Curso 2025-2026

EM 3 3º

CANTAMOS CANCIÓNS POPULARES GALEGAS

A RIANXEIRA

 

GALICIA TERRA MEIGA

  

Pedro e o lobo (Prokófiev)


   


OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN. CLASIFICACIÓN.



Sinfonía do novo mundo (Dvorák)

Un musicograma é a representación da música a través de debuxos.


Antonin Dvorák é o compositor da obra "Sinfonía do Novo Mundo". Compúxoa no ano 1893 durante o tempo que viviu nos Estados Unidos de América.
Intenta recoñecer auditivamente algúns dos instrumentos que sonan:

 

A DANZA MODERNA _ 5º

 


As danzas modernas naceron a comezos do século XX en Estados Unidos principalmente, aínda que tamén en Europa, para que houbera outros tipos de baile ademais do ballet.

As coreografías de danzas modernas teñen unha clara base técnica da danza clásica ou ballet combinada cunha técnica propia de cada estilo de danza moderna.
O bailarín ou bailarina recrea os movementos empregando as súas emocións, estados de ánimo e as súas ideas. Balancea o seu corpo con caídas ao chan e saltos. Realiza movementos libres e naturais do corpo, amplos e con flexibilidade. Isto coordínano cunha boa técnica de respiración.
Na danza moderna báilase case sempre descalzo ou cun calzado que se pegue ben aos pés como se non se levase nada posto neles.
Outros bailes modernos son os bailes urbáns, que xorden na rúa e a maioría desenvólvense con movementos improvisados; é dicir, creados no mesmo momento de bailar.
A continuación vemos coreografías de danzas modernas (jazz e contemporánea) e de bailes modernos (hip hop, funky, break dance...).


Danzas modernas
Danza Contemporánea
Trata de expresar unha idea, sentimiento, emoción cunha mestura de movementos corporais modernos e con bastante técnica. Este tipo de baile nace a finais do século XIX con bailaríns e bailarinas descalzos realizando saltos menos ríxidos que os del baile clásico ou ballet. 


Baile Jazz
Ten un gran contido clásico, pero unha parte da técnica clásica substitúese por algo de acrobacia para a que se precisa moita flexibilidade. Tamén traballa os saltos e a prolongación dos movementos e a liña do corpo. Nace en Estados Unidos a comezos do século XX como baile popular e continúa en espectáculos de teatros, televisións e cine. 



Bailes modernos urbanos
Funky
Nace nas rúas de Nova York nos anos 60. Os seus ritmos son moi marcados e acentuados, con moita enerxía, equilibrio, expresividade e movmentos moi acompasados nun ritmo rápido e partindo do corpo ríxido.


Hip hop
Baile da rúa que permite realizar todos os movementos que se nos ocorran co corpo o máis solto posible. A música é menos rápida que no funky e máis rapeada.


Break dance
Trabállanse movimientos do tronco e de toda a parte superior do corpo, dos pés, movementos fortes e movementos conxelados nos que se para o corpo nunha postura determinada.



Que danza ou baile moderno che gusta máis e por que?. Deixa o teu comentario ao final da entrada.


A DANZA CONTEMPORÁNEA _ 5º


A danza contemporánea xurdiu a finais do século XIX como reacción á rixidez de movementos do ballet clásico. Nela, os intérpretes executan diferentes tipos de movementos con todo o corpo, incluído o rostro, e é frecuente que bailen descalzos. A posta en escena adoita ser sobria.

A danza contemporánea explora novos movementos e formas de expresión.


   

 

Martha Graham naceu Pittsburgh (Estados Unidos)  en 1894. Foi bailarina, coreógrafa e profesora de danza. A súa visión do baile revolucionou esta arte e as súas innovacións estableceron as bases da danza  moderna . Fundou a súa propia compañía en 1926. Entre as súas numerosas coreografías, destaca a que preparou en 1984, cando xa tiña 90 anos, para A consagración da primavera de Igor Stravinsky.





