Blas Cantó Moreno (Ricote, Murcia, 26 de octubre de 1991) é un artista musical español coñecido por ter sido integrante vocalista do grupo Auryn e ser o gañador da quinta edición do concurso de televisión español Tu cara me suena.
Nos seus inicios no ano 2000 con tan só 8 años gañou o concurso "Premios Veo Veo" quedando no primeiro posto da rexión de Murcia.
No 2002 volveu concursar neses mesmos premios e obtivo o primeiro posto da final rexional, primeiro premio da final nacional e quedó en terceiro lugar representando a España.
No 2004 presentouse ao programa de televisión Eurojunior quedando tamén finalista.
No ano 2010 pasou a pertencer ao grupo Auryn, co que gañou os premios LOS40 Music Awards e MTV Europe Music Awards. (Cóntovos que a min o grupo non me chamaba a atención polas súas cancións nin polas voces de case todos os compoñentes. Digo case todos porque había unha voz que para min se diferenciaba das outras e que logo foi o que continuou o seu camiño musical individualmente; era Blas Cantó. Seguramente tamén chamou a atención de produtores e directores de programas de televisión que o convidaron a participar en concursos musicais).
En 2016 comezou unha nova etapa no programa televisivo Tu cara me suena, que trataba de realizar imitacións de cantantes e foi o gañador.
En 2017 sacou o seu primeira sinxeloIn your bed. Meses máis tarde o segundo, Drunk and Irresponsible e a comezos do 2018 o terceiro Él no soy yo, co que conseguiu o seu maior éxito, chegando a ter disco de ouro e de platino, con máis de 51 millóns de reproducións co videoclip oficial en YouTube, e número 1 da lista de "Los 40 principales".
En setembro de 2018, Blas Cantó publicou o seu álbume Complicadoque en tan só unha semana do seu estreo acadou o número 1 nos discos máis vendidos de España.
Seguro que este tema que vén a continuación escoitáchelo na radio un montón de veces, a min encántame!.
A seguinte tamén sonou moito:
Deixa a túa opinión nun comentario para saber que che parece este cantante. Ah, e se queres escoitalo e velo imitando a outros cantantes podes facelo aquí. (Está caracterizado; é dicir, disfrazado da persoa á que imita para que a imitación resulte máis real. No primeirp vídeo que aparece dálle a play e xa saen á dereita todas as demais actuacións para poder velas por orde despois. Hai 18!, así que tes para varios días, se che apetece).
A danza ten a súa orixen na Prehistoria? Pois si. O ser humano tivo desde sempre a necesidade de expresar os seus sentimientos non só a través da comunicación verbal; ou sexa, a través das palabras, senón tamén mediante a comunicación corporal, a través dos movementos do cuerpo, e empregábana moitas veces para facer rituais (costumes ou cerimonias).
K-pop (tamén chamado pop coreano) é un estilo de música orixinaria de Corea do Sur que xurde a comezo dos anos 90 e que ten como peculiaridade que está conformado por distintos estilos musicais como por exemplo o rock, o jazz, o hip-hop, o reggae, o country e a música clásica. A K é de Corea (Korea) e pop de "música popular".
Actualmente, moitas das actividades físicas practicadas pola gran parte da poboación acompáñanse de música. A gran maioría das actividades dirixidas dos centros polideportivos teñen un tema musical de fondo. É moi habitual a imaxe dun corredor ou corredora urbanos con auriculares escoitando música mentres adestra, e moitos deportistas homes e mulleres de elite afirman «sentirse mellor preparadas e preparados» para afrontar unha competición se previamente se motivan coa súa música favorita.
Sabemos que, hoxe en día, debemos seleccionar ben a música que escoitamos de maneira particular, música de calidade, ben creada e con rigor musical mais, ás veces non é doado pola cantidade de tipos de "músicas" que nos chega cada día a través dos medios de comunicación. Dentro da música comercial, existen grupos que sonan ben, a música é sinxela pero feita correctamente e o máis importante no caso deste tipo de música, é que transmiten mensaxes positivas coas letras escollidas.
Aí vén o vento do mare, aí vén o vento mareiro, aí vén o meu queridiño vestido de mariñeiro.
Se chove, deixa chovere, se orballa, deixa orballare, por máis que chove e vente de non me hei de apartare.
Pasei pola ponte abaixo, vin saltar unha sardiña, mariñeiros, ide ao mare e botádelle a traíña!
Se chove, deixa chovere, ...
Indo polo mar abaixo perdín a miña navalla, rema mariñeiro, rema, que alá no mar me quedaba.
Se chove, deixa chovere, ...
O que navega de noite ha tropezar nos penedos, eu que ando polo día tropezo nos teus enredos.
O aradiño- Fuxan os ventos
Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pau.
Un aradiño de pau. (Bis)
Leva timón e chavella
E unha rella furadora
Feita cunha lata vella.
Feita cunha lata vella. (Bis)
Ten orelleira, rabela
Tan luída e rematada
Que namora mirar pra ela.
