timbre da pandeireta, da gaita e do violín, ou coa actividade na que recoñecíamos a voz dos compañeiros e compañeiras, lembras? 😉


Sons agudos e graves:

El carnaval de los animales
Escoita os seguintes fragmentos de "El carnaval de los animales"Debes escoitalos mirando para as imaxes dos instrumentos. Adiviñas que instrumento fai de ELEFANTE?. E de PAXARO?. E de FÓSIL?.
Canción La casita de las notas

Paseo en trineo
Escoita con atención intentando descubrir que instrumentos sonan neste "Paseo en trineo".


A escala musical
Lembras que en "La casita de las notas" entonamos unha escala musical? ... la si do´si la sol fa mi re do, se acabó.
A nosa voz sona cara arriba e logo cara abaixo. Cando sona cara arriba a escala é ascendente e cando sona cara abaixo a escala é descendente. Mira: 
clave de sol
Sabemos como se chaman as notas gracias á clave de sol. A clave de sol colócase ao comezo do pentagrama. Nace na segunda liña (contando desde abaixo). Ten unha forma enrolada como a cuncha dun caracol, estírase e baixa rematando cun rabiño. Míraa:

Escoita os seguintes instrumentos:

Marcha turca" (Beethoven)

Alla Turca (Mozart)
Escoita "Alla turca" e axuda a Mozart coa súa música dando unha palmada para recoller cada negra.
         

Actividades:
Une cada son co seu animal (fai clic nun son para escoitalo. Logo, marca a casilla fóra do icono do son e a casilla do animal que fai ese son para unilos).
Memorízaos (atopa o mesmo animal en debuxo e en imaxe real).

O pentagrama

El amor de las tres naranjas
Escoita El amor de las tres naranjas de Prokofiev. Fíxate ben nos instrumentos que aparecen:
 


Lectura rítmica


XOGOS MUSICAIS

Consejos para utilizar correctamente los dispositivos electrónicos:

EL PAPEL DE LA MUJER EN LA MÚSICA

 

El papel de la mujer en la música a lo largo de la historia ha sido un tema desconocido durante mucho tiempo. Muchas mujeres se enfrentaron a la sociedad de su época para poder desarrollar su talento musical.

INSTRUMENTOS MUSICAIS 5º

 

1. Infórmate sobre a clasificación dos instrumentos e realiza as actividades.
Os instrumentos cordófonos son aqueles instrumentos cuxo son se produce pola vibración dunha ou varias cordas. Estas vibracións son amplificadas por unha caixa de resonancia. As cordas poden ser de tripas de animais, de fibras vexetais, sintéticas ou de fíos metálicos. Facendo a corda máis longa ou máis curta emitirán sons máis graves ou máis agudos respectivamente. Os cordófonos podémolos dividir á súa vez en: 
De corda fretada: Tócanse tocando as cordas cun arco.
De corda pulsada ou punteada: Tócanse cos dedos ou cunha púa.
De corda percutida: Tócanse cuns macillos forrados accionados por un teclado.
Os instrumentos aerófonos son aqueles instrumentos cuxo son se produce pola vibración da columna de aire que contén. O tubo máis longo ou máis curto fai que o seu son sexa máis grave ou máis agudo. Poden ser:
De madeira: os que teñen onde se sopla unha lingüeta de madeira.
De metal: os que están feitos de metal e tócanse apoiando os beizos sobre a boquilla. 
órgano é outro instrumento aerófono, que posúe distintos tubos de distintos tamaños para producir sons de diferentes alturas e aos que se lles administra o aire, antigamente de maneira manual e hoxe electricamente.
Os instrumentos membranófonos son aqueles cuxo son se produce pola vibración dunha memebrana de pel. Poden ser:
De son determinado, os que se poden afinar. 
De son indeterminado, os que non se poden afinar.
Os instrumentos idiófonos son os que producen o son gopleándoos entre si ou con baquetas. Poden ser:
De son determinado, cos que se fan melodías.
De son indeterminado, cos que se fan ritmos.
Os instrumentos electrófonos son os que empregan a corrente eléctrica para producir o seu son.
Actividades:
Cordófonos, aerófonos (desprega as pestanas e selecciona a resposta).
Membranófonos, idiófonos, electrófonos (preme en cada instrumento e dálle a play para escoitalo).
Pasapalabra de instrumentos (escribe o instrumento e comproba ou salta esa letra).
Relaciónalos (marca instrumento e a súa familia ou a súa familia e o instrumento).