A DANZA CLÁSICA _ 5º

  

danza clásica é unha das expresións artísticas máis antigas e exquisitas do mundo, que cautivou á xente grazas á súa singular maneira de transmitir emocións e contar historias complexas sen palabras, coidando moito os detalles e cada movemiento.
Ás danzas clásicas tamén se lles coñece como ballet o ballet clásico e as súas orixes remóntanse ao Renacimiento, cando a danza era parte fundamental das celebracións máis importantes con expresións artísticas que amosaban as destrezas dos bailaríns e bailarinas.
Co paso dos anos as técnicas de baile fóronse perfeccionando incluíndo novos elementos e estilos ata que a danza clásica se fixo unha profesión (contratábanse espectáculos de bailaríns e bailarinas para celebracións e festas), convirtíndose nunha parte fundamental da vida da xente de poder, xunto co teatro e a ópera.
Desde entón as danzas clásicas foron parte fundamental da posta en escena de importantes pezas de ópera e posteriormente tamén do teatro.
A danza clásica comeza a perfeccionar técnicas de saltos como as técnicas de elevación, saltos flotantes, técnica de puntas xunto con posturas máis balanceadas.
Ser bailarín ou bailarina require un nivel altísimo de concentración, coordinación, coidado dos detalles e perfección para poder executar as piezas de maneira idónea e conservar a boa estética do ballet, ademais de ter unha capacidade de expresión corporal que permita contar historias co corpo.
Para isto último, tamén é importante o vestiario empregado; é dicir, prendas adheridas ao corpo que permiten apreciar na súa totalidade cada movemento.
As zapatillas son unha peza de gran importancia na realización do paso en punta do ballet clásico, porque axudan a soster o peso e facilitan aos bailaríns e bailarinas conservar a postura erguida do seu corpo.
Hai moitas obras clásicas de ballet, entre as máis coñecidas están:
El lago de los cisnes, El cascanuecesLa Consagración de la PrimaveraSueño de una noche de veranoCenicientaLa Bella DurmienteDon QuijoteRomeo y JulietaGiselle y La Bailarina del Templo(Podes coñecelas premendo sobre os titulos. O truco está en meterse na historia de cada danza como se dun conto se tratase. Como son dez, podes repartirlas en varios días; así hoxe poderías ver tres, mañá outras tres e o siguinte día as últimas. E non esquezas deixar un comentario sobre o que aprendiches).
Deixo tamén esta danza realizada por unhas auténticas e auténticos bailaríns.




MÚSICAS DE EUROPA _ 6º

O FADO 

É o canto representativo de Portugal. Expresa tristeza e melancolía coas súas letras nostálxicas e as melodías aflixidas. A voz da persoa que canta ten gran protagonismo. Normalmente, os fados son interpretados por unha soa voz acompañada pola guitarra portuguesa e tamén pola española.


    


guitarra portuguesa, coa que se acompañan os fados, ten doce cordas.



MÚSICA KLEZMER 

É un estilo de música xudía, nacida no leste de Europa durante a Idade Media. Ao longo dos anos foise fusionando con outros elementos musicais do centro de Europa. As súas expresivas melodías están compostas para a celebración, de aí o seu carácter alegre. Son interpretadas por instrumentos melódicos que tratan de imitar a voz humana, como o violín, o clarinete, o acordeón e a trompeta.


     


MÚSICA CELTA 

A cultura celta está presente en lugares tan distantes entre si como Escocia, Irlanda, Bretaña, Gales e o noroeste da península ibérica. Caracterízase polas melodías alegres e apegadizas, interpretadas con violíns, arpas, tambores, frautas e gaitas.


     


O FLAMENCO 

Ten a súa orixe en Andalucía. É produto das influencias musicais dos distintos pobos que habitaron este territorio ao longo dos séculos. Exprésase a través do cante, o baile e o toque. O cantaor ou a cantaora adoita improvisar sobre os acordes da guitarra e os ritmos de palmas ou do caixón. O baile caracterízase polo zapateado, e pola graza do movemento e das mans.


     


O caixón é un instrumento de percusión que provén do Perú, moi usado actualmente no flamenco pero tamén no jazz e na música latina. Consiste nunha caixa de madeira cun panel frontal e un burato detrás para aumentar a resonancia.





O TEATRO MUSICAL - 5º

 O TEATRO MUSICAL


O teatro musical é un espectáculo que combina arte dramática, danza e canto. Na súa creación participan compositoras-compositore, letristas, arranxadoras-arranxadores, coreógrafas-coreógrafas, guionistas e escenógrafas-escenógrafos
A avenida de Broadway en Nova York é un dos lugares máis famosos onde se representan estes espectáculos. Tamén hai películas musicais como Grease ou O rei león que posteriormente, foron levadas ao teatro como teatro musical.