Que namora mirar pra ela. (Bis)
O meu arado e tan feito
Que pode incluso esfender
Labradíos a barbeito
Labradíos a barbeito. (Bis)
Teño xa que darlle éstreno
Ó meu arado arador,
Ó meu arado pequeno
Ó meu arado pequeno. (Bis)
E non sei ónde hei de ir
Buscar os bois que preciso,
Buscar os bois pra xunguir,
Buscar os bois pra xunguir. (Bis)
Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pau.
Un aradiño de pau. (Bis)
Un aradiño de pau. (Bis 3)
OS INSTRUMENTOS DE CORDA. Clasificación.
Os instrumentos musicais clasifícansetradicionalmente segundo a maneira de producir o son.
Os instrumentos de corda poden ser de corda fretada (frétanse as cordas cun arco), decorda pulsada (púlsanse as cordas cun dedo ou cunha púa), ou de corda percutida (percútense as cordas golpeando cos dedos).
Escóitaos e obsérvaos:
Corda fretada
Corda pulsada
Corda percutida
Recoñeces o instrumento polo seu son? Inténtao.
Zanfona
Lembra:
A NOTA RE AGUDA (re´)
A nota re´ atópase na cuarta liña do pentagrama. Obsérvaa e practícaa nas seguintes lecturas:
As persoas que cantan ao mesmo tempo a mesma melodía dunha canción están cantando ao unísono. Fanno todos e todas xuntas como se fosen unha soa persoa pero o son é máis grandioso por tratarse dun conxunto de persoas. Mira un exemplo:
As persoas que cantan a mesma melodía pero en momentos diferentes están cantando en canon; é dicir, unha ou varias persoas comezan a cantar e sen que paren de cantar comeza a cantar outra persoa ou grupo de persoas. Cada un debe saber moi ben o que ten que cantar e intentar non perdese mentres o outro grupo está facendo o seu momento da melodía. O que comeza de primeiro acaba de primeiro e así os demais, rematando no mesmo orde no que comezan. Fíxate:
Lembra que sempre que se cante o mesmo e á mesma vez, faise ao unísono e que sempre que se cante o mesmo en momentos diferentes, faise en canon.
Práctica de lectura con corchea e silencio de corchea
O TEMPO
O tempoé o grao de velocidade con que se interpreta unha obra musical. Indícase ao comezo do pentagrama con frecuencia mediante termos italianos.
Sarasponda (canción)
Sarasponda, sarasponda, sarasponda ret set set
Sarasponda, sarasponda, sarasponda ret set set
Ah door ray-oh, ah door ray boom day-oh
Ah door ray boom day ret set set
Ah say pa say oh
Practica como fixemos na clase. Aquí tes un exemplo:
Os instrumentos musicais clasifícanse segundo a maneira en que producen o son. Se un instrumento musical produce son a partir de cordas, ese instrumento é de corda. Se para facer son cun instrumento precisamos soplar nel, ese instrumento é de vento. E se para producir son golpeamos ou axitamos un instrumento, é un instrumento de percusión.
Os instrumentos de corda
Por que o piano é un instrumento de corda percutida?. Onde están as cordas?. Fíxate para velas.
A DANZA DOS MIRLITÓNS
CANTAMOS CANCIÓNS POPULARES GALEGAS
O GALOPÍN
CATRO VELLOS MARIÑEIROS
COMPOSITORES
Antonio Vivaldi naceu na cidade de Venecia, en Italia. Foi violinista profesional e tamén director musical. Escribiu máis de 800 obras, entre elas "Las cuatro estaciones" cunha música á primavera, outra ao verán, outra ao outono e outra ao inverno.
Amadeus Mozart, como vimos no conto na clase, pasaba moitas tardes escoitando como a súa irmá Nannerl tocaba o piano e quixo aprender a tocalo el tamén. Amadeus aprendeu a tocar o piano aos tres anos, e aos cinco anos xa daba concertos. Amadeus non foi á escola. O seu pai Leopold era músico e profesor eensináballe Música, Matemáticas e idiomas. Leopold decidiu que os seus fillos, Nannerl e Amadeus debían dar concertos polo mundo. Amadeus compuxo música para tocar e música para cantar. Unha obra moi coñecida para cantar é "La flauta mágica"e unha obra moi coñecida para tocar é "Alla turca"-Marcha turca.
Ludwig Van Beethoven tamén aprendeu piano co seu pai, que era músico, e máis tarde con outros mestres de Música. Traballou como pianista. Aos 26 anos comezou a quedarse bastante xordo e pouco a pouco quedou sen poder oír nada. Aínda así seguía facendo música. Como a facía sen oír?. Pois a partir das vibracións do son, ese tipo de temblores que podemos notar a través do tacto cando a música está sonando. Unha das obras máis coñecidas de Beethoven é "Para Elisa", adicada a unha muller que se chamaba así.
Camille Saent-Saëns aprendeu música coa súa nai e coa súa tía, e tamén aprendeu a tocar moi cedo o piano. Compuxo moitas obras, unha delas é "El carnaval de los animales", con varias pezas musicais que representan os movementos e sons de varios animais como por exemplo, "La marcha del león".