                                                                                              Musical Grease                       Musical O rei león
    


🎶🎶🎶

A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA _5º

 A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA


O exceso de son e o ruído son coñecidos como contaminación acústica. Provoca alteracións no noso corpo e pode chegar a  afectar seriamente á saúde.
Os niveis de son e de ruído mídense en decibelios (dB) mediante un aparello denominado sonómetro.


O oído humano pode soportar só certa intensidade de son. Se se sobrepasan os niveis de intensidade aceptables polo oído poden causar danos irreversibes no noso aparello auditivo e xerar outros problemas de saúde. Ademais, é fundamental respectar o dereito dos demais a gozar do silencio. Así que, antes de reproducir ou de interpretar música pensa nos que te arrodea e busca un momento e un lugar cos que non perturbes o seu descanso e así favorecer para todos e todas o benestar.

0 db.

É o umbral de audición, silencio.

De 0 a 10 dB (5 decibelios).

Niveis de ruido moi baixos, ruidos case imperceptibles e tenues. A respiración sosegada, unha cova illada e sen ruido.

De 10 a 20 dB (15 decibelios)

Son niveis de ruido moi baixos. Susurros, pisadas.

De 20 a 30 dB (25 decibelios).

O nivel de ruido é baixo. O ruido existente nunha biblioteca ou calquera recinto con xente en silencio, cuartos baleiros e illados do exterior, as follas con vento pouco intenso no campo.

De 30 dB a 40 dB (35 decibelios).

O nivel de ruido é moderado. Unha conversa a volume normal, unha habitación con pouca actividade, un día tranquilo no campo, a oleaxe moderada do mar, unha área residencial tranquila.

De 40 dB a 50 dB (45 decibelios).

O nivel de ruido é normal. Unha sala con xente, unha oficina, o ruido que fai un electrodoméstico pouco silencioso, unha rúa pouco transitada, un frigorífico.

De 50 dB a 60 dB (55 decibelios).

O nivel de ruido é un pouco elevado.  Algúns electrodomésticos como aspiradores ou batedoras non moi ruidosos, unha concentración de xente na rúa, unha oficina con moita actividade, tráfico dunha rúa transitada, unha televisión a volume medio.

De 60 dB a 70 dB (65 decibelios).

O nivel de ruido é elevado. Grupo de xente conversando con volume de voz alto, un restaurante ateigado, un teléfono sonando preto do oído.

De 70 dB a 80 dB (75 decibelios).

O nivel de ruido é moi elevado. A partir dos 75 decibelios o ruido comeza a causar danos. Unha discusión a berros, tráfico dunha cidade, electrodomésticos moi ruidosos, unha moto ruidosa a pouca distancia, o interior dun avión.

De 80 dB a 90 dB (85 decibelios).

O ruido é daniño en exposicións prolongadas. O paso dun tren, maquinaria de fábrica, as sereas dos bombeiros, unha manifestación ruidosa.

De 90 dB a 100 dB (95 decibelios).

É un nivel de ruido que causa molestias e resulta daniño de forma continuada. Unha serea dos bombeiros a pouca distancia, os cláxones dos vehículos nun atasco.

De 100 dB  a 120 dB (110 decibelios).

É un nivel de risco. Un martelo neumático (taladro) a pouca distancia, o interior dunha discoteca, un concerto con volume excesivo, petardos, estadios deportivos en momentos decisivos, un avión despegando, una carreira de fórmula un.

Más de 120 decibelios.

Percíbese dor e existe o risco de perder a audición. O ruido do despegue dun avión a menos de 25 metros, unha explosión intensa.

180 dB

A erupción do volcán Krakatoa a 160 km de distancia. O despegue dunha nave espacial.


A NOTA RE´ - 5º

                                                                                 A NOTA RE AGUDA (re´)


A nota re´ atópase na cuarta liña do pentagrama. Obsérvaa e practícaa nas seguintes lecturas:


Lectura con re, punto e caldeirón
 

A LIGADURA DE UNIÓN - 5º

 A LIGADURA DE UNIÓN


ligadura de unión é un signo musical de prolongación que, ao situarse en notas co mesmo son, prolonga a duración desas notas sumando os seus valores. Lemos a primeira nota e alongámola todo o tempo que dura a ligadura de unión.

Lectura 1


Lectura 2


Lectura 3


Lectura con corchea e silencio de corchea



AS ALTERACIÓNS - 5º

 AS ALTERACIÓNS


Cando facemos unha escala, esta pode estar formada por tons e semitóns (medios tons). Por exemplo, a escala de Do maior, consta dunha combinación de cinco tons e dous semitóns. Os semitóns atópanse entre o MI e o FA e entre o SI e o DO.


Comproba a diferenza de entonación entre un ton e un semitón con sostenido:


As palabra "alterar" significa cambiar as características, a esencia ou a forma das cousas. En Música, as alteracións son signos musicais que alteran a afinación dunha nota e, polo tanto, modifican o seu son natural. As principais alteracións son:


As alteracións sempre se colocan á esquerda da figura ou da nota que se quere alterar.


                                             
Cada alteración ten unha función. A díese ou sostenido altera o son un semitón  ascendente. O bemol altera o son un semitón descendente. O becadro anula o efecto do sostenido e do bemol.


As alteracións afectan a todas as notas do mesmo nome dentro do mesmo compás. Así, cando apareza unha alteración nunha nota, se hai outra do mesmo nome despois, non é necesario colocar a alteración dúas veces.


No piano as teclas brancas son notas naturais e as negras alteradas.


Un bemol fai o oposto ao sostenido. Se co sostenido alteramos o son un semitón ascendente facendo a nota máis aguda, co bemol alteramos o son un semitón descendente e a nota se fai máis grave.


En resumo:


🎼

PRÁCTICA MELÓDICA _ 5º

                                                                                     Tocamos: 

                                    


 LOS PICAPIEDRA 


Primeira parte

SOL DO DO´ LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE MI

SOL DO DO´LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE DO

Segunda parte

SI MI DO´SI SI LA LA SI LA

LA RE SI LA LA SOL SOL LA SOL 

Parte final

SOL DO DO´LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE

MI FA SOL DO RE

MI FA SOL DO´RE´DO




🎼

MÚ 3 5º

 Tocamos: 

 LOS PICAPIEDRA 



Primeira parte

SOL DO DO´ LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE MI

SOL DO DO´LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE DO

Segunda parte

SI MI DO´SI SI LA LA SI LA

LA RE SI LA LA SOL SOL LA SOL 

Parte final

SOL DO DO´LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE

MI FA SOL DO RE

MI FA SOL DO´RE´DO


LECTURA CON CORCHEA E SILENCIO DE CORCHEA

1

2


OS INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA E DE VENTO-METAL

frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira. Antiguamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal. Os son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar unha cana de madeira.

trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metal. Están feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.




ActividadeInstrumentos de vento-metal (escribe a primeira letra con maiúscula).

A LIGADURA DE UNIÓN

ligadura de unión é un signo musical de prolongación que, ao situarse en notas co mesmo son, prolonga a duración desas notas sumando os seus valores. Lemos a primeira nota e alongámola todo o tempo que dura a ligadura de unión.

Lectura 1


Lectura 2


Lectura 3


Lectura con corchea e silencio de corchea


AS ALTERACIÓNS

Cando facemos unha escala, esta pode estar formada por tons e semitóns (medios tons). Por exemplo, a escala de Do maior, consta dunha combinación de cinco tons e dous semitóns. Os semitóns atópanse entre o MI e o FA e entre o SI e o DO.


Comproba a diferenza de entonación entre un ton e un semitón con sostenido:


As palabra "alterar" significa cambiar as características, a esencia ou a forma das cousas. En Música, as alteracións son signos musicais que alteran a afinación dunha nota e, polo tanto, modifican o seu son natural. As principais alteracións son:


As alteracións sempre se colocan á esquerda da figura ou da nota que se quere alterar.


                                             
Cada alteración ten unha función. A díese ou sostenido altera o son un semitón  ascendente. O bemol altera o son un semitón descendente. O bemol anula o efecto do sostenido e do bemol.


As alteracións afectan a todas as notas do mesmo nome dentro do mesmo compás. Así, cando apareza unha alteración nunha nota, se hai outra do mesmo nome despois, non é necesario colocar a alteración dúas veces.


No piano as teclas brancas son notas naturais e as negras alteradas.


Un bemol fai o oposto ao sostenido. Se co sostenido alteramos o son un semitón ascendente facendo a nota máis aguda, co bemol alteramos o son un semitón descendente e a nota se fai máis grave.


En resumo:



O APARELLO AUDITIVO

O son transmítese en forma de ondas. Estas son captadas polas orellas e percorren o conduto auditivo ata acadar unha membrana chamada tímpano, o cal fan vibrar. 
As vibracións transmítense a través do nervio auditivo e chegan deica o cerebro que é onde se produce realmente a audición.


A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

O exceso de son e o ruído son coñecidos como contaminación acústica. Provoca alteracións no noso corpo e pode chegar a  afectar seriamente á saúde.
Os niveis de son e de ruído mídense en decibelios (dB) mediante un aparello denominado sonómetro.
O oído humano pode soportar só certa intensidade de son. Se se sobrepasan os niveis de intensidade aceptables polo oído poden causar danos irreversibes no noso aparello auditivo e xerar outros problemas de saúde. Ademais, é fundamental respectar o dereito dos demais a gozar do silencio. Así que, antes de reproducir ou de interpretar música pensa nos que te arrodea e busca un momento e un lugar cos que non perturbes o seu descanso e así favorecer para todos e todas o benestar.


A CREACIÓN MUSICAL

Detrás das cancións que escoitamos están a creatividade e o traballo de moitos profesionais. As etapas do proceso de creacións das cancións son:

Composición
Elaboración de arranxos
Gravación de instrumentos
Gravación de voces
Mestura e masterización

A persoa que se encarga de realizar o arranxo musical a partir da peza orixinal chámase arranxador ou arranxadora. Para iso, elixe os instrumentos que soarán na versión definitiva e prepara as partituras que interpretará cadaquén. Pola súa parte, o técnico ou técnica de son é quen se encarga das gravacións no estudio de gravación. Despois, cun equipo especializado, edita o material gravado e axusta os distintos elementos ata conseguir unha mestura final equilibrada.


O CALDEIRÓN

caldeirón é un signo musical de prolongación que, ao situarse sobre unha figura ou silenio, suspende temporalmente o pulso da música e prolonga a duración desa figura ou silencio tanto como se desexe. 



O JAZZ




A NOTA RE AGUDA (re´)

A nota re´ atópase na cuarta liña do pentagrama. Obsérvaa e practícaa nas seguintes lecturas:


Lectura con re, punto e caldeirón
 

O TEATRO MUSICAL

O teatro musical é un espectáculo que combina arte dramática, danza e canto. Na súa creación participan compositores-as, letristas, arranxadoras-es, coreógrafos-as, guionistas e escenógrafas-os
A avenida de Broadway en Nova York é un dos lugares máis famosos onde se representan estes espectáculos. Tamén hai películas musicais como Grease ou O rei león que posteriormente, foron levadas ao teatro como teatro musical.

Musical O rei león                    Musical Grease 
    



A MÚSICA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A música desempeña un papel esencial nos medios de comunicación, como a radio ou a televisión. Ademais, existen algúns tipos de composicións creados especificamente para estes medios. Por exemplo:
. Unha sintonía é unha música que nos indica o inicio ou o final deun programa de radio ou de televisión, e que nos permite identificalo rapidamente. Adoita compoñerse por encargo, aínda que tamén se usan fragmentos de obras célebres.
. Un jingle é unha peza musical creada especialmente para anunciar algo. Adoita ser breve e apegadiza, e incluir na súa letra o nome do produto a anunciar.

Sintonías de televisión-Programas-Pasapalabra


Sintonías de radio-Sorteo-ONCE


Sintonías de televisión-Debuxos animados-Bob Esponxa

 

A PROFESIÓN DE LUTHIER

A persoa que constrúe e repara instrumentos musicais chámase luthier
laúde é un instrumento de corda pulsada  de orixe árabe moi estendido na península ibérica. En Francia, chamábaselles luthieres aos fabricantes deste instrumento. Eran artesáns e artesás de moita sona. Esa palabra estendeuse ao resto de linguas de Europa.
Trátase dunha profesión moi antiga que aínda perdura nos nosos tempos. Podemos atopar luthiers de gaitas, de guitarras, violíns, laúdes. Tradicionalmente a este oficio adicábanse homes pero na actualidade tamén as mulleres son luthieres.

    

Instrumentos de corda fretada

  

  


Instrumentos de vento-madeira
  

  


Instrumentos de vento-metal
  

  

  


A MÚSICA E O CINE


música cinematográfica é aquela, polo xeral orquestrada e instrumental, composta especificamente para acompañar as escenas dunha película e apoiar a narración cinematográfica. 
As funcións da música no cine son:
1- Ambientar: Dependendo do xénero, así será a súa música: comedia, drama, aventuras, misterio, terror, etc. Desde o inicio da película ata o fin o compositor-a marca o carácter da música que se vai desenvolver.
2- Definir os personaxes: A través do leimotiv o compositor-a asigna unha motivo musical, normalmente unha melodía a un personaxe, paisaxe ou ambiente, para axudar a definilo (mundo interior, modo de sentir...) cada vez que apareza en escena e pode ser modificado de acordo ás circunstancias.
3- Destacar situacións: A música envolve cada acción transmitindo e intensificando as sensacións e emocións (un susto, un reencontro, unha persecución...).
4- Modificar o ritmo dunha acción dunha escena: dependendo do tempo e da intensidade conséguese máis realismo nas escenas.
5- "Adiantar" situacións: A través da técnica denominada "fora de campo" a música pode facer que o espectador-a presinta algo que ocorrerá máis adiante, ou facer presente algo que non se ve en pantalla. Emprégase moito no cine de intriga e de terror...
6- Ornamentar unha escena: Mellorala, darlle máis beleza con melodías ou cancións.
7- Estruturar a película encadeando escenas e secuencias.

Hai dous tipos de música que se empregan no cine:
   .  Música integrada: a que aparece na imaxe (unha orquestra, un coro, cantante, radio...).
  . Música incidental: a que non aparece na imaxe, senón que incide na ficción como un recurso narrativo e emocional. Aplícase no cine por imitación da ópera e o teatro musical do século XIX.

          Exemplo de Música integrada            Exemplo de música incidental

Os tipos de son que se empregan no cine son: 
   . Voz ou son en in: son que fai referencia a alguén ou a algo que estamos vendo na pantalla. Por exemplo, a voz dun personaxe que está saíndo en escena.
    . Voz ou son en off: son que fai referencia a alguén ou a algo que non estamos vendo na pantalla. Por exemplo, a voz dunha narradora.
    . Voz ou son fora de campo: non se ve a súa procedencia pero podemos deducila e moitas veces aparece en imaxe pouco despois que o son.
Escoita Bandas sonoras de películas.


AS BANDAS DE MÚSICA

Antigamente, as bandas de música asumían a tarefa de impartir ensinanzas musicais entre a población a través das súas escuelas de música, encamiñadas a formar os seus futuros compoñentes, chegando a ser a maior canteira de instrumentistas de vento e percusión que se deu nas escolas e conservatorios no noso país.


A comezos do século XIX, as bandas estaban compostas dunha sección de instrumentos de vento (óboes, frautas, clarinetes, trompetas, cornetas, trombóns e serpentóns); e outra de percusión (caixas, tambores, bombos e pratos).

Co paso do tempo desapareceron algúns, perfecionaronáronse outros e incorporáronse novos. A mediados do século XIX, engadíronse a aquelas as familias dos saxofóns e saxhorns; fliscorno, bombardino e baixo, debidas ao construtor belga Adolfo Sax. Os instrumentos de corda fretada, violonchelo e contrabaixo, foron adoptados cara mediados do século XX co fin de dar fluidez ás sonoridades do rexistro grave da banda. Os de percusión, tanto determinada como indeterminada, de orixe oriental e afrocaribeño, fóronse incorporando, recentemente de maneira significativa, co fin de satisfacer a demanda das composicións musicais contemporáneas.

Existían bandas militares co fin de amenizar os momentos festivos e lúdicos da tropa e, co tempo, tamén para os momentos festivos dos habitantes da súa localidade.

Pero non todas as poboacións contaban cun reximento que tivera banda de música da que se puidera dispoñer para amenizar as súas festas e momentos de ocio. Esta circunstancia animou a algúns veciños aficionados á música de certos lugares, a constituirense en agrupacións musicais semellantes ás bandas de música militar en canto á estructura instrumental e incluso adoptando un tipo de vestimenta inspirada nos uniformes militares. Unha vez constituidas son apoiadas polos concellos. Así é como viron a luz a maior parte das bandas municipais.

As primeiras bandas de música dadas de alta no rexistro civil datan da última década do século XIX e primeiras décadas do século XX.